martes, 25 de abril de 2017

PROXECTO SUOMI

Comezamos un proxecto sobre Finlandia... a razón? Pois temos unha fada na clase que fai moitos trucos e todos eles teñen un nexo común... as pompas de xabón. O profe contounos que as pompas de xabón están feita de auga e xabón... e como non nos acabamos de fiar... foi o primeiro co que experimentamos, sería certo que asi se fan as pompas de xabón?
O profe contounos que para que fosen pompas máxicas de verdade o que nos facía falta era poñerlle a mesma auga que a fada da nosa clase lle poñía ás súas pompas. A auga das pompas máxicas viña de moi pero que moi lonxe, dun país chamado Finlandia.
Dito e feito, fixemos un pedido a través da nosa fada e en poucos días chegou ó noso cole auténtica auga finlandesa.


Agora xa podíamos facer auténticas pompas máxicas coa auga de Finlandia.
Este país tan raro e lonxano espertounos un pouco de curiosidade... decidimos iniciar un Proxecto para coñecer Finlandia.

O primeiro foi pedirlle información ás familias, e coas cousas que nos aportaron procedemos a decorar a nosa aula. fixemos unha pequena exposición de fotos, pintamos bandeiriñas finlandesas e fixemos un cartel coa palabra SUOMI, aprendemos unha das primeiras cousas... os finlandeses falan diferente a nós, o seu idioma é o finés, e en finés Finlandia chámase Suomi.
Coa información aportada polas familias traballamos diferentes contidos como:
-A forma circular en referencia a forma xeométrica dos círculos.
-Analizamos a distancia entre o noso país e Finlandia, e trazamos unha recta entre ambos lugares.
-Coñecemos a Catedral Branca de Helsinki e comparámola co noso referente máis cercano a ese nivel, a Catedral de Santiago.
-Coñecemos un dos animais máis característicos de finlandia, os renos. Canda os renos descubrimos que en Finlandia e en concreto en Laponia vive un dos personaxes maís coñecidos a nivel mundial, Papá Noel. 
-A Aurora Boreal é un dos fenómenos naturais máis característicos deste país nórdico. Coñecemos a súa principal característica, as súas rechamantes cores, e representámola nun debuxo. Coñecemos unha fermosa lenda sobre a creación da Aurora Boreal, un raposo arrastra a súa cola mentras corre pola fría neve, do contacto da cola coa neve saltan centos de chispas de colores que forman este fermoso fenómeno. Representamos nun debuxo as chispas de colores con birutiñas de ceras de colores.
Elaboramos un mural no que imos recollendo todos os contidos traballados na aula. No centro representamos alguns dos aspectos máis característicos de Finlandia, o seu mapa, a súa bandeira, un reno, un patín, e un cubo cunha cana de pescar.
Completando o mural difernetes fotos coas palabras escritas polos nenos en castelán e finés. 
Neste mural recollemos fotos e palabras clave sobre finlandia, o esquí, os vikingos, rostros coñecidos como Raikonen... Esta composición vaise realizando pouco a pouco e co paso dos días.
Unha das cousas que máis nos gustou de Finlandia foi saber que os habitantes deste lonxano país teñen a posibilidade a causa do seu clima, de practicar multitude de deportes de inverno. Nós investigamos sobre o Esquí e o a patinaxe sobre xeo. Tivemos a oportunidade de patinar no corredor do noso cole, utilizamos cartóns para desprazarnos polo chan. Cun cartón en cada pé deslizámonos polo chan como si unha auténtica pista de xeo finlandesa se tratase.



Este proxecto sobre Finlandia sirveunos para coñecer algúns dos seus pratos máis típicos e adentrarnos no mundo da cociña. Realizamos dous obradoiros de cociña para elaborar por un lado pan negro e por outro Mammi, un postre típico finlandés.
Estes obradoiros de cociña servíronnos para iniciarnos na medición de cantidades, a escritura dos diferentes ingredientes necesarios para a súa realización, a repartición dos produtos elaborados entre diferentes número de comensais segundo a situación...



O proxecto anual do cole no presente curso lévanos a traballar co "Paso do tempo". Baixo esta temática lévase a cabo o desfile de entroido, onde nós nos imos disfrazar de Castrexos. Os castrexos tiveron algún que outro conflicto con un pobo bárbaro chegado de terras escandinavas... non eran outros que os Vikingos, algúns deles de terras finesas. Aproveitamos para coñecer os vikingos, as súas costumes, as súas casas, os seus barcos... e xa de paso, traballamos na confección do noso disfraz de castrexo para o entroido.

viernes, 21 de abril de 2017

DENDE POLONIA CHEGOU E AQUI ATERROU

E porque non facer un proxecto sobre Polonia?? Imos deixar atrás aquelo de... "Unidad 1: El Cuerpo...", "Unidad 2: Los animales".... para facer algo que vaia máis aló, xa que, este tipo de ideas van a promover en primeiro lugar que os mestres teñamos que aprender para logo ensinar, e en segundo lugar... que os nenos aprendan a través de contidos totalmente diferentes os que adoitaban traballar.

Todo comeza coa visita de LANSKA... unha cegoña chegada dende Varsovia (Polonia), que ten moito que contar e que ensinar...


Despois de consultadas as familias e de pedirlle colaboración... estas apórtannos un mundo de ideas coas que comezar a traballar...

Sabías que... en Polonia descrubíronse algúns dos restos de dinosaurio máis antigos do mundo mundial??... xa temos por onde comezar.






Todo estará previamente preparado. No areeiro do noso cole espérannos auténticos osos de dinosaurio soterrados. Antes de comezar investigamos sobre unha profesión un tanto peculiar... a de PALEONTÓLOGO, que fan? que utilizan?? Cunha pequena idea sobre que fan estes profesionais e armados con cascos, palas e cubos saímos ó areeiro. Alí atoparémonos unha zona acotada e delimitada... onde están os osos de dinosaurio. Os nenos e nenas por turnos accederán á zona acotada para buscar osos. Levaremos a conta de quen encontra e cantos atopa, e anotarémolo todo nunha táboa de rexistro. Faremos comparacións entre as dimensións dos osos atopados, traballando así nocións básicas de tamaño como... longo, curto, grande, pequeno... Poderemos axudarnos tamén dunha regra para medir e anotar o tamaño das diferentes pezas atopadas.



A temática dos dinosaurios dou para traballar durante varios días consecutivos, fixemos varios obradoiros, un para elaborar máscaras de dinosaurio aproveitando a cercanía do Entroido, outro no que con material de refugallo fixemos dinosaurios nos que estampamos o noso nome, fixemos puzzles coñecendo diferentes especies de dinosaurios, e revivimos de novo a experiencia de convertirnos en paleontólogos, desta volta a pequena escala na aula, cunha caixa chea de area e osos.

Sabías que... a capital de Polonia chámase Varsovia??
Daremos un paso máis no noso proxecto e descubriremos Varsovia, unha fermosa cidade de Polonia. O primeiro que nos chama a atención despois de empregar diversas plataformas de internet para coñecela, é colorido das súas casas. Decidimos facer un mural representando as casa típicas de Varsovia, e depaso... debuxamos e pintamos as nosas casas da nosa pequena vila. Cun pouco de traballo creamos na aula un pequeno planeta composto por dous lugares, Varsovia e a nosa Vila.



De Varsovia aprendemos algunhas cousas moi curiosas e todas elas as poñemos en relación co noso contorno máis cercano... a nosa vila. Varsovia ten a Sirenka unha fermosa serea que defende as súas rúas, pois nós na nosa vila temos nunha das súas prazas a Valle-Inclán o cal visitamos e contamos xunto á súa estatua un total de 12 libros.
Varsovia ten un parque chamado Lazenki... pois a nosa vila ten unha alameda das máis fermosas da comarca.
Varsovia ten... unha praza que se chama a Praza do Palacio do Rei, porque alí hai un palacio onde viviu un rei... pois a nosa vila ten unha praza que chamamos Praza Maior... alí non hai palacio pero si hai moito sitio para xogar coas nosas bicis e os nosos patinentes.

Sabías que... en Polonia hai un deserto que se chama deserto de Bledow?

Resulta que en Polonia teñen o seu propio deserto... quen o ía dicir... Pero imos por partes, o primeiro foi pensar que era aquelo dun deserto pois... tan só temo 3 anos e ainda non o tiñamos moi claro. Despois de pensar, investigar e ter as ideas claras empezamos a traballar organizados por pequenos grupos que rotarían por un total de 3 actividades.
Na primeira das actividades tiñamos que escribir o noso nome en area, empregando unha caixa con area e un pau. Despois de escribir o nome tamén tivemos a oportunidade de debuxar aquelo que desexaramos tamén na area.
Outra das actividades sirveunos para descubrir os "cactus", unhas prantas incribles que habitan os desertos. Fixemos a nosa propia plantación de cactus e diseñamos unhas etiquetas para identificar perfectamente cal é o noso "cactus" ó remate do proxecto e poder levalo para a casa.
Por último, a terceira das actividades foi unha actividade impresa na que tiñamos que recoñecer a imaxe correspondente a un deserto, identificar as súas principais características, e escoller as cores axeitadas para poder colorealo en asociación a un deserto real. 

Sabías que... Polonia é un dos maiores consumidores de mazás do mundo?

Ós polacos encántalles comer mazás... é unha das curiosidades que traballamos na aula durante o desenvolvemento deste proxecto. Durante uns días as clases tiveron como protagonistas as mazás. Todo comezou cando Lanska a cegoña polaca, nos trouxo dende o seu pais natal unha bolsiña chea de mazás. 
Coas mazás fixemos moitas actividades diferentes entre as cales podemos destacar... pintar e estampar coas mazás en diferentes superficies e con diferentes cores. Tamén troceamos mazás e repartimos entre os nenos bandeiriñas con diferentes números. Os nenos/as tiñan que confeccionar pinchos de mazá atendendo ó número indicado na bandeiriña para saber cantos anacos debían poñer. Este pinchos tan saudables foron degustados na posterior hora da merenda.

Recapitulemos entón cales foron os contidos traballados e as actividades realizadas:

1.Un dinosaurio polaco:
-Búsqueda de osos no areeiro do cole.
-Conteo do número de osos atopados por cada neno/a.
-Medición de osos con regras.
-Comparación dos tamaños dos osos e manexo de unidade básicas de lonxitude.
-Coñecemento do oficio de Paleontólogo, búsqueda de información a través de internet.
-Composición de puzzles de dinosaurio.
-Realización dun obradoiro de máscaras de dinosaurios.
-Composición dun dinosaurio a partir de material de refugallo.

2.Varsovia, unha fermosa cidade polaca:
-Recoñecemento dalgún dos recunchos máis  recoñecibles de Varsovia: Sirenka, Parque de Lazenki e Praza do palacio do Rei.
-Recoñecemento das principais rúas, prazas, xardíns e manumentos da nosa vila.
-Debuxamos as nosas casas.
-Compoñemos a nosa propia vila e a nosa propia cidade, recoñecemos ambos términos e diferenciámolos. A vila é máis pequena que a cidade.

3.O deserto de Bledow.
-Coñecemento da principais características dos desertos.
-Coñecemos unha nova especie vexetal, os "cactus".
-Plantación de "cactus".
-Escritura e debuxo en area.

4.Ricas mazás polacas.
-Clasificación de mazás segundo o seu tamaño e a súa cor.
-Conteo de mazás, numeración e achegamento a nocións básicas de cantidade (máis, menos, igual).
-Elaboración de pinchos con anacos de mazás atendeno a unha cantidade previamente establecida.
-Degustación dunha merenda saudable: pinchos de mazá.

O desenvolvemento do Proxecto sobre Polonia estivo acompañado doutras moitas actividades como...
-Degustación de doces para celebrar un dos días máis característicos do entroido polaco.
-Coñecemento dalgunhas palabras en polaco.
-Caixiña de Polonia: Caixa viaxeira que os nenos levaron para a casa e onde podiamos atopar diferentes recursos ludicos relacionados co traballado na aual, puzzles, fotos, debuxos...



Como ferramenta que nos permite comunicarnos coas familias e darlles a coñecer todo canto estamos traballando na aula... contamos coa "Caixiña polaca". Trátase dunha caixa que contén diferentes actividades coas que os nenos/as poden ensinar na súa casa todo canto aprenden no cole. As actividades recollidas dentro da caixiña son:
-Colorea as bandeiras coas cores que lle corresponden.
-Compón os puzzles e relaciona cada un coa súa palabra.
-Identifica as imaxes de diferentes lugares e indica onde están.
Ademáis a caixiña contén unha postal e unha boneca típicas de Polonia aportadas por unha familiar que recentemente viaxou a Polonia.

Añadimos ademáis algúns recursos para traballar "Polonia" na vosa aula.

Ós neno resultaralles moi chamativo aprender algunhas palabras en polaco, este video de animación ensínanos a dicir en polaco palabras como can, gato ou peixe.

Este curto de animación serviranos para dar a coñecer ós nenos e nenas nomes típico polacos, como se chaman os nenos de Polonia? Incluimos estes nomes nas nosas asambleas, a cada neno da aula outrogaráselle un nome polaco. Durante a asamble os nenos deberán facer referencia ó seu nome propio e ó seu nome polaco.




BENVIDOS A TODO UN MUNDO DE PROXECTOS

"unratoeunhalura" é un recanto no que nos atoparemos mestres e mestras de Educación Infantil de todos aqueles lugares de cantos queirades visitarnos.
Aqui poderedes atoparvos as tolerías, vivencias, ocorrencias e traballos máis desconcertantes de todos os levado a cabo nas aulas de Educación Infantil. Estades preparados para seguir as aventuras dun rato e dunha lura??