DIFERENTES SOMOS TODOS
Último proxecto deste raro curso escolar que imos adicar a coñecer as cousas que nos fan diferentes pero iguais, imos a falar da diversidade.
GALERÍA DE IMAXES DE ACTIVIDADES REALIZADAS
JGG experimentando co sentido do tacto
JGG practicando lingua de signos.
MSR compuxo ao seu propio "PINCHOS".
NPV experimentando o que é non poder ver e utilizando o sentido do tacto.
ZPV tenta adiviñar que obxecto ten na man coa axuda do seu tacto.
JGG creou a PINCHOS un dos protagonistas dos moitos contos sobre a diversidade que estamos coñecendo.
TOL explora co seu tacto un obxecto.
TOL desenvolve unha actividade na que traballa vocabulario relacionado co centro de interese que estamos traballando.
BFL desnevolvendo unha actividade de lóxica-matemática.
BFL fixo o seu propio PINCHOS empregando unha piña.
Así ve JGG aos seus compañeiros e compañeiras de clase...
TOL intenta atravesar os "CUERDAS" dunha das curtametraxes sobre diversidade
funcional do noso proxecto.
TOL facendo o seu propio "PINCHO" protagonista do conto "PICHOS SE VA DE VACACIONES" encadrado dentro do noso proxecto sobre diversidade.
BFL recopilou 12 obxectos para gardar na súa cesta de mimbre tal e como se indicaba nunha das actividades propostas.
BFL avanza na lectura, na escritura e na lóxica-matemática traballando contidos relacionados coa diversidade.
TOL metendo o pastel no forno como fixo TOPITO TERREMOTO no seu conto.
MSR anotando diferentes palabras relacionados co noso proxecto sobre a DIVERSIDADE.
JGG preparando un pastel ao igual que TOPITO TERREMOTO.
ZPV e NPV moi aplicadas nas súas tarefas diarias.
__________________
XOVES 11 DE XUÑO DO 2020
Non todos somos iguais, máis ben somos DIFERENTES...
1. DESCRIBE ORALMENTE AS DIFERENCIAS QUE OBSERVAS ENTRE ESTES TRES NENOS/AS.
Estes ovos tamén son diferentes...
Seguro que na túa casa tes OVOS.
2. LOCALIZA OS OVOS QUE HAI NA TÚA CASA. LOGO AGRUPAOS SEGUNDO AS SÚAS SEMELLANZAS E DIFERENZAS. REXISTRAS CANTOS OVOS HAI DE CADA CLASE SEUGUNDO A CLASIFICACIÓN QUE FAGAS. (SEGUNDO A COR, SEGUNDO AS MANCHAS, SEGUNDO O TAMAÑO, SEGUNDO A AVE DA QUE PROCEDA...)
Todos estes nenos e nenas que podes ver a continuación son DIFERENTES.
3. IDENTIFICA AS LETRAS. LE OS SEUS NOMES E COMENTA AS CARACTERÍTICAS DE CADA UN.
JA VI
SU SA NA
BE A
MO NI CA
DA NI
4. AGORA ESCOLLE O NOME QUE MÁIS CHE GUSTE DOS QUE ACABAS DE LER E ESCRIBE NOVAS PALABRAS A PARTIR DEL.
(EXEMPLO: D A N I: DADO / ARBOL / NUBE / ILLA)
__________________
MÉRCORES 10 DE XUÑO DO 2020
AS FAMILIAS TAMÉN SON DIVERSAS... E PARA MOSTRA UN BOTÓN...
1. ATENDE A ESTE CONTO
"UN PUÑADO DE BOTONES"
2. ¿COMO É A TÚA FAMILIA? DEBUXAA E ESCRIBE OS SEUS NOMES. AS MASCOTAS TAMÉN CONTAN, FORMAN PARTE DA TÚA FAMILIA.
Como puidemos ver no conto, as familias poden ser coma os botóns, todas moi diferentes. Pois cos botóns tamén podemos facer unha morea de actividades ben diferentes.
3. CLASIFICA OS BOTÓNS SEGUNDO AS SÚAS CARACTERÍSTICAS. PODES FACELO SEGUNDO O TAMAÑO, SEGUNDO A SÚA COR...
4. INSERTA UN NÚMERO DE BOTÓNS DETERMINADO EN CADA LUGAR. UN MAIOR PODE RETARCHE A INTRODUCIR UN NÚMERO ESPECÍFICO DE BOTÓNS EN CADA LUGAR.
5. DESENVOLVE A TÚA CREATIVIDADE. PODES FACER UN DEBUXO COMA ESTE OU OUTRO CALQUEIRA QUE CREES COA TÚA IMAXINACIÓN.
Fíxate nesta familia...
Toda esta familia (mascotas incluídas) viven na mesma casa.
6. ¿CANTOS SON?
7. E NA TÚA CASA...¿CANTOS SODES?
8. ¿ONDE HAI MÁIS NA TÚA CASA OU NA DESTA FAMILIA?
¿CANTOS HAI MÁIS NUNHA CASA QUE NA OUTRA?
Son moitas preguntas ¿verdade? Para resolvelas fai unha recta numérica e utlizaa... vai marcando as respostas na recta e conta sobre ela.
__________________
MARTES 9 DE XUÑO DO 2020
Mira con atención esta curta...
1. FALA CUN MAIOR SOBRE O QUE SUCEDEU NA CURTA.
Este é un CAN GUÍA. Axuda ás persoas cegas a camiñar pola rúa con seguridade.
2. ESTE CAN GUÍA NON TEN NOME. PONLLE UN, ESCRIBEO E DEBUXAO.
Mira este video
3. COMENTA CUN MAIOR O QUE SUCEDE NO VIDEO.
Fíxate nas seguintes imaxes...
4. SINALA A IMAXE NA QUE HAI UN CAN GUÍA TRABALLANDO. ¿EN QUE LLE ESTÁ AXUDANDO O CAN GUÍA AO HOME?
Pois si... o CAN GUÍA estaba axudando ao home a cruzar por un paso para peóns. Fíxate ben nas seguintes imaxes...
5. CONTA O NÚMERO DE FRANXAS BRANCAS QUE TEN CADA PASO PARA PEÓNS E INDICA CAL É O QUE TEN MÁIS E O QUE TEN MENOS.
__________________
VENRES 5 DE XUÑO DO 2020
As persoas son coma estes paraugas. TODAS DIFERENTES.
1. AGORA COMEZA O VERÁN E NON CHE FARÁ FALTA, PERO PODEMOS FACELO DE CARA AO OUTONO. DECORA UN PARAUGAS.
Observa esta imaxe...
2. ATOPA AS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL QUE SE ATOPAN DENTRO DESTE GRUPO DE XENTE. COMENTA CUN MAIOR CAL É A SÚA DIVERSIDADE.
__________________
XOVES 4 DE XUÑO DO 2020
OS XOGOS PARALÍMPICOS
Cada 4 anos no VERÁN celébranse os XOGOS PARALÍMPICOS. Neles deportistas de todos os países fano o mellor posible para conseguir gañar unha medalla.
1. MIRA O SEGUINTE VIDEO.
2. COMENTA CUN MAIOR AS COUSAS DO VIDEO QUE CHE CHAMARAN A ATENCIÓN.
Preséntoche a MIRAITOWA e SOMEITY, son as MASCOTAS dos próximos xogos olímpicos.
3. COLOREA ÁS MASCOTAS DOS PRÓXIMOS XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS
4. CITA E ESCRIBE O NOME DOS SEGUINTES DEPORTES PARALÍMPICOS
Nos xogos olímpicos e paralímpicos os gañadores reciben medallas coma estas...
OURO PRATA BRONCE
CHINA e ESTADOS UNIDOS sempre gañan moitas MEDALLAS.
5. COMPROBA COA AXUDA DUN MAIOR CANTAS MEDALLAS DE OURO, PRATA E BRONCE GAÑOU CADA UN. LOGO FAI CONTAS E DI QUEN GAÑOU MÁIS. REXISTRA AS TÚAS OBSERVACIÓNS.
CHINA
ESTADOS UNIDOS
__________________
MÉRCORES 3 DE XUÑO DO 2020
1. COÑECE DA HISTORIA DESTA NENA...
"TAMARA, LA NIÑA SORDA QUE QUIERE SER BAILARINA"
TAMARA non pode oír, por iso súa nai fala con ela en LINGUAXE DE SIGNOS.
2. ESCRIBE O NOME DOS DÍAS DA SEMANA. UTILIZA UN CALENDARIO QUE TEÑAS NA CASA COMO APOIO.
3. BUSCA NO CALENDARIO O DÍA DA SEMANA NO QUE NOS ATOPAMOS HOXE E FAI UNHA CRUZ SOBRE EL.
4. APRENDE XUNTO CUN MAIOR COMO SE DIN OS DÍAS DA SEMANA EN LINGUAXE DE SIGNOS.
TAMARA non pode oír, por iso súa nai fala con ela en LINGUAXE DE SIGNOS.
2. ESCRIBE O NOME DOS DÍAS DA SEMANA. UTILIZA UN CALENDARIO QUE TEÑAS NA CASA COMO APOIO.
3. BUSCA NO CALENDARIO O DÍA DA SEMANA NO QUE NOS ATOPAMOS HOXE E FAI UNHA CRUZ SOBRE EL.
4. APRENDE XUNTO CUN MAIOR COMO SE DIN OS DÍAS DA SEMANA EN LINGUAXE DE SIGNOS.
__________________
LUNS 1 DE XUÑO DO 2020
1. OLLA A PEQUENA HISTORIA DO OSO BERNI
"O OSO BERNI"
2. FALA CUN MAIOR. ¿QUE VIMOS NESTA CURTA?
¿Recrodas esta palabra? Ás veces a algunhas persoas poñémoslle as cousas un pouco difíciles...
3. IDENTIFICA AS LETRAS DA PALABRA E LE.
B A R R E I R A
Ponte no lugar de outros...
4. ¿IMAXINAS NON PODER VER? TAPA OS OLLOS E IDENTIFICA 5 OBXECTOS A TRAVÉS DO TACTO. LOGO ESCRIBE O NOME DOS CINCO OBXECTOS.
5.COS OLLOS DE NOVO TAPADOS PROBA 3 FROITAS DIFERENTES E TENTA IDENTIFICALAS.
Fíxate nesta foto...
6.¿SABES QUE É E PARA QUE SERVE?
¿Cres que un persoa en silla de rodas pode bailar? Revisa o seguinte video...
7. SEGUE ESTA COREOGRAFÍA...
PRIMEIRO DE PÉ E LOGO UNHA SEGUNDA VEZ... SENTADO SEN LEVANTARSE DA CADEIRA
__________________
XOVES 28 DE MAIO DO 2020
PINCHO parécese un pouco a TOPITO TERREMOTO, non é quen de controlar a súa enerxía...
1. COÑECE A HISTORIA DE PINCHO
"PINCHO SE VA DE VACIONES"
2. RECORDA O CONTO E TODOS OS ANIMAIS QUE APARECEN NEL. CITA O SEU NOME. LOGO ESCOLLE O QUE MÁIS CHE GUSTE, DEBUXAO E ESCRIBE O SEU NOME.
Atende a estas imaxes...
3. FAI O TEU PROPIO "PINCHOS" EMPREGANDO A TÉCNICA QUE MÁIS CHE GUSTE. PODES COPIAR UNHA DESTAS IDEAS OU LEVAR A CABO A TÚA PROPIA.
4. ESTES ANIMAIS SAEN NO CONTO. IDENTIFICA AS LETRAS QUE COMPOÑEN CADA PALABRA. LOGO LE.
X I R A F A
C O E L L O
T O R T U G A
M O N O
5. SÓ UNHA DAS PALABRAS ANTERIORES TEN 7 LETRAS. ¿SABES CAL É?
Fíxate nesta imaxe...
Para controlar a súa enerxía a PINCHO venlle moi ben practicar deporte. Estes son algúns dos seus deportes favoritos.
6.¿SABES COMO SE CHAMA CADA DEPORTE?
7. SÓ UN DEPORTE ESTÁ REPETIDO, ¿SABES CAL É?
Atención...
8. PRACTICA ESTE NOVEDOSO DEPORTE. ¿COMO LLE CHAMARÍAS? PRECISARÁS UN CARTÓN DE PAPEL DE COCIÑA, UNHA PEQUENA PELOTA LIXEIRA (PODE SER DE PAPEL) E UN VASO.
__________________
MARTES 26 DE MAIO DO 2020
1. VISUALIZA A CURTA
"O REGALO"
2. FALA CUN MAIOR SOBRE O QUE SUCEDE NA CURTA.
3. O CANCIÑO DA CURTA NON TEN NOME. FAI UN LISTADO CON 6 NOMES QUE CHE GUSTEN PARA O CAN. LOGO CADA UN DOS MEMBROS DA TÚA FAMILIA TEN QUE EMITIR UN VOTO E TI IRÁS REXISTRANDO OS VOTOS AO LADO DE CADA NOME. ¿CAL SERÁ O ELIXIDO?
Mira ben esta foto
¿Sabes que son? ¿Sabes onde as viches?
3. CITA O SEU NOME, DI PARA QUE SERVEN E REVISA A CURTA SI NON RECORDAS VELAS ANTERIORMENTE.
Fíxate ben. Todos estes debuxos que ves aquí teñen algo EN COMÚN, son NÚMEROS, pero á vez son TODOS DIFERENTES. Pásalles coma os nenos e as nenas, son todos e todas diferentes e especiais... uns levan gafas e outros non, outros son altos e outros baixos, outros corren moito e outros un pouco menos...
4. DETECTA QUE NÚMERO FALTA EN CADA SERIE.
Aquí temos a serie de números completa...
5. ESCRIBE ESTES NÚMEROS NUNHA FOLLA EN BRANCO E LOGO SIGUE TI SÓ ATA O NÚMERO 20.
__________________
LUNS 25 DE MAIO DO 2020
Comezamos unha nova semana visualizando unha curta que xa tivemos a oportunidade de traballar o curso pasado, pero que ben vale a pena recordalo pola mensaxe que nos da.
1. VISUALIZA A CURTA
"CUERDAS"
2. FALA CUN MAIOR SOBRE O CONTIDO DA CURTA.
3. ESCRIBE O NOME DOS DOUS PROTAGONISTAS DA CURTA.
4. A TELA DE ARAÑA
(imos empregar as cordas da curta que acabamos de ver)
Utiliza unha corda, cordel, lá... para facer unha tela de araña entre dúas árbores ou incluso entre dúas sillas, e tenta logo atravesala de diferentes formas.
Imos falar da ASOCIACIÓN AMBAR...
En AMBAR teñen un taller onde moitos dos rapaces e rapazas que alí acuden, fan moitas obras de arte. Debuxo, murais, esculturas, cadros...
Este cartel sirveu para anunciar que se iba celebrar unha exposición das obras de arte de AMBAR. A figura que ves é unha creación dos rapaces e rapazas de AMBAR.
5. DEBUXA OU REPRODUCE CON PLASTILINA A FIGURA DO CARTEL
__________________
VENRES 22 DE MAIO DO 2020
Ás veces non nos gusta o que é diferente...
"PAXAROS"
¿CRES QUE ESTÁ BEN QUE OS PAXARIÑOS NON QUEIRAN AO SEU CARÓN AO PAXARO GRANDE?
¿CRES QUE ESTÁ BEN QUE O PAXARIÑO GRANDE SE RÍA DOS PAXARIÑOS PEQUENOS CANDO PERDEN AS SÚAS PLUMAS?
1. REPASA O CONTO, ¿CANTOS PAXARIÑOS PEQUENOS APARECEN? CONTA, ESCRIBE O NÚMERO E DEBUXA.
Fíxate nesta imaxe...
2.¿RECORDAS QUE É? EXPLÍCALLO COAS TÚAS PALABRAS A UN MAIOR.
¿Sabías que? Na ASOCIACIÓN AMBAR teñen un taller de CESTERÍA onde fan...
CESTAS coma esta...
3. SEGURO QUE NA CASA TES UNHA CESTA. COLLE E BUSCA 12 OBXECTOS POLA CASA. PERO SÓ 12... NIN MÁIS NIN MENOS.
(Si non tes unha cesta podes utilizar unha bolsa ou unha mochila).
4. DIANTE DUN MAIOR VAI SACANDO OS DIFERENTES OBXECTOS E DICINDO O SEU NOME.
Fíxate nesta imaxe...
5. CONVERSA CUN MIAOR SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DESTAS PERSOAS.
LE ESTA PALABRA
B A R R E R A
6. ¿QUE PASA NESTA FOTO?
__________________
MÉRCORES 20 DE MAIO DO 2020
Onte coñecemos a TOPITO... o pobre no conseguía controlar a súa enerxía. Hoxe imos coñecer a LORENZO, ¿Que lle ocorre a LORENZO?
1. MIRA O CONTO.
"EL CAZO DE LORENZO"
2. ESCRIBE O TÍTULO DO CONTO.
Como puidemos ver... LORENZO sempre arrastraba un cazo que non o deixaba facer moitas cousas. Con axuda aprendeu a utilizar o cazo para poder facer todo o que se propuxera...
3.Todo o mundo se fixaba no cazo de lorenzo e non vían nada máis. FAI A LISTA DOS NOMES DOS TEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLE E DI UNHA COUSA QUE CHE GUSTA DE CADA UN. Verás que todos MOLAN por unha cousa diferente.
un exemplo...
PABLO - DIVERTIDO
MARÍA - BROMISTA
ÁLEX - LARPEIRO
...
4. ENUMERA A TODOS OS NENOS E NENAS DA LISTA.
un exemplo...
1. PABLO - DIVERTIDO
2. MARÍA - BROMISTA
3. ÁLEX - LARPEIRO
...
Observa a seguinte foto
É un neno en cadeira de rodas.
4. PENSA UN POUCO, ¿QUE COUSAS PODERÁ FACER E QUE COUSAS NON?
Deberías saber que unha persoa en cadeira de rodas PODE CHEGAR A FACER TODO AQUELO CANTO QUEIRA.
Aquí presentámosche a un MESSI sobre rodas. En cadeira de rodas tamén se pode xogar ao FÚTBOL.
Deberías saber que unha persoa en cadeira de rodas PODE CHEGAR A FACER TODO AQUELO CANTO QUEIRA.
Aquí presentámosche a un MESSI sobre rodas. En cadeira de rodas tamén se pode xogar ao FÚTBOL.
__________________
MARTES 19 DE MAIO DO 2020
Resulta que TOPITO era un neno moi movido, non para en todo o día, non é capaz de atender ás explicacións da profe na escola... ¿Queres coñecer a Topito? Aquí tes o conto...
1. A TOPITO costáballe moito controlar a súa enerxía, pero ao final consigueo e descubre que é o que máis lle gusto do mundo enteiro. ¿QUE É O QUE MÁIS LLE GUSTA FACER A TOPITO? ESCRIBE O NOME DA PROFESIÓN.
2. FAI UN PASTEL COMA O DE TOPITO. MIRA O VIDEO EN COMPAÑÍA DUN MAIOR E VAI FACENDO A LISTA DE INGREDIENTES E ANOTANDO TAMÉN AS CANTIDADES DE CADA UNHA DAS COUSAS.
3. BERTA é o nome da PROFE que polas tardes axuda a TOPITO a controlar a súa enerxía. ESCRIBE TI O NOME DE TODOS OS E AS PROFES QUE VAN Á ESCOLA DE CAAMAÑO. IDENTIFICA CAL É O QUE TEN MÁIS E MENOS LETRAS.
Fíxate neste logo..
Este fermoso e colorido logo é da Asociación Ambar.
4. FÍXATE BEN E IDENTIFICA AS LETRAS PRESENTES NO LOGO... COIDADO... SON MINÚSCULAS!!!
5. O LOGO DE AMBAR ESTÁ DECORADO CON ALGUNHAS POMPAS DE COLORES VERDES E AMARELAS, ¿SABERÍAS DICIR CANTAS HAI DE CADA COLOR? LOGO SUMA.
A ASOCIACIÓN AMBAR está en FRIÓNS. É un lugar onde axudan a persoas como TOPITO, alí hai moitos e moitas profes coma BERTA que axudan as persoas que o precisan.
6. UTILIZA O GOOGLE MAPS DO TELÉFONO DUN MAIOR E COA SÚA AXUDA INTRODUCE O NOME DA "ASOCIACIÓN AMBAR", LOCALIZA ONDE É FRIÓNS E INDAGA QUE COUSAS OU LUGARES HAI CERCA QUE COÑEZAS (SEMPRE CA AXUDA DUN ADULTO QUE CHE AXUDE A INTERPRETAR O MAPA E QUE CHE DE PISTAS DESES LUGARES).
No hay comentarios:
Publicar un comentario