martes, 4 de diciembre de 2018

OUTONO EN CAAMAÑO

OUTONO EN CAAMAÑO

Novembro 2018



Chegou o outono a Caamaño e por ese motivo na nosa escola estivemos desenvolvendo un proxecto onde esta estación foi a protagonista.

Folerpa foi a encargada de ir introducindo nas asambleas distintos recursos, palabras, imaxes... relacionadas co outono. Seguimos iniciándonos na programación e na robótica e á súa vez, traballamos contidos relacionados co proxecto no que nos centramos neste momento.


Folerpa foi a encargada de deixar sobre o seu taboleiro distintas letras que tivemos que ir recollendo co fin de compoñer unha palabra, OUTONO. Cada un compuxo e escribeu a súa.



Coas piñas tan típicas do outono levamos a cabo un obradoiro de expresión artística nas que convertimos estas en curuxas. Cada un e cada unha empregou as cores que máis lle gustaron para elaborar a súa.


Houbo un día no que Folerpa amenceu cun remolque amarrado ao seu traseiro. Con este remolque foi recollendo todas as castañas que apareceran sobre o seu taboleiro. Como facemos para ir recollendo todas as castañas? Cantas xuntamos ao final? Poderá con todas á vez ou repartímolas en varios viaxes? si o facemos? cantas levará en cada viaxe?



Coas castañas levamos a cabo distintas actividades nas que desenvolvemos contidos relacionados coa lectura, a escritura ou a lóxica-matemática.


Sobre a mesa ian aparecendo cartóns con distintos números que nos indicaban cantas castañas tiñamos que coller da bandexa. Os números ían rotando e a cantidade de castañas que colliamos de cada vez ían variando.




Coas castañas tamén levamos a cabo medicións, pois un día Rato e máis Lura deixáronnos no medio da aula unha caixa chea de leña. Cada un de nós colleu un pequeno tronco para medilo. Medímolo empregando castañas as cales iamos poñéndoas en fila formando unha ringleira, canto mide o teu tronco?



Sobre as castañas tamén escribimos os nosos nomes. Primeiro recollemos tantas castañas coma letras ten o noso nome. Despois escribimos en cada castaña unha letra. Cando xa tiñamos o traballo feito "o vento bandido" non nos esfarrapou o vestido coma a Cebra Camila, pero si nos mezclou as nosas castañas coas dos nosos compañeiros/as. Entre todas elas tivemos que atopar as nosas letras para compoñer de novo o noso nome.



Coa leña que nos trouxeron Rato e Lura creamos un xogo de construción, con el creamos distintas composición e levamos a cabo a representación de entre outras cousas, do esquema corporal.



Coa leña levamos a cabo tamén un obradoiro de troncos tribais.





Rato e Lura sonche amigas de traer para o cole todo canto se lle ocorre, por ese motivo houbo un día que trouxeron unhas olas de barro. Con elas fixemos distintas actividades, unha delas chamouse "Castañas á ola". A baralla numérica ianos indicando o número de castañas que tiña que haber dentro da ola, polo que nós tiñamos que añadir ou sustraer as que fixesen falta segundo o número que nos tocara.



As olas servíronnos tamén como recurso para levar a cabo unha actividade chamada "Caldo de letras". Dentro da ola atopamos moitas letras, un auténtico caldo de letras, das que tiñamos que ir retirando as necesarias para ir compoñendo palabras propias do outono como, LEÑA, CASATAÑA, MAGOSTO, OUTONO ou COGOMELO.




Estas mesmas palabras foron as mesmas que empregamos para levar a cabo unha actividade na que fixemos unha composición con depresores coa que pretendiamos representar unha folla de outono. En cada depresor escribimos unha palabra.



E como de outono iba o proxecto fixemos tamén un pequeno obradoiro no que plasmamos con acuarelas as cores máis características desta época do ano.



Outono, tempo de cogomelos. Saímos a pasear por Caamaño na procura de Cogomelos. Para poder identificalos previamente entre todos descargamos unha aplicación coa que poder obter máis información. Fomos moi equipados con guantes para poder recoller os cogomelos e unha caixa de cartón para poder gardalos.






O obxectivo era atopar cogomelos pero ben e certo que no camiño vimos ovellas, cabalos, fontes e ríos... fartámonos de camiñar e de explorar para ensinarlle ao profe o fermoso que é este lugar.


Remata aqui esta a entrada, a seguinte versará sobre todos os nosos achádegos sobre a figura do Apalpador


1 comentario: