martes, 24 de octubre de 2017

CREA MATERIAL DE AULA DE FORMA RÁPIDA E ECONÓMICA

Nesta nova entrada deixámosvos 3 exemplos de material que podemos crear para a nosa casa, ou para a nosa aula, dunha forma fácil, rápida e moi económica.

PUZZLE XEOMÉTRICO

Empregando cartulina de colores e unhas tesoiras crearemos de forma rápida un puzzle de formas xeométricas para que os nenos e nenas poidan traballar e aprender con el. Fomentaremos o desenvolvemento das capacidades relacionadas coa lóxica-matemática e a autonomía. A complexidade da actividade pode nivelarse segundo o número de pezas incluídas no xogo. Promoveremos o razoamento do nenos se aumentamos o número de pezas e simplificarémolo si este número se ve reducido, e as opcións para completalo son menores.


ATA CORDÓNS
É este un recurso moi útil nas aulas de infantil, xa que o abotoado e o atado dos cordóns son dúas accións básicas no día a día dos nenos. Contar con este recurso e ensinarlle ós nenos/as a empregalo e a executar a actividade dunha forma correcta, conlevará unha maior autonomía para el, nunha actividade que realiza a diario.

GUSANO NUMÉRICO
O gusano numérico serviranos para que os nenos traballen a numeración e reconto. O gusano poderá ter tantos círculos e fichas como se desexe para complicar máis ou menos a actividade. As variantes para a súa utilización son diversas. Podemos deixar que os nenos/as completen a serie numérica do 1 ó 9 para comezar. Posteriormente podemos propoñerlle que a serie numérica sexa realizada á inversa, do 9 ó 1. Outra proposta pode ser dispoñer sobre o gusano algunhas das fichas numeradas, e que os nenos/as completen os ocos que faltan de forma correcta. Unha variante para esta última opoción, sería colocar as fichas numéricas sobre o gusano de forma incorrecta, para que eles/as fagan as correcións oportunas por si sós.



No hay comentarios:

Publicar un comentario