viernes, 16 de febrero de 2018

RECURSOS PARA TRABALLAR A ROBÓTICA NAS AULAS DE INFANTIL




Nesta nova entrada iremos introducindo progresivamente diferentes recursos e materiais cos que podemos traballar nas aulas de educación infantil, co fin de iniciar aos nenos no mundo da robótica e da programación.

Estes recuros irán incorporándose a medida que sexan empregados na nosa aula e teñamos unha mínima experiencia na súa manipulación e uso. Con todo, tamén faremos referencia a outros recursos dos que teñamos coñecemento, a pesares de non estalos utilizando actualmente na aula.


BEEBOT

Este pequeno robot é un fantástico exemplo de como traballar cos nenos empregando unha metodoloxía significativa e funcional a través do xogo. Os nenos/as familiarízanse con diferentes nocións espaciais como adiante, atrás, esquerda, dereita, cerca, lonxe... Traballan ademáis conceptos núméricos, o reconto, a suma, a resta... e permítenos
tamén manexar o robot a través de diferentes centros de interese, polo que beebot será o medio que nos permita seguir avanzando no noso coñecemento.
O prezo de beebot ronda os 75 euros. 
 
_____________________________________________________________________
ROBOT RATO DE EUREKAKIDS

Coas mesmas posibilidades que o Beebot e a un prezo máis económico atopamos este pequeno rato robótico. Por un prezo aproximado duns 55 euros podemos facernos con un.
Este rato robótico ven acompañado de entre outros recursos, dunha serie de tarxetas coas que podemos programar de forma visual o percorrido que posteriormente realizará o rato.

_____________________________________________________________________
BLUEBOT

Podemos considerar a Bluebot como a versión 2.0 do Beebot. O aspecto do pequeno robot cambia. A súa carcasa transparente permítelles aos nenos/as observar o interior do bicho e recoñecer asi as súas placas e circuítos.
Bluebot permite a programación do robot de forma remota. Temos á nosa disposición unha App compatible con Ipad, Android, Mac ou Windouws. Esta aplicación permítenos que os movementos do robot poidan ser programados a distancia utilizando un teléfono ou unha tablet por exemplo.
Bluebot ademáis de con esta aplicación conta cun "Lector táctil" que nos permite colocar unha serie de tarxetas que guían os movementos do robot e que este executará de forma automática unha vez rematada a secuencia. Este recurso leva un paso máis aló a utilización das tarxetas de secuencia.
O prezo do Bluebot ronda os 100 euros (lector táctil non incluído)



_____________________________________________________________________
PROBOT

Probot é un robot artista que nos leva un paso máis aló que Beebot e Bluebot. Quizais este robot sexa máis orientado cara a Educación Primaria, polo que ter iniciado aos nenos na robótica en E. Infantil a través dos dous robots anteriores sería o ideal.
Con Probot podemos debuxar e facer diferentes formas xeométricas poñendo no seu  centro un lápiz ou rotulador, no lugar indicado para este fin.
Este robot ademáis de con frechas conta cun teclado numérico que nos permite variar os centímetros que o robot se despraza en cada un dos seus movementos, ou os graos que xira en cada un dos xiros que realiza.
O prezo do Probot ronda os 135 euros.




_____________________________________________________________________
INO-BOT
Ino-bot é a evolución natural de Bluebot e Probot. Con el tamén podemos debuxar, pois contén un departamento para colocar un lápiz ou un rotulador.
Ao igual que Bluebot, Ino-Bot permítenos traballar con el a través de control remoto dende unha tablet ou teléfono por exemplo. Pero a novidade está en que o programa a utilizar é "Scratch", polo que antes de manexar o robot deberemos iniciarnos neste tipo e programación.
O prezo do InO-Bot é de 160 euros aproximadamente.


#Pi2go é a evolución natural de Ino-Bot, pero dada a súa complexidade de cara á súa introducción na E.Infantil non o recolleremos dentro desta entrada.

_____________________________________________________________________
SCRATCH
Podemos definir SCRATCH como unha linguaxe de programación visual. Serve para crear de forma sinxela (por iso podemos orientalo cara a E.Infantil-E.Primaria) animacións, xogos e interaccións.
Poñamos como exemplo que na aula queremos desenvolver un proxecto sobre as illas e ocórresenos crear un protagonista para o proxecto, un pirata. Scratch ofrécenos a posibilidade de coller a figura dun pirata e darlle vida. Que se mova, que nos fale, que nos leve a diferentes lugares. Esto permítenos que o pirata sexa o que nos vaia presentando os diferentes centros de interese, e guiando o desenvolvemento do proxecto.
Dentro da aplicación de Scratch ademáis de diferentes obxectos, animais... contamos con diferentes accións. Estas accións deben ser combinadas formando un puzzle que describirá as actividades a realizar polo protagonista escollido.


Déixovos un pequeno tutorial sobre como iniciarnos no uso deste sistema de programación visual.


_____________________________________________________________________
CODE KARTS (APP)

Esta aplicación é xenial para utilizar nas aulas de infantil. Combinado co manexo do Beebot este pode ser un recurso que complemente dito traballo.
O funcionamento é o mesmo, con movementos básicos seguindo flechas, co fin de que os coches cheguen á meta.
Esta App é gratuíta.

_____________________________________________________________________
LIGHTBOT (APP)
Esta aplicación permítenos manexar un robot cos movementos clásicoS xa vistos co beebot ou con Code Karts (adiante, atrás, esquerda, dereita), pero añadindo 2 maís, o salto e o acendido de bombilla. Polo tanto os nenos e nenas xogan e aprenden pero agora empregando 6 accións en vez de 4. O fin é que o robot pase ou chegue a todas as casiñas de cor azul, e que en cada un delas acenda a luz que leva na cabeza.
App gratuíta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario