domingo, 3 de noviembre de 2019

CAAMAÑO XURÁXICO

CAAMAÑO XURÁXICO



Novo curso e primeiro proxecto, desta volta centrámonos no estudo dos dinosauros.
Coma noutras ocasións, organizamos a aula en diferentes recantos de traballo, cada un deles relacionado con distintos ámbitos do desenvolvemento ou capacidades/habilidades. Ao longo da semana todos os nenos pasan por todos o recantos, e levan a cabo as diferentes actividades propostas. As actividades desenvoltas foron as citadas a continuación:


"Dino-globo"

Cun pouco de cartulina e un globo compoñemos o noso propio dinosauro.

"A enciclopedia dos dinosauros"

Comezamos a compoñer a nosa propia enciclopedia sobre dinosauros. Imos coñecendo diferentes dinosauros e numerandoos segundo a orde nos que os descubrimos. Coñecemos os seus nomes, por que medio se desprazaban (terra, auga ou aire), cal era o seu alimento favorito, cal era o seu tamaño...

"Puzzle do Estegosauro" 

Un dos dinosauros que coñecemos é o Estegosaurio. Levamos a cabo un puzzle que nós mesmos recortamos, ordeamos e pegamos. É importante atender á secuencia numérica, pois as pezas están numeradas do 1 ao 10.

"Experimento con ovos"

Unha das cousas que acabamos de aprender é que os dinosauros nacían dos ovos. Por esta razón escollemos os ovos como recurso de aprendizaxe, con eles levamos a cabo un experimento onde estes se convertirán (se todo sae ben), en pelotas saltarinas. Facémolo sumerxindo os ovos en vinagre nun vaso. Rexistramos o nome de todos os elementos empregados para poder levar a cabo o experimento.

"Pisada de dinosauro" 

Un gran dinosauro visitou a escola de Caamaño a pasada noite, ou polo menos iso sospeitamos, pois apareceu unha gran pisada... de dinosauro. Cun metro medímola e despois representamola sobre un papel, cuñantificando o seu tamaño de diferentes maneiras.


"Completa o Estegosauro"

Ao noso estegosauro caéronlle as súas púas. Añadimos o número de púas indicado no noso Estegosauro.



"Cancións de dinosauros"

A través das cancións coñecemos unha infinidade de cousas sobre a vida e morte dos dinosauros, asi como curiosidades das diferentes especies que iamos coñecendo. Aquí vos deixamos os hits que soaron nos meses de setembro e outubro na nosa escola.






"O Diplodocus"

Somo uns auténticos artistas. A nosa gran habilidade no terreo da expresión plástica permitiunos elaborar o noso propio Diplodocus a partir dun tubo de cartón de papel hixiénico.

"As partes do corpo dun dinosauro"
Coñecemos as diferentes partes do corpo dun dinosauro. Identificamos as letras que compón cada palabra e escribímolas.


"Formas xeométricas varias = Dinosauro"

O mestre deulle a cada neno/a unha serie de formas xeométricas de papel, coas que estes/as tiñan que tentar compoñer un Dinosauro. As propostas que saíron foron infinitas...


"Medimos un T-Rex"

Aprendemos para que serve unha regla ou unha cinta métrica. Descubrimos para que serve esa palabra tan rara... "centímetros". Empregamos a regla para medir as diferentes partes do corpo dun T-Rex de xoguete, rexistrando os datos obtidos.

" Dinopinza"
Papel e unha pinza son recursos máis que suficientes para crear un T-Rex do máis temible.



"Titorial para debuxar un dinosauro".

Descubrimos que é un "titorial" e como atopalo empregando un ordenador. Seguimos as consignas realizadas nun titorial de debuxo, e cada un de nós debuxa o seu propio dinosauro.

"Secuencia vital"

Ordeamos e secuenciamos os diferentes momentos da vida dun dinosauro, dende o seu nacemento a partir dun ovo, ata a súa morte e a súa transformación nun fósil.
Este proxexto descubriunos unha chea de dinosauros que non coñeciamos, coñecemos e comprendemos conceptos como, ovíparos, vivíparos, carnívoros...
Lemos, escribimos, investigamos, rexistramos... E sobre todo, divertímonos.







 

lunes, 14 de octubre de 2019

CONTOS PARA O SAMAÍN 2019

CONTOS PARA O SAMAÍN


Deixámosvos unha nova entrada no blog de Rato e Lura, onde vos facemos diferentes propostas de contos que tratan o medo agora que nos achegamos á celebración da Samaín.


A VISITA DOS TROLES


As noites adoitan ser longas neste conto, onde os troles aproveitan a oscuridade para facer mil falcatruadas.

A VISITA DOS DOMINGOS

Habitualmente a protagonista deste conto recibe todos os domingo a visita dun misterioso mostro... Terá que aprender a facerlle fronte aos seus medos se quere que estas visitas deixen de darse... ou non...

O XIGANTE DO PANTANO


Ao xigante do pantano o que máis lle gusta é comer os nenos e nenas que van chapotear nas charcas que se atopan cerca do seu pantano...

ONDE VIVEN OS MONSTROS

O neno protagonista deste conto é quen de crear coa súa imaxinación todo un universo dentro das paredes da súa habitación. Unha noite a súa creatividade permítelle viaxar ata a illa onde residen todos os mostros que poidan existir.


UN PESADELO NO MEU ARMARIO

Algo hai tras eses abrigos que o protagonista do conto ve todas as noites dende a súa cama. Non lle quedará outra que enfrentarse aos seus medos e será o monstro do armario o que acabe tendo medo ao remate do conto.


CORRE, CORRE CABACIÑA


Rematamos cun clásico dos contos do Samaín, "Corre, corre Cabaciña" narra a historia dunha avoíña que terá que ser moito máis lista ca tres terribles feras para poder chegar ata o casamento da súa sobriña.



viernes, 19 de abril de 2019

CIGARRÓNS DE CAAMAÑO

CIGARRÓNS DE CAAMAÑO


Na escola de Caamaño adicamos o mes de febreiro a investigar a figura do Cigarrón, unha das figuras máis representativas do entroido en Galicia. O fin era coñecer as principais características dos Cigarróns, o seu significado, a súa orixe, a súa función...e á sua vez, preparar o disfraz elixido para celebrar o entroido na nosa escola, evidentemente o de Cigarrón.

Dende o inicio fómOnos familiarizando con vocabulario relacionado coa figura do Cigarrón, co cal fomos elaborando un mural na aula que era a nosa referencia á hora de recordar contidos e afrontar os novos.


Pouca a pouco fómonos familiarizando con palabras como pondón, barbuqueixa, mitra ou carouta, e á vez que coñeciamos este vocabulario comezamos coa composición do noso disfraz de Cigarrón.




A elaboración de cada parte do noso disfraz plantexouse como unha actividade máis na aula e non só como un obradoiro de expresión plástica. No caso das fitas que decorarían certas partes da vestimenta, colgamos na aula un cartel de referencia no que se indicaba cal era a cantidade de cada fita (segundo a cor) que os nenos e nenas por si sós debían medir e cortar, empregando reglas e tesoiras.



Nós mesmos elaboramos as caroutas para as cales foi necesario en primeiro lugar pintalas cunha espesa base de cor laranxa. 



Cada día adicado a este proxecto o profe repartía un cantos cromos cos que completar o noso álbum oficial dos Cigarróns. Tiñamos que fixarnos moi ben cal era o número de cromo que nos tocaba, para tachalo en primeiro lugar na lista e posteriormente pegalo no seu lugar correspondente dentro do álbum.




As mitras son unha parte fundamental do traxe de Cigarrón, a máis característica si cabe. Nós escollemos cada un o noso animal favorito para que fose o protagonista da nosa propia mitra.



Outra das partes fundamentais do disfraz de Cigarrón son as chocallas, o instrumento que serve dentro deste atuendo para facer moito ruído ao paso da persoaxe polas rúas. Decidimos confecionar as nosas chocallas reciclando latas de refresco.

Antes de centrarnos no traballo real coas latas, levamos a cabo diversas actividades, como por exemplo enumeralas, facer distintas construcións, sumar as latas que xuntábamos entre todos os nenos e nenas do noso grupo...





Co paso dos días ao noso mural sobre a figura dos Cigarróns ibamos añadindo novas imaxes e palabras.


Unha das cousas que aprendemos foi que os Cigarróns son naturais da vila de Verín, unha realidade que tamén añadimos no noso mural, atribuíndolle un pequeno espacio a este lugar. Á súa vez, achegámonos á lectura e á escritura lendo e escirbindo palabras significativas para nós, como a da vila de referencia.





Entre tanto seguimos compoñendo o noso traxe de Cigarrón, desta volta poñendo sobre o pantalón os pondóns.



Un bo peche de proxecto foi sen dúbida celebrar a festa de entroido acompañados de todas as familias, nais, pais, avós, avoas, irmáns, tios, tias... todo o mundo estaba invitado a disfrazarse de Cigarrón. Acompañados do grupo de gaitas Xiada, percorremos as estreitas rúas de Caamaño, levando o entroido á porta de cada casa.
Para tal ocasión diseñamos un cartel co que poder anunciar a nosa festa.







De forma paralela ao desenvolvemento deste proxecto desenvolvéronse outras actividades co fin de celebrar o Entroido, entre elas podemos destacar...

O día que voltamos á casa coma auténticos cadros...





O día que nos enfariñamos ata as orellas...



E o día en que nos disfrazamos para desfilar por Caamaño e merendamos baixo o horreo do Alto da cruz.