jueves, 19 de octubre de 2017

ACTIVIDADES SAMAÍN 2017


Durante todo o mes de outubro, os nenos e nenas da nosa aula, estivemos facendo diferentes actividades relacionadas coa celebración do Samaín. Non se tratou tan só de facer obradoiros temáticos relacionados co medo, se non que decidimos facer do medo e do Samaín, o noso centro de interese, o eixo ao arredor do cal xirou a nosa aprendizaxe.

No presente curso a nosa aula atópase estructurada nun total de 4 recantos de traballo, ós que se suman outros 3 que se relacionan cos xerais.

Atopamos na aula un recanto adicado á EXPRESIÓN ARTÍSTICA, outro adicado á LÓXICA MATEMÁTICA, outro adicado ó ACHEGAMENTO Á LECTURA E A ESCRITURA e outro adicado á adquisición de AUTONOMÍA E O DESENVOLVEMENTO DE HÁBITOS.

Estes 4 recantos son os espazos nos que a diario os nenos pasan a maior parte do tempo e por onde rotan cada día da semana. A estes catro espazos súmanse outros 3, o recanto da BIBLIOTECA, o recanto do XOGO e o recanto das TICS. Estes 3 recantos complementan o traballo a desenvolver nos 4 anteriores a diario.

Pero centrémonos no que realmente vimos a tratar... o SAMAÍN. Catro semanas completas ten outubro e 4 semanas decidimos adicar a este centro de interese. Cada semana iniciase coa chegada á aula dun elemento ou dunha personaxe que nos esperta certo medo. A partir deste elemento motivador desenvolveranse durante toda a semana as actividades nos diferentes recunchos.

Os elementos motivadores seleccionados polos nenos/as nunha asamblea na que falamos dos nosos medos foron... os MORCEGO, as MOMIAS, as PANTASMAS e as MEIGAS.

A continuación describimos diferentes actividades desenvoltas a partir dos centro de interese das PANTASMAS e as MOMIAS.

PANTASMAS


1. Recanto dos artistas: Estampación sobre cartulina con esponxa dunha pantasma. Completamos a manualidade escribindo a palabra "pantasma" na base do traballo, e colocandolle os ollos. Non comeza nen remata o traballo coa estampación. Son os nenos/as os encargados de recolectar o material necesario pola aula, verter a pintura, empapar as esponxas... E unha vez rematado o obradoiro, encargaranse de limpar esponxas, platos e mesas, e de reubicar o material empregado no seu lugar de orixe.

2. Recanto da lóxica-matemática: Os nenos/as deste recanto descobren un particular castelo onde viven agochadas unhas pantasmas moi pintorescas. Pintorescas porque son de cores, ainda que a perderon, e debemos axudalas a recuperala. A base da actividade impresa recolle as cores das pantasmas e cantas hai de cada cor. Finalmente facemos reconto xeral de todas as patasmas agochadas no castelo e escribimos o número correspondente na zona indicada.

3.Recanto do achegamento á lectura e a escritura: Recoñecemos na pizarra dixital a palabra PANTASMA entre un pequeno listado onde aparecen outras palabras. Unha vez atopada a palabra indicada, utilizámola como apoio visual para estampar con sellos as diferentes letras que a compoñen. Unha vez completamos a palabra PANTASMA cos sellos debuxámola, sen ningún tipo de modelo de por medio, dando vía libre a que cada neno/a nos ensine como é para el/ela un ser tan misterioso.

4.Recando da autonomía: Os nenos/as teñen a misión de elborar unha misteriosa brebaxe que nos permita convertirnos en pantasmas. Para este fin empregarán xerras, probetas, auga e tinte alimentario. Os rapaces/zas implicados nesta tarefa, deben acudir á zona da aula onde poidan recoller auga e encher as súas xerras. Unha vez de volta á zona de traballo, deben encher as súas probetas ata a medida especificada nun cartón previamente polo mestre, traballando asi diferentes números e distintas cantidades de auga. Unha vez vertida a auga ata a medida exacta, deberán tintar a auga coa cor mencionada no cartón. Unha vez obtidas todas as medidas e cores, deberán facer a mistura final para poder obter a pócima máxica que nos convirta en pantasmas.


MOMIAS


1. Recanto dos artistas: Elaboramos bocatas de momias. Os nenos e nenas empregarán para este obradoiro de cociña creativa... pan de molde, queixo fresco, queixo en lonchas e aceitunas. Para realizar a momima os pasos a dar serán os seguintes:
-Untamos queixo fresco no pan de molde.
-Facemos tiras de loncha de queixo.
-Colocamos as tiras de queixo sobre o pan de molde co queixo fresco.
-Troceamos unha aceituna en dúas partes.
-Colocamos as aceitunas a modo de ollos sobre o pan de molde. 

2. Recanto da lóxica-matemática: Unha momia visitou o noso rincón e na súa visita deixou olvidadas algunhas das súas vendas. Recollemos as vendas, contamos cantas deixou atrás, e empregamos reglas para medir a lonxitude de cada unha delas. Anotamos sobre as vendas as medidas observadas na regla. Escollemos a venda máis longa para escribir o noso nome. Contamos as letras do noso nome e o dos compañeiros de rincón, quen ten máis letras? quen ten menos?

3. Recanto de achegamento á lectura e a escritura: Escribimos a palabra momia con lápiz e compoñémola empregando pegatinas do abecedario, selecionando as letras necesarias para completar a palabra plantexada. Identificamos cal e a letra que se repite e cantas veces o fai.

4. Recanto da autonomía: Levaremos a cabo un obradoiro de expresión artística na que o importante vai a ser a obtención do material necesario para a súa execución e a súa preparación. Necesitamos misturar auga e cola, recoller pinceles e vasos, preparar cartulinas e trocear papel de baño. Unha vez reunido e ubicado todo o material, comezaremos unha actividade onde sobre unha cartulina, craremos unha momia. Necesitaremos á súa vez colocarlle uns ollos, polo que empregaremos as técnicas do picado e o recortado.

Estes son algúns exemplos das actividades levadas a cabo na nosa aula. Aínda quedan por diante outras moitas.

Gracias pola vosa lectura e que teñades un máis que terrorífico SAMAÍN...


No hay comentarios:

Publicar un comentario