martes, 13 de abril de 2021

 


A PREHISTORIA

 

Houbo un día no que na escola descubrimos unha pequena fogueira, foi este o punto de partida dun novo proxecto, A PREHISTORIA, pois foi nesta época histórica na que se descubriu o lume. 


Descubrimos o lume


Descubrimos que coa invención do lume os homes e mulleres da prehistoria puideron facer un milleiro de cousas diferentes...



Actividade impresa sobre o lume.


 

Antorchas.

 
 
Os homes e mulleres da prehistoria eran moi inxeniosos, e con grandes pedras construíron os monumentos megalíticos que podemos atopar espallados por moitas partes do mundo.
 

 
 
Creamos os nosos propios monumentos megalíticos con pedras: dolmen, cromlech...
 
 
 
Descubrimos que os homes e mulleres da prehistoria vivían nas covas. Éranche moi presumidos e gustáballe ter as covas ben decoradas. É por este motivo que comezaron a decoralas con pinturas onde representaban momentos do seu día a día. 



Descubrimos o arte rupeste.



As pintruas realizadas na prehistoria foron levada a cabo con tintes naturais. Decidimos experimentar e crear os nosos tintes naturais.




Creamos tintes naturais.



Os homes e mulleres da prehistoria non estaban sós. Naquela época tamén vivían diferentes tipos de animais.



Descubrimos os animais da prehistoria.



Pouco a pouco fórnonse facendo novos achádegos. Un dos máis salientables foi o descubrimento da cerámica. 




Traballamos o barro tal e como fixeron os homes e mulleres da prehistoria.





Toda esta experiencia foi compartida cos nenos e nenas de Educación Infantil de Agolada, cos que intercambiabamos impresións semanalmente a través de videochamada.

Ata aquí este breve resumo dos nosos descubrimento. Seguiremos subindo contido sobre outros centros de interese.

sábado, 6 de marzo de 2021

PLAN PROXECTA: COIDA UN RÍO (CURSO 20-21)

 

PLAN PROXECTA: COIDA UN RÍO

CREAMOS UN ROTEIRO POLO RÍO CORRAL DE ABAIXO.

Fai xa dous cursos que nos adentramos no Plan Proxecta da Xunta de Galicia co obxectivo de poñer en valor a nosa contorna, e máis concretamente o Río Corral de abaixo que descende cara o mar a poucos metros da nosa escola.
Durante o presente curso continuamos coas actividades asociadas a este proxecto coa vista posta na creación dun roteiro ao arredor deste pequeno río.


XORNADA 6.

Baixamos de novo ata o lugar de Carballa. Desta volta recollemos auga do río para a realización de dúas actividades diferentes.

Regamos o noso horto coa auga do río.

Realizamos un experimento utilizando a auga do río.


XORNADA 5.

Compoñendo os carteis a partir dos cales nun futuro se elaborará a cartelería oficial da nosa ruta arredor do río Corral de abaixo.



XORNADA 4.

Visitamos o lugar de Carballa, onde o río Corral de abaixo é chamado aquí, río Carballa. Aquí descubrios as pedras no río colocadas estratéxicamente para que no seu momento fosen empregadas como un lavadero "natural" na metade do río.

Río Carballa (río Corral de abaixo).


XORNADA 3.

Nova saída para fotografiar e debuxar os diferentes lugares de interese que nos atopamos na ruta que estamos deseñando arredor do Río Corral de abaixo. Desta volta camiñamos ata lugar de Esparrelle, onde o noso río é coñecido como Río do Souto Unha fonte, unha pequena fervenza un lavadero, un cruceiro... son moitas as cousas que chaman a nosa atención, e moitas tamén as que temos que rexistrar e debuxar, para logo incorporar á cartelería que estamos deseñando.

Fonte da igrexa.

Lavadero da igrexa.

Fervenza de Esparrelle.


No noso camiño tamén atopamos diferentes animais...

Cabalos.

Ovellas.

Vacas.


XORNADA 2.

Saímos a fotografiar algúns dos monumentos que podemos atopar no roteiro que estamos ideando. Co punto de partida no Alto da cruz de Caamaño, comezamos o noso percorrido no que imos fotografiando e debuxando nos nosos cadernos individuais, algúns dos elementos patrimoniais máis característicos da nosa contorna...

Horreo do Alto da cruz.



Cruceiro do Alto da Cruz.



Pombal.




Igrexa.




Nas próximas semanas serán habituais as nosas saídas á contorna para rexistrar e debuxar todos os elementos máis característicos do roteiro que estamos deseñando. Cos debuxos iremos configurando a cartelería coa que nun futuro próximo, elaboraremos unha proposta destinada ao concello coa intención de facer o noso roteiro realidade.


XORNADA 1

Os maiores da escola ensínanlle aos nenos e nenas que se incorporaron no presente curso onde está o río Corral de Abaixo.



martes, 12 de enero de 2021

PEQUENOS ARTISTAS

 UN PINCEL CON CATRO PELOS


Durante a segunda parte do primeiro trimestre convertímonos por unhas semanas en auténticos artistas. Baixo o título, "Un pincel con catro pelos", levamos a cabo unha serie de actividades que tiveron como nexo común a expresión plástica.



Nas primeiras actividades puxemos o foco na correcta utilización do pincel e as pinturas. Deste xeito levamos a cabo diferentes obradoiros nos que nos familiarizamos co hábito de limpeza do pincel, utilización das témperas, elección e recollida do material empregado...



Experimentar coas cores resultou do máis divertido. Adicamos parte do noso tempo á realización dun obradoiro no que experimentamos coa mistura de diferentes cores. Fomos rexistrando todos os nosos achádegos.



As formas xeométricas tiveron un grande protagonismo dentro do noso proxecto. Desenvolvemos distintas actividades nas que xogamos a descubrir e coñecer as diferentes formas, o cadrado, o círculo, o triángulo e o rectángulo. Para traballar as formas aplicamos diversas técnicas e materiais, por ese motivo traballamos con acuarela, rotuladores, ceras brandas...



Parte fundamental do noso proxecto foi descubrir a figura de Joan Miró.


A través dunha biografía adaptada á nosa idade puidemos descubrir a grandes rasgos quen foi este emblemático artista.



Adentrámonos a coñecer a obra de Joan Miró a través da reproducción dalgunha das súas obras máis recoñecibles.



Da obra de Joan Miró chamounos a atención as súas chamativas cores e os debuxos sinxelos que nós mesmos podíamos chegar a trazar. Un dos cadros que representamos foi o de "O home correndo".


Na nosa biblioteca descubrimos un conto que levaba por título, "O cadro máis bonito do mundo", un conto do que Joan Miró e as súas cores eran protagonistas.



Experimentar coas cores, aplicar diferentes técnicas, empregar distintos materiais, descubrir a Joan Miró, recrear cadros... As semanas que adicamos a este proxecto foron do máis enriquecedoras.