PROXECTO RÍOS - EEI CAAMAÑO
ADOPTAMOS OS RÍOS SIEIRA E CORRAL DE ABAIXO
Benvidos á entrada que semanalmente adicaremos ao noso Proxecto Ríos dentro do blog da escola. Todos os martes actualizaremos as actividades que iremos levando a cabo na nosa misión de dar a coñecer os ríos Sieira e Corral de Abaixo, asi como a contribuír ao seu coidado, conservación, exploración e descubrimento.
¿Que é o Proxecto Ríos? O Proxecto Ríos é unha proposta encadrada dentro do Plan Proxecta organizado pola xunta de Galicia, onde diversas consellerías asi como outros organismos colaboran para o desenvolvemento de proxectos relacionados con distintos ámbitos. No noso caso, participamos no Proxecto Ríos propulsado pola Consellería de Medio Ambiente, que ten como principal finalidade, a de dar a coñecer os ríos e participar activamente no seu coidado e proteción.
As experiencias que atoparedes a continuación iranse actualizando semanalmente, así atoparedes sempre a máis actual ao inicio do post, e a máis antiga ao final.
Comezamos a nosa saída no lugar de Carballa, un lugar que está moi preto da nosa escola e a través do cal temos acceso por primeira vez ao río. Identificamos no contorno o cartel que nos indica que nos atopamos en Carballa. Un de nós anota o nome do lugar no noso CADERNO DE VISITAS AO RÍO CORRAL, onde rexistramos o nome de lugares, monumentos, camiños...
De seguido, decidimos explorar o último tramo do Río Corral de Abaixo. Exploramos o tramo que transcurre despois da estrada xeral que cruza Caamaño. Entre leiras tivemos que camiñar para comprobar como o río baixa serpenteando entre cultivos, silveiras... e tamén algo de lixo...
Baixamos por un carreiro entre casas de pedra que nos leva ata un camiño de terra ao final do cal se visualiza o mar. Á nosa dereita o Río Corral de Abaixo transcurre con tranquilidade. Achegámonos ao final do camiño e ao fin descubrimos onde remata o noso río. Tal e como nos contou o profe, hai ríos que dan de beber ao mar e outros que dan de beber a outros ríos... este é o caso do Río Corral de Abaixo que no seu último tramo da de beber ao Río Sieira, xusto antes de que este desemboque no mar. Coa nosa investigación descubrimos que o Río Corral de Abaixo é un afluente do Río Sieira, que goza de máis sona.
entre as leiras buscando o río.
Por fin atopamos o río.
Percorremos estreitos camiños en busca do curso do río.
Ao fondo xa vemos o mar.
Case chegando...
Puidemos atopar a seguinte información sobre o Río Sieira, que confirma que o Río Corral de Abaixo é un dos seus afluentes:
Alí, na lagoa que conforman estes dous ríos rematamos a nosa saída. Detémonos a recoller no CADERNO DE VISITAS AO RÍO CORRAL, o nome do lugar no que nos atopamos, e a debuxar o que sentados na area podemos ver. Por suposto aproveitamos para explorar o lugar, xogar coa area, e ata tentar meternos na auga... ai! se nos deixaran!
Sonia escribe o nome da praia e da lagoa.
Lagoa.
Río Corral de Abaixo e Río Sieira a vista de paxaro.
PROXECTO RÍOS - O ROTEIRO DO RÍO DO MIL NOMES.
Imos deseñar un roteiro que transcurra a carón do Río do Corral de Abaixo. Para poder deseñalo antes debemos estudiar ben que podemos atopar no noso camiño, rexistralo, anotalo, debuxalo... É por este motivo que creamos o CADERNO DE VISITAS AO RÍO DO CORRAL DE ABAIXO.
O caderno onde rexistramos os nosos descubrimentos.
Saímos dende a escola camiño de Esparrelle, lugar no que podemos ver por primeira vez o noso río. De camiño a Esparrelle imos anotando cousas no noso caderno e tamén quitando fotos. Primeira parada xunta a igrexa para deternos no lavadero e na famosa ponte pola que tanto preguntamos nas últimas semanas. No lavadero o profe cóntanos que estamos ante o río dos mil nomes, é curioso, pero o Río Corral de Abaixo muda de nome en cada tramo. Asi, no lugar no que nos atopamos ao río chámanlle CANDEIRO. Aquí onde ao río lle chaman Candeiro está a famosa ponte pola que tanto preguntamos, e deste xeito empregamos as redes sociais para solicitar axuda. Unha axuda que chegou en forma de mensaxe e gracias á cal descubrimos que esta ponte...
Favio tomando nota no caderno.
Observando o palomar.
Sonia tomando nota.
Esparrelle ao lonxe.
Pontella da igrexa de Caamaño.
"preto da igrexa de Caamaño, atopamos esta pequena pontella. Para non atoala cando se fixo a pista ao seu carón, fíxose un muro de contención ao seu arredor. Pódese ver un arco, aínda que posiblemente non tivera moitos máis.
Estaría feita para poder cruzar a pe máis comodamente o regueiro que transcorre por debaixo. Posiblemente podía ser da época da construción da igrexa, e estaría no camiño de accso a esta.
Non moi lonxe temos a Ponte do río Sieir, que se atopa nun estado parecido, e poderían formar parte da rede de camiños da época"
Cronoloxía: Época Baixomedieval.
Fonte: patrimoniogalego.net
Aportación de: Cris Rego
Graciassss!!
Lóxicamente, de cara ao traballo cos nenos e nenas da nosa escola, tranmitímolles que a ponte era moi pero que moi antiga, e que se fixera canda a igrexa para poder cruzar o río sen mollarse.
Seguimos o noso camiño cara Esparrelle e xa alí, podemos ver unha fonte, unha pequena fervenza, un lavadero. De novo escribimos e debuxamos todas estas cousas. E mentras descansamos o profe cóntanos que aquí o noso río ten outro nome diferente, chámanlle o Río do Souto... pero segue sendo o mesmo río que pasa pola igrexa chamado alí Candeiro, e que atravesa a carretera moito máis abaixo.
Mentras descansamos temos a oportunidade de falar cunha veciña que nos conta moitas cousas sobre Esparrelle.
Fonte no lugar de Esparrelle.
Río do Corral de Abaixo, coñecido como Río do Souto ao seu paso por Esparrelle.
Tirso tomando nota no caderno.
Lavadero en Esparelle.
Durante a nosa camiñata fixámonos en todo o lixo que podemos atopar, levamos unha bolsa na que recoller moitas das cousas que atopamos.
PROXECTO RÍOS - O RÍO CORRAL DE ABAIXO DENDE O NOSO COLE

PROXECTO RÍOS - O RÍO CORRAL DE ABAIXO, DESCUBRIMOS O SEU TRAMO FINAL
MARTES 19 DE FEBREIRO DO 2019

"Xa con moi pouco caudal, atravesa (Río Sieira) a estrada C-550 e discorre por debaixo da vella ponte romana, preto das casas da Coviña; despois, entra na chaira costeira, e entre meandro e meandro, antes de que as súas augas cheguen ao Atlántico na praia de Río Sieira, recibe as do seu afluente regato do Corral de Abaixo, que nadas no alto de Esparrella atravesan a parroquia de Caamaño".
Alí, na lagoa que conforman estes dous ríos rematamos a nosa saída. Detémonos a recoller no CADERNO DE VISITAS AO RÍO CORRAL, o nome do lugar no que nos atopamos, e a debuxar o que sentados na area podemos ver. Por suposto aproveitamos para explorar o lugar, xogar coa area, e ata tentar meternos na auga... ai! se nos deixaran!
Sonia escribe o nome da praia e da lagoa.
Lagoa.
Río Corral de Abaixo e Río Sieira a vista de paxaro.
PROXECTO RÍOS - O ROTEIRO DO RÍO DO MIL NOMES.
MÉRCORES 13 DE FEBREIRO DO 2019
Imos deseñar un roteiro que transcurra a carón do Río do Corral de Abaixo. Para poder deseñalo antes debemos estudiar ben que podemos atopar no noso camiño, rexistralo, anotalo, debuxalo... É por este motivo que creamos o CADERNO DE VISITAS AO RÍO DO CORRAL DE ABAIXO.
O caderno onde rexistramos os nosos descubrimentos.
Saímos dende a escola camiño de Esparrelle, lugar no que podemos ver por primeira vez o noso río. De camiño a Esparrelle imos anotando cousas no noso caderno e tamén quitando fotos. Primeira parada xunta a igrexa para deternos no lavadero e na famosa ponte pola que tanto preguntamos nas últimas semanas. No lavadero o profe cóntanos que estamos ante o río dos mil nomes, é curioso, pero o Río Corral de Abaixo muda de nome en cada tramo. Asi, no lugar no que nos atopamos ao río chámanlle CANDEIRO. Aquí onde ao río lle chaman Candeiro está a famosa ponte pola que tanto preguntamos, e deste xeito empregamos as redes sociais para solicitar axuda. Unha axuda que chegou en forma de mensaxe e gracias á cal descubrimos que esta ponte...
Favio tomando nota no caderno.
Observando o palomar.
Sonia tomando nota.
Esparrelle ao lonxe.
Pontella da igrexa de Caamaño.
"preto da igrexa de Caamaño, atopamos esta pequena pontella. Para non atoala cando se fixo a pista ao seu carón, fíxose un muro de contención ao seu arredor. Pódese ver un arco, aínda que posiblemente non tivera moitos máis.
Estaría feita para poder cruzar a pe máis comodamente o regueiro que transcorre por debaixo. Posiblemente podía ser da época da construción da igrexa, e estaría no camiño de accso a esta.
Non moi lonxe temos a Ponte do río Sieir, que se atopa nun estado parecido, e poderían formar parte da rede de camiños da época"
Cronoloxía: Época Baixomedieval.
Fonte: patrimoniogalego.net
Aportación de: Cris Rego
Graciassss!!
Lóxicamente, de cara ao traballo cos nenos e nenas da nosa escola, tranmitímolles que a ponte era moi pero que moi antiga, e que se fixera canda a igrexa para poder cruzar o río sen mollarse.
Seguimos o noso camiño cara Esparrelle e xa alí, podemos ver unha fonte, unha pequena fervenza, un lavadero. De novo escribimos e debuxamos todas estas cousas. E mentras descansamos o profe cóntanos que aquí o noso río ten outro nome diferente, chámanlle o Río do Souto... pero segue sendo o mesmo río que pasa pola igrexa chamado alí Candeiro, e que atravesa a carretera moito máis abaixo.
Mentras descansamos temos a oportunidade de falar cunha veciña que nos conta moitas cousas sobre Esparrelle.
Fonte no lugar de Esparrelle.
Río do Corral de Abaixo, coñecido como Río do Souto ao seu paso por Esparrelle.
Tirso tomando nota no caderno.
Lavadero en Esparelle.
Durante a nosa camiñata fixámonos en todo o lixo que podemos atopar, levamos unha bolsa na que recoller moitas das cousas que atopamos.
PROXECTO RÍOS - O RÍO CORRAL DE ABAIXO DENDE O NOSO COLE
MARTES 22 DE XANEIRO DO 2019
Hoxe choveu, polo que non puidemos saír a explora o río Corral de Abaixo. Pero este non foi motivo para deixar de adicarlle tempo ao noso estudio.
Empregamos o noso blog de aula para ver as fotos que os nenos e nenas quitaron na nosa primeira exploración. Centramos a nosa atención en dúas desas fotos.
Gracias á aportación das familias descubrimos que esta zona do río onde as augas baixan tranquiliñas e se forma un pequeno remanso, foi no seu momento un lavadero empregado polos veciños do lugar. Este lavadero atópase moi preto do lugar de Carballa, e a colocación das lousas neste tramo do río non deixa lugar a dúbidas, efectivamente aquí houbo un lavadero.
Na clase fixemos unha pequena representación de como lavaban antaño no río, empregando unha alfombra como río e unha caixa de cartón a modo de lousa de pedra, e o mantel da merenda como prenda a lavar.
A continuación analizamos outra foto...
Preto da igrexa e Caamaño, un "burato" no asfalto deixa ver no seu interior o río ao seu paso por este lugar e unha pequena ponte de pedra sobre o mesmo. O profe cóntanos que esta ponte de pedra fíxose fai moitos, moitos, moitos anos...pero os profes non o saben todo e tamén teñen que preguntar cousas, polo que decidimos investigar para saber cal era a orixe desta ponte.
Chamamos ao concello, tivemos que coordinarnos para buscar a web no ordenador e posteriormente entre todos ler o número de teléfono que o rei do día marcou para poder chamar.
No concello déronnos o número de turismo e en turismo o do museo. Tres chamadas e tres números de teléfono diferentes que tivemos que ler e marcar.
Un de nós foi o encargado de falar ao teléfono, de dicir o seu nome, de onde chamaba e que queriamos.
Despois de tanta chamada non conseguimos que no museo nos colleran, polo que nos quedamos coas ganas POLO MOMENTO... de saber quen fixo a ponte que hai tan preto do lavadero da igrexa de Caamaño.
...................................................................................................................................................................
No primeiro día adicado a este proxecto centrámonos en explorar un río que pasa moi preto da nosa escola, o río Corral de abaixo. Deixámosvos coas primeiras actividades realizadas dentro deste proxecto. Todos os martes esta entrada será actualizada.
PROXECTO RÍOS - EXPLORAMOS O RÍO CORRAL DE ABAIXO
MARTES 15 DE XANEIRO DO 2019
Saímos a percorrer os arredores da escola para descubrir este pequeno río que transcurre entre outros polo lugar de Caamaño. Cada un dos nenos/as emprega un teléfono para sacar fotos aos distintos tramos do río. Descubrimos como o río ten que sortear unha morea de obstáculos no seu curso, atravesa túneles, pontes, carreteras, leiras...
Pequena fervenza do Río Corral de Abaixo.
Remanso do río Corral de Abaixo.
De ruta.
o río transcurrindo entre o bosque.
O río Corral de Abaixo pode observarse a través dunha "boca" ou "abertura" no chan a modo de pequena rotonda situada a carón do lavadero e da igrexa de Caamaño.
O río Corral de Abaixo surte de auga ao lavadero da igrexa de Caamaño.
No día de hoxe todos os nenos e nenas levaron na súa mochila unha pequena botella de auga para poder recoller auga do río que exploramos. Con ela levaremos a cabo unha actividade da que vos daremos conta máis adiante.
A través da nosa viaxe e do que nos ía contando o profe, descubrimos que todos aqueles regatos non eran ríos diferentes, tratábase dun único río, que transcurría entre leiras, bosques, carreteras, pontes e túneles, e que aparecía e desaparecía á par que ía sorteando obstáculos.
O río do Corral de Abaixo, entre outras couas, surte de auga o lavadero da igrexa de Caamaño.
Pero non todo foron boas novas... pois na nosa saída puidemos capturar imaxes como as que presentamos a continuación...
No noso camiño descubrimos que no curso do río podemos atopar algunhas cousas que non deberían estar alí, como por exemplo un papel ou unha botella de lexía. Paramos un anaco a falar da importancia que ten coidar os ríos e non contribuír a que estos se ensucien e se enchan de lixo.
Este aspecto será algo que tamén se teña en conta en futuras actividades.
E xa non nos dou tempo a máis, a vindeira semana, novas actividades encadradas no noso Proxecto Ríos.