martes, 6 de noviembre de 2018

COÑECE CAAMANO






PROXECTO: COÑECE CAAMAÑO


Nesta nova entrada poderemos ver un amplo resumo das distintas experiencias levadas a cabo na nosa escola co fin de explorar o lugar no que nos atopamos, Caamaño.
Dende o inicio do curso e ata mediados do mes de outubro, os nenos e nenas da noso centro, xogaron, observaron, exploraron e traballaron arreo co fin de descubrir moitas cousas do contorno que rodea a nosa escola.

O primeiro é o primeiro, queremos ensinarvos o lugar tan fermoso no que temos a oportunidade de vivir, as fotos que a continuación vedes foron realizadas polos nenos/as en diferentes saídas realizadas polo lugar.


Horreo do Alto da Cruz.


Cruz do Alto da Cruz




Igrexa de Caamaño



Lavadero ao pé da igrexa



Palomar






O noso proxecto comezou centrándonos nos numerosos horreos que atopábamos por toda a aldea. Dende o noso patio puidemos observar como ao noso arredor había uns cantos horreos. Decidimos investigar para que serviron no pasado e para que serven na actualidade, que se garda neles, porqué están no alto e non a rás de chan, porqué teñen cruces... entre outras moitas cousas.


Realizamos unha saída para facer un estudio de campo onde etiquetamos e catalogamos 4 horreos, comparando o seu tamaño, altura, portas, número de pés...


Realizamos un obradoiro con depresores de madeira no que compuxemos os nosos propios horreos imitando os da realidade.






Como tamén nos gusta xogar, unha das nosas sesións de psicomotricidade levámola a cabo ao pé do horreo do Alto da Cruz, máis coñecido entre nós como o horreo de Tirso, pero esa xa é outra historia.




Entre tanta vistia aos horreos, e tanta camiñata polas corredoiras de Caamaño, os nenos percatáronse que moito analizar os horreos pero nada nos fixábamos nas súas propias casas. Froito desta ilusión que mostraron por dar a coñecer as súas casas, demos paso á segunda parte deste proxecto.







Cada neno debuxou a súa casa.

Posteriormente empregando pezas de madeira cada un compuxo a súa propia casa, e entre todas conformamos a nosa propia réplica do lugar de Caamaño.



Xa sacáramos fotos de diferentes lugares, debuxaramos as nosas propias casas, etiquetáramos horreos... tanto andar de arriba para abaixo... ocorréusenos que podíamos crear os nosos propios mapas do cotorno da escola, non fora ser que calqueira día nunha saída nos perdésemos, xa non tiñamos excusa, podíamos empregar o noso propio mapa.





E como un dos obxectivos é dar a coñecer Caamaño chegou o dia en que tivemos a brillante idea de facer unha postais deste lugar dan fermoso. O protagonista da postal iba ser o horreo máis famoso de todos cantos hai ao arredor, si... o horreo de Tirso. Profe? Pero que é unha postal... un pouquiño de cultura xeral deste tipo de cousas que xorden no día a día, agora xa sabemos que é e para que serve unha postal.








Saídas fixemos unhas cantas e no percorrido tivemos a posibilidade de empregar as diferentes corredoiras e prazas do lugar para realizar distintas actividades. Tivemos a oportunidade de realizar unha das nosas clases de psicomotricidade á porta da casa de Jairo, un dos nenos do cole. Alí xogamos a xogos de sempre, ao Chocolate inglés e máis ao Gato e ao rato de toda a vida.





Durante o desenvolvemento do noso proxecto, fomos expoñendo todos os nosos progresos e achádegos na páxina de Facebook da escola. Foi alí, onde descubrimos que Rato e Lura, as nosas mascotas coñecen á profe e aos nenos e nenas dunha escola moi lonxana. Por este motivo, e para poñer en práctica todo canto aprendemos fixemos unha caixiña viaxeira na que introducimos cousas caracteríticas de Caamaño. Introducimos fotos do lugar, froitos secos recollidos por nós mesmos, algún conto da nosa biblioteca, algún xogo dun dos nosos recantos... e enviámoslla.



Tamén tivemos tempo a debuxar, aquí podedes ver anosa visión dos principais monumentos do lugar de Caamaño.





Foi este un proxecto dun pouco máis dun mes de execución, no que aínda houbo tempo para facer un milleiro de cousas máis. Folerpa, a nosa abella robótica tamén tivo tempo de percorrer Caamaño dentro do seu propio taboleiro. Visitamos o lavadero do lado da igrexa para realizar a pesca de letras e máis números, achegándono á lecto-escritura e á lóxica-matemática. Recollemos castañas e ourizos, vimos a unha vaca pastar, coñecemos e falamos con xente da aldea...



Este tan só foi o noso primeiro centro de interese, o curso acaba de comezar, e neste mesmo blog iremos publicando todas as nosas experiencias. Queres coñecelas? Non dudes en visitarnos sempre que poidas.