CONTOS PARA O SAMAÍN
Deixámosvos unha nova entrada no blog de Rato e Lura, onde vos facemos diferentes propostas de contos que tratan o medo agora que nos achegamos á celebración da Samaín.
A VISITA DOS TROLES
As noites adoitan ser longas neste conto, onde os troles aproveitan a oscuridade para facer mil falcatruadas.
A VISITA DOS DOMINGOS
Habitualmente a protagonista deste conto recibe todos os domingo a visita dun misterioso mostro... Terá que aprender a facerlle fronte aos seus medos se quere que estas visitas deixen de darse... ou non...
O XIGANTE DO PANTANO
Ao xigante do pantano o que máis lle gusta é comer os nenos e nenas que van chapotear nas charcas que se atopan cerca do seu pantano...
ONDE VIVEN OS MONSTROS
O neno protagonista deste conto é quen de crear coa súa imaxinación todo un universo dentro das paredes da súa habitación. Unha noite a súa creatividade permítelle viaxar ata a illa onde residen todos os mostros que poidan existir.
UN PESADELO NO MEU ARMARIO
Algo hai tras eses abrigos que o protagonista do conto ve todas as noites dende a súa cama. Non lle quedará outra que enfrentarse aos seus medos e será o monstro do armario o que acabe tendo medo ao remate do conto.
CORRE, CORRE CABACIÑA
Rematamos cun clásico dos contos do Samaín, "Corre, corre Cabaciña" narra a historia dunha avoíña que terá que ser moito máis lista ca tres terribles feras para poder chegar ata o casamento da súa sobriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario