sábado, 6 de mayo de 2017

PROXECTO MUSICAL PARTE I (ABBA)


Comezamos o proxecto musical cun grupo mítico da música pop europea. Trátase dos suecos de ABBA.

Comezamos este pequeno proxecto adicado a ABBA coñecendo unha das súas cancións máis míticas... "Waterloo". Vendo o videoclip desta canción descubrimos que son 4 os compoñentes do grupo sueco, 2 homes e dúas mulleres, realizamos así a nosa primeira suma.
 Debuxamos os integrantes do grupo (repasando o esquema corporal), subímolos a un escenario a través dun obradoiro de expresión plástica, e compoñemos o seu nome con letras de pegatina.


Outra das cancións que coñecemos de ABBA foi "Chiquitita". A partir desta canción comezamos a traballar os conceptos de "grande" e "pequeno", facendo alusión tamén ás medidas intermedias, o concepto de "mediano". Levamos a cabo diferentes actividades impresas relacionadas con estes conceptos, e xogamos a clasificar e ordenar diferentes materiais segundo o seu tamaño. Clasificamos Matrioskas, pesos, palliñas, bolas...





 

PROXECTO MUSICAL (PRESENTACIÓN)




Comezamos un proxecto encamiñado a coñecer diferentes músicos, artistas, compositores, cantantes... do pasado e do presente. O proxecto iniciouse dende os fogares dos nenos e nenas da nosa aula. As familias foron as encargadas de aportar os artistas a través dos cales viaxaremos e nos servirán para seguir aprendendo.
Durante o desenvolvemento deste proxecto traballaremos os seguintes artistas:
1.RAPAHEL.
2.LUIS FONSI.
3.ESTOPA.
4.TINA TURNER.
5.PABLO ALBORÁN.
6.ENRIQUE IGLESIA.
7.MARC ANTHONY
8.JOHN HENRRIK FJÄLGREEN.
9.FREDDIE MERCURY.
10.ELVIS.
11.ESTRAWBERRY MILK
12.U2.
13.ABBA.
14.NIRVANA.
15.SHAKIRA
 Ó longo deste proxecto traballaremos diferentes contidos e coñeceremos distintos tipos de música, Pop, Rock, Suomi, K-pop...

jueves, 4 de mayo de 2017

ACHEGÁNDONOS Ó MUNDO DOS CONTOS POR PRIMEIRA VEZ...


Temos unhas cantas propostas para facervos sobre contiños que podemos utilizar para introducir a nenos e nenas do primeiro ciclo da Educación Infantil no mundo da lectura.
Estamos falando dunha fase na que podemos contribuir a que os máis pequerrechos se interesen por primeira vez polo mundo dos contos, e se acheguen así dende ben cedo á literatura. Para moitos serán de sobra coñecidas as obras citadas a continuación, pero para outros será "a súa primeira vez", si é que non se nace aprendido, e sempre hai cousas que se descoñecen, e para iso estamos aqui... para compartir.

DO BERCE Á LÚA (KALANDRAKA)

"Do berce á lúa" é unha colección de libros editados pola editorial Kalandraka. Son un total de 8 títulos os que compoñen esta selección. As súas ilustracións resultan moi potentes, simples e chamativas para os máis pequenos. Debuxos claros e cores rechamantes envolven as poucas palabras que compoñen o texto de cada páxina, texto redactado cun tinte poético.  Estes contos son obra de Antonio Rubio e Óscar Villán, e o seu prezo ronda os 7 euros por unidade.



COCODRILO

CINCO

 LUNA

VIOLÍN
  
ÁRBOL

MIAU


ZAPATO


PAXARIÑA DE PAPEL



CARACOIS (OQO)

Caracois é unha colección composta por un total de 5 co contos que teñen como nexo de unión a un caracol, o protagonista das 5 historias. A través destes pequenos relatos os nenos coñecerán as aventuras dun pequeno caracol e algúns dos seus amigos, Vermiño, Formiga e Caracola. 
Estes 5 contos son obra de Armando Quintero e André Letria. 
Oqo elaborou tamén diversos curto animados onde se da vida ó relatado nos cinco contos. 

 CARACOL E VERMIÑO

CARACOL E CARACOLA

CARACOL E FORMIGA

E ampliando a colección ...

CARACOL E SALTÓN

AMIZADE DE CARACOL



CONTO CINCO SENTIDOS (OQO)

Oqo editou no 2012 e despois do éxito de "Caracois" unha nova colección de libros dirixida ós considerados prelectores, os pequerrechos e pequerrechas de 0 a 3 anos. "Conto cinco sentidos" é unha colección de 5 contos onde se narran 5 historias diferentes. En cada unha delas un dos órganos dos sentidos será o protagonista.
Esta obra faise realidade grazas a José Campanari e Simona Malazzani. De novo, textos curtos, imaxes creativas e rechamantes, para centrar a atención do neno/a con gran facilidade.


TODO EL MUNDO VA... (EDELVIVES)

O indio vai, a princesa vai, a mamá vai... a onde irán?? "Todo el mundo va" é un conto editado por Edelvives baixo a autoría de Emilie Jadoul. Resulta ser unha obra moi efectista para a súa lectura ante nenos e nenas do primeiro ciclo da Educación Infantil. En poucas palabras, con debuxos moi simples e coloridos, este conto ten a capacidade de contarnos unha historia dunha forma moi sinxela. Este conta ensínalle ós nenos e nenas a ir ó baño, demostrándolles que... "todo o mundo vai".