lunes, 2 de abril de 2018

ROBÓTICA ENTRETIDA (SEGUNDA PARTE)



ROBÓTICA ENTRETIDA (SEGUNDA PARTE)

Comezamos o terceiro trimestre do curso dando paso á segunda parte do noso proxecto de robótica. Nesta primeira semana de clase, adicarémonos a recordar o contido traballado con anterioridade, para reubicar aos nenos no punto no que quedamos, situalos, e comezar posteriormente a introducir novos contidos



SEMANA DO MARTES 3 AO VENRES 7 DE ABRIL

ASAMBLEA
1.Benvida e repaso aos acontecementos máis interesantes que pasaron nas nosas vidas ao longo dos últimos 10 días.

2.A desapariciónd e Ibi: Ibi non está, para poder atopalo necesitaremos buscalo polo cole. Durante o noso percorrido debemos ir lendo diferentes palabras que nos guiarán por todo o centro ata poder atopalo.

3.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"Pintamos con Spidy"
Empregamos a Spidy para facer unha obra de expresión artística. Completamos o debuxo creado por Spidy de xeito libre. Ademíáis incluímos na obra o noso nome con apelidos e a data de realización da pintura.



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Robot numérico"
Debemos completar a panza do robot cos números que faltan e sen repetir ningún. Facemos unha especie de Sudoku adaptado á nosa idade.




ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

"De viaxe por Galiza"
Visitamos diferentes recantos de Galicia montados sobre o noso coche teledirixido. Debemos escoller que monumento queremos visitar, dirixir o noso coche ata ese lugar, e posteriormente rexistrar o nome do monumento visitado no noso libro de viaxes.

#Esta actividade foi modificada dado que nos atopamos con problemas técnicos no noso coche teledirixido, polo que tivemos que poñerlle un pouquiño de imaxinación. O que fixemos foi empregar unha palliña e unha pequena pelota de algodón, a misión era desprazar a pelolta de algodón soprando coa palliña ata o lugar que desexabamos visitar.






ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ"

"Aprendemos coa tablet"
Empregamos a Tablet para voltar a xogar e aprender con algúnha das aplicacións descargadas durante o desenvolvemento do proxecto no segundo trimestre. Con elas iniciámonos na programación, e traballamos contidos relacionados coa espacio-temporalidade e a lóxica-matemática.





_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________


A VÍA LÁCTEA

#Imos traballar co mundo creado para Ibi por V.W e a súa familia.

EXPLICACIÓN: OS PLANETAS

CANCIÓN PLANETAS
ESTRELAS

SOL

A TERRA

LÚA


SEMANA DO MARTES 10 AO VENRES 14 DE ABRIL


ASAMBLEA
1.Benvida, repaso ao feito por cada un durante o resto de fin de semana. Si algún tivo a oportunidade de ver os videos relacionados cos contidos que traballaremos esta semana tamén falaremos sobre o asunto.

2.Visualización do video que nos fala dos planetas.

3.Canción dos planetas.

4.Creamos un ceo nocturno no teito da aula empregando as nosas linternas.



5.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

Realizaremos unha actividade de expresión plástica empregando plastilina e pinchos de madeira. Faremos unha represetación do sistema solar, ubicando a cada planeta no seu lugar segundo a súa posición respecto ao sol.



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

Actividade impresa de lóxica-matemática na que os nenos/as realizarán diferentes operacións matemáticas, a través do conteo de distitntos elementos referentes ao universo.


ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

Coa axuda de Spidy trazaremos a forma circular do planeta terra, que posteriormente nós mesmos colorearemos identificando as zonas de terra e auga. Á súa vez comporemos con pegatinas as palabras PLANETA TERRA.


ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"

Crearemos un universo dentro dun bote de cristal. Precisaremos algodón, colorante, brillantina, estreliñas e auga.




_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 16 AO VENRES 20 DE ABRIL

AS EMOCIÓNS


#Esta semana traballaremos as emocións, gracias ao mundo que J.V.C creou para Ibi xunto coa súa familia.

... o primeiro familias... aqui tedes os recursos que imos utilizar para traballar durante esta semana, por si vos queredes facer con eles si asi o considerades.

"O MONSTRUO DE CORES". ANNA LLENAS. VELBER
"EMOCIONARIO". CRISTINA NÚÑEZ E RAFAEL ROMERO. PALABRAS ALADAS



"CUANDO ESTOY ENFADADO". TRACE MORONEY. SM


"MADRECHILLONA". JUTTA BAUER. LOGUEZ

ASAMBLEA.

1.Repaso a todo o acontecido durante o fin de semana.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.
#Aquí podemos ver a M.M.L distrubuíndo aos seus compañeiros polos diferentes recantos. Debe escoller o cartón correspondente ao día da semana no que nos atopamos, e identificar e ler os nomes de todos os compañeiros da aula:



3. Ibi percorre o mundo das emocións, e xunto a cada paso que da descubrimos cales son as principais emocións que existen.


4."Contos Proxectados na PDI


 "O monstro de cores" (Luns 16) 

"Asi es mi corazón" (Martes 17)


"Cuando estoy enfadado" (Mércores 18)

"Madrechillona" (Xoves 19)

#Así traballamos todos á vez, cada grupo no seu recanto realiza unha actividade diferente:


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS.
O espello das emocións. Imos decorar un espello coas diferentes emocións representadas por distintas cores. Deste xeito poderemos prácticar diante do espello as caras asociadas a diferentes emocións, e poderemos vernos nel a diario... como nos sentimos??



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS.
Montamos as vías polas que Ibi debe desprazarse. Nalgunhas das casiñas atopamos escritas palabras relacionadas coas emocións, NOXO, MEDO, SORPRESA...
Os nenos/as deben programar a Ibi para que se desprace ata a casiña que corresponda, segundo identifiquen as palabras expostas nunhas tarxetas. Cada neno/a colle unha tarxeta, le a palabra, identifica a emoción e desprazan a Ibi ata dita emoción.




ACTIVIDADE 3- RECANTO DAS LETRAS.
Escollemos unha das emocións recopiladas no conto "O monstro de cores". Debuxamos e coloreamos o bote segundo a cor que corresponda. Escribimos a palabra que identifica dita emoción. Pensamos unha situación que nos faga sentir a emoción elixida, e debuxámola.





ACTIVIDADE 4 - RECANTO DOS EXPERIMENTOS.
No centro da mesa atopamos un plato cun monte de fabas. Os nenos/as deben coller 6 fabas cada un e pintalas con pincel e témpera das cores representativas do conto "O monstro de cores". Cada cor está asociada a unha emocións. Estas fabas serán introducidas nun saquiño e crearemos unha etiqueta que indique o seu significado.



_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 23 AO VENRES 27 DE ABRIL

PAÍSES DO MUNDO


Esta semana imos traballar con dúas cartulinas que crearon para IBI, KSM e MML coa axuda das súas familias. Ambas cartulinas foron elaboradas atendendo a diferentes países do mundo asociados a monumentos ou accidentes xeográficos.
Coñeceremos... XAPÓN, VENEZUELA, EXIPTO e RUSIA.

ASAMBLEA.

1.Conversa: que fixemos no día de onte? que merendamos? Que ceamos? que almorzamos?

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


.Observamos o planeta terra e situamos/recordamos a localización  dos diferentes países no globo terráqueo. Recordamos que aprendemos sobre cada país na clase anterior.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

O noso traballo parte das palabras: XAPÓN, TOKIO, FUJI e KASA
Analizamos as letras presentes nas diferentes palabras, identificamos e lemos as súas sílabas. Descubrimos o nome do país protagonista deste recanto. Coñecemos a capital de Xapón, Tokio. Descubrimos un dos lugares máis famosos de Xapón, o monte Fuji. Facemos un obradoiro para a realización dun Kasa, un sombreiro tradicional xaponés.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

O país protagonista deste recanto vai ser Rusia.
No recanto atopamos as palabras, RUSIA, MOSCOVA, PLAZA ROJA e MATRIOSHKA.
 Ao igual que no recanto dos artistas, iniciámonos na lectura recoñecendo letras e sílabas, asi como identificando as palabras.
Coñecemos Moscova, a capital de Rusia, e un dos seus lugares máis famosos, a Plaza Roja, algo así como a Praza Maior da Pobra, pero eso si... un pouco máis grande e cun gran palacio ao fondo.
De Rusia veñen unhas bonecas para nós xa coñecidas, pois o curso pasado tivemos a oportunidade de coñecer POLONIA, da man da cegoña LANSKA, e dende alá xa nos chegara unha Matrioshka, pois é esta unha boneca moi popular nos países desta rexión europea.
Coa Matrioshka levamos a cabo unha actividade coa que traballamos a lóxica-matemática: numeración, nocións de tamaño e cantidade, conceptos espaciais...


ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

 Neste recanto imos descubrir Exipto. Atopamos 4 palabras, EXIPTO, O CAIRO, KEOPS e PIRÁMIDE (Esta última non será descuberta ata o final da actividade).
Coñecemos que O Cario é a cidade máis importante de Exipto. O profe cóntanos que fai moitos, moitos, moitos anos en Exipto había un rei pero ao que non chamaban rei, senón "faraón" ao que lle fixeron un agasallo moi especial. Este faraón chamábase Keops. Para descubrir de que agasallo se trataba os nenos teñen que escribir a palabra KEOPS no recanto do ordenador no buscador de google e atopar imaxes relacionadas coa palabra, descubrindo finalmente que o agasallo que lle fixeron a KEOPS foi unha gran PIRÁMIDE.
Imprimimos unha foto da pirámide de Keops, recortamos e pegamos. Xusto baixo a pirámide debuxamos e coloreamos un triángulo, forma asociada á pirámide. Para rematar, escribirmos as plabras PIRÁMIDE e KEOPS.



ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ" 

No último recanto imos coñecer Venezuela. Traballamos en base a 4 palabras: VENEZUELA, CARACAS, CATARATA e SALTO DO ANXO.
O profe cóntanos que Caracas é a capital de Venezuela, e que neste país hai un lugar moi importante e coñecido, trátase dunha catarata. Introducimos o nome da catarata, "SALTO DEL ANGEL" na aplicación de Youtube do teléfono do profe, identificando letras e identificando os espacios necesarios para escribir o nome deste lugar. Vemos un video sobre o Salto del Ángel.
A continuación levamos a cabo un experimento. Imos facer a nosa propia catarata. Precisamos unha botella de auga baleira, un punzón e unha cubeta. Temos que picar a botella en diferentes lugares. Posteriormente enchemos a botella de auga empregando xerras e un enbudo. Comprobamos o efecto producido ao saír a auga polos buratos, creamos un salto de auga como o das cataratas de verdade.


...

Nos recantos tamen temos que levar a cabo diferentes tarefas diarias. Son actividades propias de cada recanto que todos/as realizamos de forma autonoma.




_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

MÉRCORES 2 E XOVES 3 DE MAIO

PAÍSES DO MUNDO II


Como xa sabedes, a semana pasada un papá dos nenos da aula estivo de viaxe en Bélxica, e de alá, tróuxonos algúns agasallos, entre eles, unhas postais.
Utilizaremos estas postais para coñecer Bruxelas, a capital belga, e algúns dos seus lugares máis recoñecibles como:

ATOMIUM

ARCO DO PALACIO DO CINCUENTENARIO

MANNEKEN PIS

GRAN PLAZA

ASAMBLEA

1.Conversa.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Cristi busca o nome do encargado.
-Cristi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


3.Observamos o planeta terra e situamos/recordamos a bélxica sobre o mapa.

4.Cristi viaxa por Bruxelas visitando algún dos seus lugares máis característicos. Faino coa nosa axuda, xa que somos nós os que programamos os seus movementos.


Asi traballamos...



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS // RECANTO DAS LETRAS

Construimos o noso propio arco empregando pezas de dominó. Representamos o Arco do Palacio do Cincuentenario de Bruxelas sobre un folio en branco. Escribimos a palabra Arco.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS // RECANTO DOS EXPERIMENTOS

Utilizamos un dos xogos de construcción da nosa aula para realizar a nosa propia reproducción do Atomium de Bruxelas. Debuxamos o Atomium e escribimos o seu nome.






SEMANA DO LUNS 7 AO VENRES 11 DE MAIO


"CARS"


Pois si, aínda que pareza mentira esta semana tivemos como centro de interese na nosa clase a película "Cars". Esta innovadora aportación partiu de R.V.J e a súa familia, os cales empregaron unha cartulina amarela para crear un novo mundo para IBI e CRISTI, no que aparecían as diferentes persoaxes da película, Mate, Taco, Sally...



Coma sempre, iamos a traballar por recantos, en cada un deles, unha actividade diferente, pero sempre utilizando como punto de partida unha asamblea, onde recordamos o realizado ata o momento, valoramos o aprendido, organizamos o traballo e repartimos tarefas.






ASAMBLEA

1.Conversa.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Cristi busca o nome do encargado.
-Cristi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


3.Descubrimos as persoaxes da película "Cars", gracias a Cristi. Programamos a nosa abella robótica para que visite aos diferentes protagonistas do filme.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"Coche de carreiras de cartón"

Imos realizar un obradoiro de expresión plástica no que os nenos/as traballarán na elaboración dun coche de carreiras. Para a realización deste obradoiro imos precisar roliños de cartón de papel hixiénico, pinceis, témpera, tesoiras, punzóns, almohadiñas, ceras de cores e pegamento.
O primeiro é o primeiro, precisamos reunir todo este material, pois é parte da actividade que os nenos e nenas sexan cada vez máis autónomos e saiban organizarse en equipo para comezar a traballar, asi como cooperar tamén na recollida de todo o empregado. Un vez reunimos o material necesario, pintamos, recortamos, picamos, pegamos...



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Memory: sinais de tráfico"

Que mellor idea que relacionar a película "Cars" coas señais de tráfico. Imos coñecer a través dun memory, diferentes sinais de tráfico que nos resulten interesantes dende o punto de vista dun peón, ou de cara á convivencia. Os nenos/as traballarán no chan, por turnos daranlle a volta a dúas tarxetas tentando atopar as parellas e identificando o significado das diferentes sinais de tráfico. O traballo non remata aqui, xogarán dúas rondas, e deberán anotar as tarxetas acadadas en cada unha delas, para posteriormente de forma individual achar o resultado desta suma simple. Cantos puntos conseguiches??
Coa realización desta actividade os nenos/as coñecerán diferentes sinais de tráfico como, "Prohibido xogar ao balón na praza", "Parada de autobús", "Paso de peóns", "Zona de aparcamento para persoas con movilidade reducida", "Emprega as papeleiras"...



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

IBI coñece a película "Cars"

No recanto das letras imos a traballar con IBI. O primeiro é que todo o grupo colabore para montar a estructura pola que IBI debe desprazarse. En segundo lugar, os nenos e nenas daranlle un nome e un número a cada unha das diferentes casiñas que conforman as vías de IBI. Para isto deben escribir os nomes das persoaxes de "Cars" que máis lles gusten, elixir unha casiña e facer o reconto para saber que número outorgarlle a cada unha delas.
Un vez teñamos organizado o circuito, os nenos/as xogarán a programar e desprazar a IBI polo percorrido, visitando ás diferentes persoaxes da película "Cars", achegándonos así á lecto-escritura, recoñecendo os seus nomes.



ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ"


CRISTI de paseo polo mundo "Cars"

CRISTI será programada polo nenos para percorrer o mundo de "Cars", e coñecer así ás diferentes persoaxes.  Os nenos e nenas deberán ir anotando os nomes das persoaxes que van visitando para ao remate da actividade explicar cal foi o percorrido realizado por CRISTI, traballando así nocíóns básicas de espacio-tempo, e secuenciando o percorrido realizado pola abella robótica.



SEMANA DO LUNS 21 AO VENRES 25 DE MAIO


"ALTAMIRA E O MUSEO DO PRADO"

Despois de moitos días con actividades paralelas ao desenvolvemento desta proposta didáctica, voltamos a retomar o noso traballo de aula. Atrás quedaron dúas semanas onde tivemos a oportunidade de participar nas xornadas da orientación, e na celebración das Letras Galegas 2018, contos, cancións, festas, visitas ao teatro... foron moitas as actividades realizadas.

Pero é hora de voltar ao traballo que día a día levamos a cabo na aula, e desta volta, imos utilizar a última das cartulinas creadas polos nenos/as de clase. B.F.S, creou un mundo para CRISTI no que esta poderá coñecer diferentes lugares da xeografía española.

Como dentro deste novo mundo atopamos moitos centros de interese, decidimos seleccionar dous, cos que traballar durante toda a semana. Os centros de interese van a ser a COVA DE ALTAMIRA e o MUSEO DE PRADO.





ASAMBLEA

Asamblea:

1.Conversa

2.Actividades con CRISTI:

-Escribo o meu nome con apelidos e programo a CRISTI para que o atope.
-Escribo o meu número de encargado, atopo o anterior e o posterior. Programo a CRISTI para que se desprace polo taboleiro de forma que pase polo 3 números.
-Escribo a data.
-Debuxo o tempo.
-Conto cantos somos e cantos faltan.
 -Distribución por recantos.

3.Observamos unha imaxe na que podemos ver unha muller pintando as paredes dunha cova. Coñecemos dúas obras expostas no museo do Prado, "A galiña cega" de Goya e "As Meninas" de Velázquez.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"A cova de Altamira"

Creamos na nosa aula unha gran cova, unha réplica da cova de Altamira. Pouco a pouco e por grupos ao longo da semana iremos decorando o  seu interior tal e como facían os homes e mulleres que fixeron as súas representacións en Altamira. Ao igual que no pasado, pintamos círculos, caracolas, mans, animais...










ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Dous cadros do Museo do Prado"

Observamos dúas obras do Museo do Prado, as citadas no apartado de "Asamblea", unha de Goya e outra de Velázquez. A nosa misión e identificar cantas persoas se representan en cada un dos cadros, e determinar dentro de que obra hai máis persoas. Ademáis debemos establecer cantas persoas se representan en ambos cadros en total.






ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS.

"CRISTI recolle as letras"

Temos que programar a CRISTI para que se desprace polo seu taboleiro co fin de que vaia recollendo as letras da palabra ALTAMIRA que se atopan espalladas polas diferentes casiñas. A medida que imos recollendo letras imos compoñendo a palabra. Unha vez composta, escribimos e debuxamos a cova de Altamira.




ACTIVIDADE 4 - RECANTO DOS EXPERIMENTOS.

"Sellos de cartón"

Imos crear os nosos propios sellos cos que levar a cabo obras de arte como as que podemos ver tanto na cova de Altamira como no Museo do Prado. Empregamos o cartón do papel hixiénico para recortalo cunha tesoira e darlle diferentes formas. Imos crear o sello para unha estrela e outro para os raios do sol.