XOGAMOS E APRENDEMOS
Neste nova entrada engadimos 3 videos nos que observar como empregar diferentes recursos para xogar e aprender.
Matrioskas.
Xoguemos en primeiro lugar a abrilas e contar cantas hai. Posteriormente ordeámolas da menor á maior, e podemos facelo tamén da maior á menor. A continuación separaas en dous grupos, partes superiores e partes inferiores, para de seguido facer 2 torres colocando as partes máis grandes na base e as máis pequenas na parte superior. Conta o número de pezas que compón cada torre.
Regletas
Este recurso ten un sin fin de usos. Aqui deixamos un video con 3 variantes moi sinxelas. Conta o número de regletas. Posteriormente ordeaas de menor a maior. A continuación compón unha torre colocando á máis longa na parte inferior e sigue a serie ata a máis pequena que colocarás na parte superior. Posteriormente realiza a torre á inversa, coa peza máis pequena ou curta na súa base, este último paso... só apto para os máis habilidosos.
Baralla numérica.
Coa baralla numérica propoñemos 4 actividades diferentes. As dúas primeiras son sinxelas, canto menos a primeira parte, seria as cartas dende o 0 ata o 9. A continuación realiza a actividade á inversa, dende o 9 ata o 0. De seguido coloca as cartas boca abaixo e vai dándolle a volta asociando cada unha delas á cantidade de elementos correspondente. Por último, escolle 2 cartas e coloca o seu carón tantos elementos como indica o seu número, realiza unha sinxela suma e escolle a carta que representa o conxunto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario