miércoles, 25 de octubre de 2017

ISLANDIA



WEBQUEST SOBRE ISLANDIA



INTRODUCIÓN


Familias:

Atopádesvos nunha webquest adicada a Islandia. Imos a utlizar a ferramenta webquest para aprender moitas cousas sobre este fermoso e extraño país... ISLANDIA. Traballar a través de webquest supón que os nenos/as empreguen recuros relacionados con iternet para aprender novas cousas. Imos precisar da vosa colaboración, xa que si o desexades, podedes facer que os nenos e nenas cheguen ó cole con moitas ideas da casa, xa que vos darei a oportunidade de que traballedes con eles parte dos contidos que posteriormente veremos no cole. Tan só tedes que ir ó apartado de TAREAS para ver que é o que tedes que facer, e ó de RECURSOS para visionar o material relacionado con cada tarea. Moitas gracias pola vosa colaboración.

dende que comezamos...


Coñecemos algun dos lugares máis característicos de Islandia. Descubrimos Reikiavik, a cidade do pirarta Runnar, e coñecemos a igrexa de Hillgrumir.
Coñecemos o geiser de Haukadalur.
Adentrámonos no rio de lava de Holuhraun.
Tocamos as areas negras da praia de Dyrholaos
...

TAREAS


En VERMELLO as tareas para relizar na casa en familia, si o desexades e tedes oportunidade. Busca aquelas que non estén realizadas.

Os RECURSOS podedes atopalos ó rematar o apartado de TAREAS.

Botade unha ollada tamén ás actividades relizadas durante estas dúas últimas semanas na aula.


ACTIVIDADE 1. REALIZADA
Dalle ó PLAY neste video e os nenos/as descubrirán cal é a misteriorsa personaxe que nos visitará o luns na clase e nos ensinará moitas cousas sobre ISLANDIA. Dádelle ó play e deixade que os nenos vexan o video dende que o folio está en blanco, para que pouco a pouco descubran de que se trata. 
(RECURSO 1)


ACTIVIDADE 2  REALIZADA
Pincha sobre a imaxe para que os nenos/as coñezan á nosa personaxe misteriosa e o seu nome.  
(RECURSO 2)

ACTIVIDADE 3 REALIZADA
Déixovos un video de 4 minutos sobre diferentes razóns polas que Islandia resulta ser un país moi interesante. Podedes velo, escoller unha de todas esas cousas, a que consideredes, e contarlla como curiosidade ó voso neno/a. Recordade, escollede unha única cousa para non confundilos con demasiada información. 
(RECURSO 3)


ACTIVIDADE 4 REALIZADA

Nun folio en branco os nenos/as deberán debuxar o tempo que fai en Islandia o sábado e o domingo. Se chove debuxarán nuves e choiva, se fai sol un sol... Anotarán á súa vez a temperatura que fai nese momento en Islandia. Para realizar esta actividade debedes empregar o recurso aqui indicado.
(RECURSO 7)
Traballo realizado por M. M. L Coa axudas dos seus familiares analizou dende a súa casa o estado do tempo en Islandia o sábado 11 de novembro. Identificando que era un día de choiva no que a temperatura máxima foi de 3 graos. 
Traballo realizado por B.S.F. Dende a súa casa e empregando o noso blog, analizou a temperatura en Reikiavik, Islandia. O domingo 12 de novelmbro a temperatura foi de -2 graos e no ceo lucía o sol. B.S.F, aproveitou para representar a Igrexa de Hallgrínur de Reikiavik.

ACTIVIDADE 5  REALIZADA
Descubride da man dos nenos que é unha casa de turba. Podedes ver un pequeno video no recurso 9, ademáis dunha foto da casa do pirata Runnar.
(RECURSO 9)
M.M.L veu na casa o video sobre as casas de turba, e despois de traballalas durante toda a semana no cole, decideu por iniciativa propia, debuxar a súa propia casa islandesa.

ACTIVIDADE 5  REALIZADA
Sabedes o que é un Geiser?? Pois se non o sabedes podedes descubrilo no recurso 10. O vindeiro luns falaremos sobre os Geiser, xa que en Islandia hai uns cantos.
(RECURSO 10)
M.M.L debuxou este geiser, despois de ver con seus pais o video do geiser islandés de Haukadalur. Bo traballo!!


En AZUL tareas que os nenos levarán a cabo na aula a partir de agora, en base ó traballado na casa.
(Iremos añadindo imaxes das diferentes actividades segundo se vaian realizando)

SEMANA DO LUNS 30 DE OUTUBRO Ó VENRES 3 NOVEMBRO 

ASAMBLEA
 - A quen coñecéchedes este fin de semana? De onde ven?
Coñecemos a RUNNAR e o seu país, ISLANDIA. Traballamos o cocepto de ILLA, observamos unha imaxe aérea de Islandia para comprobar o que é unha illa. Introducimos de cara a outras actividades a existencia de VOLCÁNS na illa.
-Consultamos o tempo en Islandia.
-Vemos Islandia en directo a través dunha webcan situada en Reykjavik.
-Descubrimos que moi cerca de nós tamén hai illas, coñecemos CÍES, ONS, SÁLVORA e CORTEGADA. 

Estes son algúns dos conceptos que os nenos trouxeron da casa. Runnar é un pirata que ven dende unha illa lonxana. Esa illa chámase ISLANDIA. Nela hai moitas cousas, entre elas, volcáns, moito xeo, a algunhas piscinas de auga quente.


RECANTO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1
Realización dun mural exterior no corredor do cole. Neste mural imos representar 4 illas próximas a nós, Cíes,  Ons, Sálvora e Cortegada. Acabamos de coñecer a RUUNAR o pirata que ven dende ISLANDIA. De Islandia o primeiro que coñecemos e que é unha ILLA, por iso decidimos representar nun mural algunhas das illas máis características da nosa xeografía. 

Traballamos no mural do corredor no que representaremos 4 das illas próximas ás nosas casas, Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
 

RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2
Sobre un mapa mundi impreso polo mestre, sinalamos ISLANDIA e GALICIA/ESPAÑA. Trazamos unha recta entre ambos lugares. Medimos en cm e cunha regra a distancia entre ambos puntos. Recordamos o país que descubrimos o curso pasado, POLONIA. Sinalamos POLONIA no mapa e trazamos unha recta dende Galicia/España. Medimos dita recta. Comparamos as 2 rectas e repasamos con rotulador vermello a recta máis longa e con azul a recta máis curta.



Identificamos Islandia, España e Polonia, trazamos pontes entre os diferentes países e medímolos.


RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3
Actividade impresa. Sobre un volcán desparramadas aparecen diferentes letras. Os nenos deberán identificar e rodear aquelas que están presentes na palabra ISLANDIA. Na base do volcán escribirán a palabra VOLCÁN. Unha vez escrita buscarán se algunha das letras desta palabra coincide con algunha das dos seu nome. Si é así, no reverso do folio trazarán dita letra, e posteriormente compoñerana sobre o folio con plastilina.



 

RECANTO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4 (RECURSO 4)
Acudimos ó recanto do ordenador e accdemos ó noso blog. Buscaremos o apartado de recursos onde atoparemos o enlace que leva a GOOGLE MAPS. Nesta plataforma introduciremos o nome de ISLANDIA para poder atopalo. Imprimimos a imaxe e pegámola sobre unha cartulina. Na imaxe recoñeceremos as principais características dunha illa, "un pedazo de terra rodeada de auga". Escribimos a palabra ILLA.



________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________


ACTIVIDADES DE AULA SEMANA DO LUNS 6 Ó VENRES 10 DE NOVEMBRO


ASAMBLEA
Empregamos a PDI para viaxar ata ISLANDIA. O encargado/a utilizará "Google Maps" para que viaxemos ata esta illa e fagamos unha visita a vista de satélite a un lugar moi especial HOLUHRAUN. Descubrimos que en Islandia hai un rio de lume. 
RECURSO 5
Consultamos o tempo en Islandia.
 RECURSO 7
Vemos Islandia en directo a través dunha cámara web.
 RECURSO 6


RECANTO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1
Continuamos coa realización do mural no corredor exterior anexo á nosa aula. Rematadas as illas, proseguimos coa súa identificación. Escribimos os seus nomes e pegamos un cartel identificativo. Pintamos o mar empregando témpera e esponchas. Identificamos este mar como o Océano Atlántico, o mesmo mar que baña as nosas illas, é o que baña Islandia. Escribimos as palabras Océano Atlántico.
Iniciamos un novo mural no que representamos Islandia.




RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2
Completa o debuxo do volcán coloreando cada número da cor indicada.



RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3 
Atopámonos unha paisaxe na que observamos un rio. Coloreamos para representar un rio de lava como o que coñecemos de Islandia. Debaixo do rio de lava atopamos 4 palabras. Rodeamos as palabras axeitadas para describir a paisaxe ante a que nos atopamos.





RECANTO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4
Acudimos ó recanto do ordenador. Empregamos os enlaces para analizar o tempo en Islandia e comparalo co tempo da Pobra do Caramiñal. Rexistramos os datos optidos, debuxamos o tempo atmosférico, establecemos a temperatura en graos e comparámolas.



_____________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________

ACTIVIDADES DE AULA DO LUNS 13 Ó VENRES 17 DE NOVEMBRO

 ASAMBLEA
-Recordamos algúns dos principais conceptos traballados ata o de agora sobre Islandia: Illa, volcán, río de lava, xeo... Observamos os traballos realizados polos nenos durante o fin de semana, e os datos rexistrados.

-Descubimos Dyrholaos, unha das praias de areas negras de ISLANDIA.
 (RECURSO 8)

- Conectamos en directo con Reykjavik, a vila de Runnar, para ver que tempo nos atopamos.  
(RECURSO 6)

-Observamos o estado do tempo en ISLANDIA.  
(RECURSO 7)


 RECANTO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1.

Continuamos coa realización do mural exterior da aula. Rematado o mapa das illas galegas, Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, centrámonos agora na realización dun mapa de Islandia. Observaremos e representaremos as zonas de vexetación marcadas coa cor verde, e representaremos as zonas actualmente xeadas en Islandia, empregando papel hixiénico e auga con cola. 
 

RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2.

Imos analizar o tempo que se deu en Islandia durante os últimos días en Islandia. Para realizar esta actividade teremos en conta os datos recollidos na casa polo nenos, realizalndo a actividade proposta. Analizaremos tanto o estado do ceo, como as temperaturas. Rexitraremos e observaremos, buscando as temperaturas máis altas e máis baixas. Contaremos os días de choiva, o días de neve, os días de sol... 
(RECURSO 7) 


RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3
Localiza na tormenta das palabras todas aquelas palabras relacionadas co centro de interese que estamos traballando. Escolle 2 destas palabras e representaas gráficamente (debuxo libre). Fai un reconto de todas as cousas que coñeces de Islandia tendo en conta as palabras recoñecidas dentro da tormenta.


RECANTO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4
Facemos un obradoiro no que coñecermos a praia de Dyrholaos, unha peculiar praia na que nos atopamos area negra.
(RECURSO 8)


_____________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________

ACTIVIDADES DE AULA DO LUNS 20 Ó VENRES 24 DE NOVEMBRO

 ASAMBLEA
- Recordamos algúns dos lugares máis característicos de Islandia:

- Dyrholaos, unha das praias de areas negras .
 (RECURSO 8)

- Holuhraun, rio de lava.
(RECURSO 5)

- Saímos ó corredor a observas o noso mural das illas. Descubrimos que todas elas están rodeadas por un mesmo mar. O Oceano Atlántico.

-Observamos as principais características das casas típicas islandesas. Coñecemos a casa do pirata Runnar, e descubrimos as casas de Turba.
(RECURSO 9)

-Observamos o estado do tempo en ISLANDIA.  
(RECURSO 7)

Esta semana en base ó descubrimento da casa de Turba do pirata Runnar en Reikiavik, traballaremos contidos relacionados coas partes da casa e as tarefas do fogar.


 RECANTO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1.

Realizamos un obradoiro no que representaremos en miniatura as casas de Turba. Empregaremos depresores, cartulina, pegamento, tesoiras e rotuladores.


Casa Turba rematada


RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2.

Observa a imaxe do recurso 9, "casas turba" e atopa o número total de cada un destes elementos: xanelas, portas, e bandeiras. A continuación realizamos unha nova actividade na que teremos que facer agrupamentos a partir das cantidades traballadas na actividade impresa anterior.

RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3

Identifica os diferentes lugares da casa que aparecen na actividade impresa. Escribe o seu nome. Relaciona cada un dos obxectos da lista co seu lugar na casa.





RECANTO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4

Tarefas do fogar.
Realizamos diferentes actividades relacionadas coas tareas do fogar. Lavamos os vasos da merenda con auga e xabrón. Ordeamos o armario dos disfraces colocando cada prenda na súa caixa e na súa percha.



__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________


ACTIVIDADES DE AULA DO LUNS 27 DE NOVEMBRO Ó VENRES 1 DECEMBRO


 ASAMBLEA

- O tempo en Islandia
(RECURSO 7)

-Islandia en directo desde Reikiavik
(RECRUSO 6)

-Alguén sabe o que é un Geiser? Posta en común.
Observamos os videos sobre o Geiser recollidos no recurso 10
(RECURSO 10)

-Un Geiser no patio do cole. Creamos un conxunto de geiseres no noso areeiro do patio do cole. Unha vez rematado, por pequenos grupos, accionaremos todos e cada un dos geiseres colocados.
(Empregaremos gaseosa. mentos e sal)





RECANDO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1
Representamos un geiser sobre papel continuo. Empregamos pinceis, rodillos e acuarelas.
Posteriormente levamos a cabo unha actividade impresa na que con pegatinas completaremos os diferentes chorros dun geiser. Identificaremos cal é o chorro con máis pegatinas, e cal é o que ten menos.


RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2
No recanto dos números os nenos/as realizarán unha actividade na que terán que traballar con tiras de papel de diferentes medidas de lonxitude. Sobre un folio representarán 5 geiseres. Deberán ordenar as tiras que representan o chorro de auga, da máis pequena  á máis grande. Unha vez ordeadas atendendo á súa lonxitude, utilizarán a regla para medilas.


RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3
Os nenos/as recollerán no rincón unha tarxeta cunha palabra islandesa, HAUKADALUR. Deberán acudir ó recanto do ordenador para acceder a internet e buscar unha imaxe representativa deste lugar e imprimila, para así descubrir de que se trata. Xa de volta no recanto, pegarán a imaxe na metade dun folio, e na outra metada tentarán representar a través dun debuxo a imaxe que están observando. Finalmente escribirán a palabra Haukadalur ó pé da primeira imaxe, e a palabra geiser ó pé do debuxo creado por eles/as.




RECANTO DO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4
Creamos neste rincón o noso propio geiser. Empregaremos probetas, gaseosa e mentos. Cada cativo/a accionará o seu propio geiser, empregando os 3 recursos de forma autónoma. Posteriormente faremos un rexistro dos pasos a seguir para o correcto funcionamento do geiser tomando nota con lápiz e papel.




_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES DE AULA DO LUNS 4 Ó VENRES 15 DE DECEMBRO
 ASAMBLEA

- O tempo en Islandia
(RECURSO 7)

-Islandia en directo desde Reikiavik
(RECRUSO 6)

-Descubrimos as Auroras Boreales.
(RECURSO 11)


RECANDO DOS ARTISTAS: ACTIVIDADE 1
Imos a representar unha "Aurora Boreal" no recanto dos artistas. Para elo, empregaremos leite enteira, colorante, xabrón líquido e bastonciños para a limpeza das orellas.
Os nenos/as irán introducindo nun plato os diferentes elementos e xogarán a crear a súa propia Aurora Boreal experimentando coa fusión das cores. Posteriormente realizarán un rexistro dos recursos utilizados para  a realización desta actividade.




RECANTO DOS NÚMEROS: ACTIVIDADE 2
Imos empregar as cores da Aurora Boreal para levar a cabo unha actividade con auga de cores. Os nenos/as do recanto deberán traballar de forma conxunta para conseguir rellenar cada un dos botes que teñen ante sí con auga. Cada un dos botes terá unha tarxeta asociada na que se recollerá a medida ata que deben rellenar cada un deles con auga. Unha vez están todos os botes cheos, tintarán cada un deles con un colorante de cada cor. Finalmente analizarán de que cor hai máis e de que cor hai menos, coloreando unha cinta de maior ou menor tamaño segundo a cantidade de auga de cada cor.


RECANTO DAS LETRAS: ACTIVIDADE 3
O mestre vainos contar neste recanto dúas lendas sobre o porqué se forman as Auroras Boreales. Unha das lendas fala que é un raposo o que correndo veloz e rápido sobre a neve, arrastra a súa cola de forma que gracias ó contacto desta coa neve, xorden chispas de cores. Outra das lendas que nos contará o profe no recanto das letras, fala sobre as baleas. Dita lenda explica que son as baleas as que crean as Auroras Boreales, gracias ós seus chorros de auga de cores.
Unha vez escoitadas as dúas lendas, escolleremos a que máis nos gusta, e traballaremos sobre un debuxo ou dun raposo ou dunha balea. Escribiremos as palabras axeitadas para explicar o que estamos representando no debuxo. Finalmente, crearemos unha Aurora Boreal sobre o animal escollido, empregando confeti de cores.


RECANTO "FAINO TI SÓ": ACTIVIDADE 4
Neste recanto os nenos deberán recopilar o material necesario para a execución da tarea. Cartulinas negras, témpera e pinceles. Sobre a cartulina representarán unha Aurora Boreal na que mesturarán diferentes cores. Unha vez finalizada a tarea serán os propios nenos/as os que se encarguen de limpar e ubicar o material no seu lugar correspondente.

 _____________________________________________________

  

RECURSOS


RECURSO 1


RECURSO 2



RECURSO 3
 


RECURSO 4




RECURSO 5

 



RECURSO 6

 



RECURSO 7



RECURSO 8

PRAIA DE DYRHOLAOS 
(PRAIA DE AREAS NEGRAS)
#Do minuto 2 ao minuto 3.



RECURSO 9

A CASA DO PIRATA RUNNAR

DESCUBRIMOS QUE AS CASAS ISLANDESAS CHÁMANSE "CASAS DE TURBA"

 


 RECURSO 10

GEISER EN ISLANDIA

QUE E UN GEISER? DEBUXOS ANIMADOS


RECURSO 11
AURORA BOREAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario