miércoles, 22 de noviembre de 2017

MÁIS QUE CONTOS...

MÁIS QUE CONTOS


Nesta nova entrada poderedes atopar moitas ideas para disfrutar dos contos cos nenos e nenas. Os contos non rematan cando pasamos a súa última páxina, cos contos podemos facer un sin fin de actividades, xogos...

Nesta entrada iremos subindo ademáis as imaxes de material realizados polos nenos e nenas a partir da lectura de contos, tanto no cole como nas súas casas.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES POSTERIORES Ó CONTO


EXEMPLO DE ACTIVIDADE 1
"Personaxe dun conto como portagonista doutro conto ou situación"
É unha boa idea escoller o personaxe que máis nos gustou dun conto e situalo noutro contexto ou situación. Podemos imaxinar por exemplo ó pequeno pitiño Cocorico, como protagonista do ocnto de "Lobo Feroz", sendo un pito famento que pretende comerse a todo canto animal se pon ó seu paso. Ademáis de imaxinalo, podemos representalo, podemos falalo cos nenos/as, e que eles/as mesmos/as vaian contando a nova historia. Si o que queremos é representalo, podemos debuxar o personaxe que desexamos, recortala, e pegala sobre un novo contexto, debuxandoo nun novo conto, poñendoo sobre unha postal dun lugar que nos guste, como protagonista dunha noticia do periódico... esta opción ten multitude de opcións, e todas elas válidas.

EXEMPLO DE ACTIVIDADE 2
"Ata aquí podo contar"
Podemos empregar o conto como unha ferramenta coa que traballar o desenvolvemento da imaxinación e a creatividade por parte dos nenos/as.
Unha primeira situación sería ensinarlle o conto e partir da lectura do seu título e de observar a súa portada, os cativos/as deberán argumentar que creen que pasa nesta historia. Para tentar axudalos un pouco máis na formulación das súas hipóteses, nun segundo momento, podemos deixarlle ollar o contido do conto de forma rápida.
Unha segunda opción sería ler o conto ata o punto que consideremos e chegado este momento deter a lectura, e invitar ós nenos a que continúen o conto.
Unha última proposta sería contar o conto ata o seu desenlace pero sen desvelalo, para que sexan os nenos os que lle den o final desaxado ó conto.
Todas estas propostas serán posteriormente pechadas coa lectura do conto, e coa comparación da situación narrada na historia e a formulada polos nenos coa súa imaxinación.

ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS NENOS/AS

C.S.M
"Unha eiruga moi larpeira"
Bolboreta
C.S.M empregou goma eva con purpurina para representar unha bolboreta. A bolboreta é a protagonista do final da historia narrada no conto "Unha eiruga moi larpeira".



Traballo Grupal
"Primeira semana na escola de vacas"
Os nenos/as representaron despois da lectura deste conto, a aula da escola de vacas narrada no conto. Empregaron un depresor, acuarelas, cartulina, ollos adhesivos e un botón para facer as vacas e o pitiño.



M.A.S.B
"Lobo feroz"
Animais protagonistas do conto
M.A.S.B  leu en familia o conto de "Lobo feroz" e a continuación fixo diferentes debuxos nos que representou as diferentes personaxes da narración, o lobo, a ovella, a vaca, o burro e a cabra entre outros dos descritos no conto.



M.A.S.B
"Palabra de cocodrilo"
Protagonistas do conto
"Palabra de cocodrilo é un conto onde se narra a historia de Bamako, un neno que decide confiar nas promesas dun cocodrilo... Terás que lelo para saber si o cocodrilo é de fiar e cumple as súas promesas, ou pola contra é un mentireiro. M.A.S.B representou ao cocodrilo e a Bamako a través dun debuxo, despois da lectura do conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario