O COLE NA CASA 13. COMEZAN AS VACACIÓNS
VENRES 3 DE ABRIL DO 2020
HOXE, EN CONDICIÓNS NORMAIS, NA ESCOLA DE CAAMAÑO ESTARIAMOS COS PREPARATIVOS FINAIS PARA A REPRESENTACIÓN DA NOSA OBRA DE TEATRO, XEITO NO QUE PORIAMOS O BROCHE FINAL AO SEGUNDO TRIMESTRE. COMO NON PUIDO SER, IMOS REMATAR VENDO UNHA OBRA DE TEATRO DE "A XANELA DO MAXÍN".
___________________
OBRA DE TEATRO
A XANELA DO MAXÍN:
"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA".
COMO NOS ATOPAMOS NO ÚLTIMO DÍA DE ESCOLA DO SEGUNDO TRIMESTRE, QUEREMOS REMATAR CON PROPOSTAS TOTALMENTE LÚDICAS, TAL E COMO FARIAMOS SI HOXE PUIDÉSEMOS ESTAR NA ESCOLA.
___________________
XOGOS
CARREIRAS DE VASOS
DESPRAZA UN VASO DE PLÁSTICO SOPRANDO A TRAVÉS DUNHA PALLIÑA. PODES XOGAR SÓ OU ACOMPAÑADO. SI O FAS ACOMPAÑADO PODEDES FACER CARREIRAS DE VASOS.
PICTIONARY CASEIRO
DEBUXA NUNHA PIZARRA OU NUN FOLIO PARA QUE OUTROS INTENTEN ADIVIÑAR QUE É O QUE ESTÁS DEBUXANDO. LOGO FAINO AO CONTRARIO, QUE DEBUXEN PARA TI E SERÁS TI O QUE INTENTE ADIVIÑAR O DEBUXO.
MÍMICA
REPRESENTA A TRAVÉS DE XESTOS E MOVEMENTOS UN ANIMAL, UN OFICIO... E INTENTA QUE O RESTO DE XOGADORES ADIVIÑEN QUE ESTÁS FACENDO. MOITO OLLO!!! XA QUE NON PODES DICIR NIN UNHA SÓA PALABRA.
___________________
CANCIÓNS
MIGALLAS: "CANCIÓN PARA LAVAR AS MANS"
MARÍA FUMAÇA: "O GALO CANTA"
MIGALLAS: "DIME QUE FIXECHES"
PACO NOGUEIRAS: "MEU O MUNDO É"
No hay comentarios:
Publicar un comentario