lunes, 13 de abril de 2020

PROXECTO GALICIA CALIDADE

PROXECTO GALICIA CALIDADE

Continuamos con este proxecto en formato "webquest", que está sendo desenvolto a distancia polos nenos e nenas e as súas familias.
Neste mesmo fío imos añadindo cada día novas propostas de traballo arredor da cultura tradicional galega, gastronomía, baile, festas, costumes...
Este proxecto culminará coa celebración do día das LETRAS GALEGAS o vindeiro 17 de maio.

CONTINUAMOS!!!


GALERÍA DE IMAXES E VIDEOS DAS EXPERIENCIAS, CREACIÓNS E APRENDIZAXES DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA



BFL mándanos unha instantánea na que podemos ver como pouco a pouco se achega á lectura e á escritura, a través de palabras relacionadas co centro de interese do noso proxecto.


TOL mándanos unha foto da creación que levou a cabo coa súa FILLOA.


Antes do confinamento a MSR gustáballe saír a pasear na súa bicicleta. Agora Mándanos este video na que a podemos ver nun dos seus paseos. Nel puido ver dous FAROS situados no porto de Porto do Son.


Dende Meira en Lugo moi preto do nacemento do río MIÑO no Pedregal de Irimia mándannos esta foto para os nenos e nenas de Caamaño. En Meira hoxe tamén crearon o seu propio río con papel hixiénico dende a habitación ata a cociña. Nada máis e nada menos que 27 pasos medía este río.


NPV mándanos estas fotos na que a podemos ver debuxando o seu propio río.



ZPV mándanos tamén un par de fotos onde a vemos crear o seu propio río.



Aquí podemos ver os traballos de JGG, debuxando e escribindo moitos dos contidos traballados como os muíños ou os faros.


MHR debuxando e escribindo o nome do Río Miño e do queixo de Arzúa. 

JGG cortando lonchas de queixo para facer unha actividade de lóxica-matemática. 

MSR creou o seu propio río. Deixou voar a súa imaxinación deixando atrás a idea do papel hixiénico e buscou outros recursos.


IQO debuxando o río Miño.


TOL facendo o deseño dos seus propios zocos.


IQO deseña as súas zocas.


MSR envianos un debuxo no que describe que é o que máis lle gusta facer coa súa nai. Realizou así unha das propostas elaboradas a partir da figura de Rosalía de Castro.


MDM xa tivo a oportunidade de visitar a casa de ROSALÍA en PADRÓN!!! Foi en outubro do 2019. Envianos unha foto onde podemos vela visitando a casa na compañía de sue irmán.


Aqui podemos ver a casa que JGG creou con axuda de súa irmá a partir de coñecer a casa de ROSALÍA.


Un BFL do máis traballador mándanos esta foto da súa gran casa.


A ponte que cos seus libros fixo MSR para chegar ata a illa de Sálvora.

 A ponte para chegar a Sálvora de BFL.

JGG recolectou unhas cantas flores e fixo a súa propia composición.

MSR localizou un CRUCEIRO cerca da súa casa.


FRM envianos esta foto traballando e aprendendo moito.


JGG envianos unha foto das súas actividades sobre Elena Ferro.


JGG ensínanos como levou a cabo unha actividade de lóxica-matemática numerando anacos de papel, e tamén como fixo o sue propio puzle/mapa de GALICIA.



JGG camiña sobre unha corda para contabilizar os pasos e saber cal é a súa lonxitude.


TOL localizou no seu propio mapa de Galicia a cidade de A CORUÑA. Logo debuxou un transatlántico que o vai levar ata TENERIFE.


FRM contabiliza os tiburóns que aparecen na actividade impresa.
Ensínanos a súa peceira.
Traballa sobre o mapa impreso de Galicia.



JGG mándanos unha foto do seu gran TRANSATLÁNTICO


A pita de JGG e súa irmá na súa homenaxe ao conto de RICARDO CARBALHO CALERO.


BFL fixo unha pita coma a do conto de RICARDO CARBALHO CALERO.

_______________

VENRES 15 DE MAIO DO 2020

FERROL


Esto é FERROL, unha cidade de GALICIA.

1. LOCALIZA NO PUZLE DE GALICIA A PEZA NA QUE SE ATOPA FERROL. E COMO VES FACENDO SEMPRE, ESCRIBE O NOME DESA PEZA NA SÚA COR CORRESPONDENTE.
A Coruña - vermello


En FERROL naceu RICARDO CARVALHO CALERO.
Ricardo foi un escritor que escribeu moitos contos...


Todos os anos celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no que lle facemos unha festa a un escritor ou escritora. Este ano esa festa é para...
RICARDO CARVALHO CALERO.


2. ESCRIBE O TEU NOME CON APELIDOS E O DE RICARDO O ESCRITOR. DESPOIS CONTA CANTAS LETRAS TEN CADA UN. ¿QUEN TEN MÁIS?



Este é un conto que escibiu RICARO CARVALHO CALERO, chámase...
AS PITAS BAIXO A CHOIVA


3. ESCOITA E MIRA O CONTO







Esta é unha PITA coma as do CONTO de RICARDO.


4. FAI A TÚA PROPIA PITA CUN CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO OU DE COCIÑA.

_______________

XOVES 14 DE MAIO DO 2020

VIGO


Fíxate ben nesta foto...

1. ¿QUE CHE PARECE QUE É?

É un seto podado en forma de DINOSAURIO. Todo o mundo o chama DINOSETO, e como ves non está só... tamén está o pequeno DINOSETIÑO. 

O DINOSETO está en VIGO.

DINOSETO leva moito tempo ensinándolle aos nenos e nenas de VIGO a importancia de RECICLAR.
Como ben sabes xa que o fas sempre na escola, cada cousa que queremos tirar ao lixo ten o seu lugar e a súa cor. 

HOXE ESTATE MOI ATENTO NA CASA E INTENTA RECICLAR ATENDENDO ÁS CORES




2. ¿EN QUE PEZA DO PUZLE DE GALICIA ESTÁ VIGO? DILLE A UN MAIOR QUE CHE AXUDE.


3. ESCRIBE O NOME DA PEZA NA SÚA COR CORRESPONDENTE
Pontevedra - azul.


Fíxate ben nesta foto


Este é o PORTO de VIGO. Un porto é o lugar onde atracan e descansan os barcos. En PORTO DO SON tamén hai un PORTO, aínda que non é tan grande coma este.

No PORTO de VIGO atrancan grandes barcos que viaxan por todo o mundo.


Este é un gran BARCO dos que atracan en VIGO. Chámanse TRANSATLÁNTICOS, xa que fan grandes viaxes polos mares.


:::

O barco é un MEDIO DE TRANSPORTE xa que con el podemos viaxar a outros lugares.

4. IDENTIFICA O SON DOS DIFERENTES MEDIOS DE TRANSPORTE E CITA OS SEUS NOMES. TAMÉN PODES ELABORAR UN LISTADO DE TODOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE VAIAN APARECENDO.
5. SÓ UN DESTES BARCOS É UN TRANSATLÁNTICO, ¿SABERÍAS DICIR CAL É?



6. DEBUXA E COLOREA O TEU PROPIO TRANSATLÁNTICO

_______________

MÉRCORES 13 DE MAIO DO 2020

LUGO

¿Recordas este lugar?
Esta é a MURALLA de LUGO. Fíxose fai moitos anos para protexer dos ladróns a cidade de LUGO


1. ATOPA A PALABRA CORRECTA. NOME DA CIDADE ONDE SE ATOPA ESTA MURALLA.

LAGO

LEÓN

LUGO

LOBO



Este é un DEBUXO da MURALLA de LUGO.

Por enrriba da MURALLA hai un camiño polo que podes pasear.

2. TRAZA UN CAMIÑO CUNHA CORDA NO CHAN. PRIMEIRO CAMIÑA SOBRE EL E LOGO CONTA OS PASOS QUE MIDE.

Si non tes unha corda ou cordel podes facelo con papel hixiénico.


Estes son os tellados das casas de LUGO. ¿De que color son?



3. INVESTIGA CAL É A COR DO TELLADO DA TÚA CASA. ¿É IGUAL OU DIFERENTE?

4. DEBUXA A TÚA CASA E COLOREA O TELLADO DA SÚA COR REAL.


Esta é unha MURALLA da CARTÓN.


5. FAI A TÚA PROPIA MURALLA. PODES FACELO CON CAIXAS, ZAPATOS... OU CALQUEIRA OUTRA COUSA QUE SE CHE OCURRA.

_______________

MARTES 12 DE MAIO DO 2020

A CORUÑA


Esta é a CASA DOS PEIXES de A CORUÑA. O acuario.


1. FÍXATE BEN NA FOTO...¿VES ALGO QUE CHE RESULTE COÑECIDO?
(Torre de Hércules)


Este é GASTÓN, o TIBURÓN da CASA DOS PEIXES de A CORUÑA.


2. ESCRIBE A PALABRA TIBURÓN E DEBUXA UN.


Aquí podes ver un mar cheo de diferentes especies de tiburóns.



3. ¿CANTOS TIBURÓNS HAI? ESCRIBE O NÚMERO E RACHA TANTOS ANACOS DUN PAPEL COMA TIBURÓNS PODES VER.



Esta é unha ESTATUA de MARÍA PITA.

MARÍA PITA foi unha MULLER moi VALIENTE que sempre defendeu A CORUÑA para que ninguén destruira a súa cidade.



4. COÑECE A HISTORIA DE MARÍA PITA.



5. ESCOITA E CANTA A CANCIÓN DE MARÍA PITA.



_______________

LUNS 11 DE MAIO DO 2020

RECORDAMOS CONTIDOS



Unhas cantas palabras...

Z O C O S

R O S A L I A

L U G O

F A R O

G A I T A


1. IDENTIFICA AS LETRAS QUE COMPOÑEN ESTAS PALABRAS E LOGO TENTA LELAS.



Unhas cantas imaxes...








2. ¿RECORDAS QUE LUGARES SON OS QUE APARECEN NAS FOTOS? CITA OS SEUS NOMES.
(Se non recordades algún dos lugares só tedes que investigar no blog nesta mesma entrada).


Recorda como é o puzle de GALICIA.



3. ¿EN QUE PEZA DO PUZLE DE GALICIA VIVES TI? CITA O SEU NOME E A SÚA COR.


Esta é ELENA FERRO. Como xa sabes deseña ZOCOS.



4. DESCRIBE A ELENA FERRO. ¿COMO É FÍSICAMENTE? ¿COMO VAI VESTIDA?

5. ELABORA O TEU PROPIO RETRATO DE ELENA FERRO.





Fíxate nestas dúas fotos...



6. ¿CANTOS ZOCOS HAI NA PRIMEIRA FOTO?

7. ¿CANTAS ZOCAS HAI NA SEGUNDA FOTO?

ESCRIBE AMBAS CANTIDADES.

8. ¿ONDE HAI MÁIS ZOCOS?

_______________

VENRES 8 DE MAIO DO 2020

RECORDAMOS A ROSALÍA E SEGUIMOS 

COÑECENDO A CASTELAO


¿Recordas quen era esta muller?



¿Recordas quen era este home?



Si! ROSALÍA e CASTELAO. Como xa sabes os dus son ESCRITORES.

1. CONVÍRTETE NUN ESCRITOR. INVENTA UN CONTO COAS PALABRAS...

NAVE ESPACIAL

PRAIA

GATO

CÓNTALLE A HISTORIA  A UN MAIOR. LOGO ESCRIBIDEA. ENCÁRGATE DE ESCRIBIR AS PARTES NAS QUE APAREZAN AS PALABRAS "NAVE ESPACIAL", PRAIA" E "GATO".


Como xa sabes, GALICIA é un puzzle de 4 pezas. 



CASTEALO viveu en RIANXO.

ROSALÍA viveu en PADRÓN.

2. DILLE A UN MAIOR QUE CHE DIGA NA PEZA DE QUE COLOR SE ATOPAN RIANXO E PADRÓN. LOGO ESCRIBE O NOME DA PEZA UTILIZANDO ESE MESMO COLOR.
(A Coruña - Vermello)


Recordas os debuxos de CASTELAO... aquí tes un nove debuxo.


4. ¿QUE VES NO MEDIO DESTES DOUS HOMES?

5. DE SEGURO QUE COÑECES ALGÚN CRUCEIRO QUE SE ATOPE PRETO DA TÚA CASA. CONVÍRTETE EN FOTÓGRAFO PROFESIONAL E CANDO SAIAS DE PASEO SÁCALLE UNHA FOTO E ENVÍALLA A RATO E LURA.


¿Sabías que hai un AVIÓN que ten pintado un retrato de ROSALÍA?



6. FAI UN AVIÓN DE PAPEL E DEBUXA A ROSALÍA NAS SÚAS ÁS.
(Pídelle axuda a un maior para facer o avión)


_______________

XOVES 7 DE MAIO DO 2020

CASTELAO


Este é CASTELAO, ao igual que ROSALÍA tamén é escritor. Pero ademáis de ser escritor tamén foi DEBUXANTE. Hoxe ides a coñecer algún dos seus debuxos.



Este é un DEBUXO de CASTELAO.

1. ¿QUE VES? ESCRIBE OS SEUS NOMES.


Este é outro DEBUXO de CASTELAO.


2. ¿QUE VES? COMPLETA O SEU NOME

G     A     _      _


3. DEBUXA AGORA O TEU ANIMAL FAVORITO


Aqui temos outro DEBUXO de CASTELAO.

4. ¿QUE ESTÁ PASANDO NESTE DEBUXO? CÓNTALLO AOS MAIORES.


Pois si, no anterior debuxo podiamos ver a un rapaz ordeñando unha vaca para sacarlle leite. 


5. FAI UN EXPERIMENTO CON LEITE




6. LE AS SEGUINTES PALABRAS

G A T O


R A P O S O


V A C A


N E N O


C A N

_______________

MÉRCORES 6 DE MAIO DO 2020

OS MAIOS

Cando chega o mes de maio en moitos lugares de GALICIA lévase a cabo a celebración dos MAIOS.

Con flores e diferentes plantas lévanse a cabo obras de arte coma esta...



Seguro que ultimamente nos teus primeiros paseos despois de tanto tempo na casa, puideches ver os MAIOS nas portas das casas ou nos coches...


esa pranta de FLORES AMARELAS chámase MAIO.



Hoxe a cousa vai de maios, por eso todas as actividades propostas serán realizadas con PRANTAS e FLORES.

1. APROVEITA O PASEO DE HOXE PARA RECOLLER ALGUNHAS FLORES, FOLLAS...

2.EN COMPAÑÍA DUN ADULTO INTENTA LOCALIZAR ALGÚN MAIO. SI O ATOPAS RECOLLE UN PARA POÑER NA PORTA DA TÚA HABITACIÓN. DIN QUE DA BOA SORTE. (SI NON O ATOPAS SEMPRE PODES DEBUXALO E PEGAR O DEBUXO... TAMÉN VALE).

3. CLASIFICA AS FLORES E FOLLAS RECOLLIDAS POR COLORES EN DIFERENTES RECIPIENTES.

4. REALIZA UNHA COMPOSICIÓN ARTÍSTICAS COAS FLORES E PRANTAS.
(deixámosche un exemplo...)



5. FAI PINTURA CON FLORES E PINTA.




_______________

MARTES 5 DE MAIO DO 2020

RECORDAMOS CONTIDOS


O FARO DA ILLA DE SÁLVORA

Este é o FARO da ILLA de SÁLVORA... E agora que xa o recordas busca de novo a túa lanterna.



1. CUNHA LANTERNA, UNHA HABITACIÓN OSCURA E UNS CANTOS ANIMAIS, RECREA A FAUNA DA ILLA DE SÁLVORA.


¿Recordas a ROSALÍA DE CASTRO?



2. ESCRIBE NOVAS PALABRAS A PARTIR DO NOME DE ROSALÍA. 

R  O  S  A  L  I  A

(unha palabra que comece coa R, unha palabra que comeze coa O...)




Un grupo tradicional galego...

3. CITA O NOME DE TODOS OS INTRUMENTOS QUE VES NA FOTO.

4. ¿CANTAS MULLERES HAI? 

5. ¿CANTOS HOMES HAI?

6. ¿CANTAS PERSOAS HAI EN TOTAL?

REXISTRA AS TÚAS OBSERVACIÓNS CON PAPEL E LÁPIZ.




Unha canción... CATRO VELLOS MARIÑEIROS... versión de
LUCÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

_______________

XOVES 30 DE ABRIL DO 2020

UNHA ILLA


Esta é a ILLA de SÁLVORA. Unha illa é un cachiño de terra que está no medio mar.


1. ¿EN QUE VIAXARÍAS ATA A ILLA DE SÁLVORA? PENSA E FALAO CUN MAIOR.


Na illa de sálvora non vive ningunha persoa, pero si podemos atopar...

2. CITA E ESCRIBE O NOME DOS SEGUINTES ANIMAIS.





Na ILLA de SÁLVORA hai un FARO. Xa coñeces outro faro, o da Torre de Hércules.

3. ¿RECORDAS PARA QUE SERVEN OS FAROS? DILLO A UN MAIOR.


4. COLLE UNHA LANTERNA E EN COMPAÑÍA DUN MAIOR XOGA A SINALAR TODOS OS OBXECTOS E LUGARES DA CASA QUE CHE DIGAN. LOGO DI TI O NOME DAS COUSAS PARA QUE SEXAN OS MAIORES OS QUE SINALEN COA LANTERNA.
Como xa sabes, para chegar ata a ILLA de SÁLVORA é necesario montar nun BARCO. ¿E si houbera unha PONTE que cruzara o mar?


5. SEGUE O EXEMPLO E CREA UNHA PONTE PARA CHEGAR A SÁLVORA



6. FAI O RECONTO... ¿CANTOS LIBROS UTILIZACHES PARA FACER A TÚA PONTE?




_______________

MÉRCORES 29 DE ABRIL DO 2020

ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO para MAIORES. Coñece neste breve video a biografía de Rosalía de Castro, axudarache a contarlle ao pequeno/a algunhas das cousas máis importantes da súa vida, adecuándoa a maneira de entender o mundo dos cativos.
CÓNTALLO COMO SE FOSE UN CONTO.




Esta é ROSALÍA DE CASTRO.
ROSALÍA DE CASTRO é unha das ESCRITORAS máis importantes de GALICIA.




1. SELECCIONA AS LETRAS NECESARIAS PARA COMPOÑER O NOME DE ROSALÍA E ESCRIBEO NUNHA FOLLA.



2. SELECCIONA AGORA AS LETRAS MINÚSCULAS E ESCRIBE DE NOVO O NOME DE ROSALÍA.


Este é un libro que ROSALÍA lle adicou a súa nai.



3. PENSA EN ALGO QUE CHE GUSTE FACER CON TÚA NAI E DEBUXAO. LOGO EXPLÍCALLE AOS MAIORES O TEU DEBUXO.



Esta é a CASA de ROSALÍA. Está en PADRÓN, alí viviu ata que morreu. Agora a súa casa é un MUSEO, onde podemos ver e coñecer moitas cousas sobre ela.



4. MOI ATENTO A ESTE VIDEO DE FOTOS DA CASA DE ROSALÍA... TES QUE ATOPAR A SÚA CAMA...


5. AGORA PODES CONSTRUÍR A TÚA PROPIA CASA CON CARTÓNS, CAIXAS, TUBOS DO PAPEL HIXIÉNICO...

DEIXÁMOCHES ALGUNHAS IDEAS.










_______________

MARTES 28 DE ABRIL DO 2020

O TRAXE TRADICIONAL GALEGO



1. PON O TEU DEDO SOBRE AS DIFERENTES PARTES DOS TRAXES TRADICIONAIS DO HOME E DA MULLER. UN ADULTO IRACHE DICINDO O NOME DE CADA PRENDA.




2. DEBUXA O TEU TRAXE TRADICIONAL GALEGO E ESCRIBE NO DORSO DO DEBUXO O NOME DAS DIFERENTES PARTES DO TRAXE. ESCOLLE O DE HOME OU O DE MULLER.



Observa un anaquiño deste video...


ESTE BAILE CHÁMASE REGUEIFA DE ARCOS.

3. ¿SABES QUE LEVA A RAPAZA NA CABEZA? ESCOLLE A PALABRA CORRECTA.

TOMATE

PAN

PELOTA

CAN


4. COLOCA UN ANACO DE PAN SOBRE A TÚA CABEZA E INTENTA DESPLAZARTE POLA CASA SEN QUE CHE CAIA. DILLE AOS MAIORES QUE O INTENTEN.



_______________

LUNS 27 DE ABRIL DO 2020

REPASAMOS CONTIDO


1. OBSERVA AS SEGUINTES IMAXES E DI O SEU NOME



1



2




3


2. CADA UNHA DAS IMAXES ANTERIORES TEN UN NÚMERO. ESCRIBE NUN PAPEL O NÚMERO E A CONTINUACIÓN A PALABRA QUE LLE CORRESPONDA DA SEGUINTE LISTA.


ZOCAS

RÍO

QUEIXO



FÍXATE NESTA IMAXE...


COMO BEN SABES O RÍO MIÑO LEVA A SÚA AUGA DENDE O SEU NACEMENTO NA MONTAÑA DE LUGO ATA O MAR NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

2. IMOS FACER UN EXPERIMENTO CON AUGA. 



- ENCHE UNHA XERRA DE AUGA. 
- TRASBASA AUGA DA XERRA A UN VASO ATA A METADE.
-AGORA COLLE OUTRO VASO E ENCHEO MÁIS QUE O PRIMEIRO VASO.
-AGORA COLLE OUTRO VASO E ENCHEO MENOS QUE O PRIMEIRO VASO.
-ORDEA OS VASOS, DO QUE TEN MÁIS AO QUE TEN MENOS.

BO TRABALLO!!!








¿RECORDAS O QUEIXO DE ARZÚA?

3. FÍXATE BEN NOS SEGUINTE QUEIXOS E IDENTIFICA A SÚA FORMA. LOGO COLLE UN PAPEL E DEBUXA AS TRES FORMAS CORRESPONDENTES.



¿ACÓRDASTE DE ELENA FERRO? DESEÑA ZOCOS MOI MODERNOS.


4. ¿AÍNDA NON DEBUXACHES E PINTACHES O TEU ZOCO? AÍNDA ESTÁS A TEMPO!!! ESTAS SON AS PROPOSTAS DALGÚNS DOS TEUS COMPAÑEIROS.


MSR


MDM


MHR

ÚLTIMA PROPOSTA!!! 

5.DECORA UNS ZAPATOS, TENIS, ZAPATILLAS....O QUE QUEIRAS E COMO QUEIRAS.


_______________

VENRES 24 DE ABRIL DO 2020

AS ZOCAS E ELENA FERRO



Esta que ves aquí son unhas ZOCAS. Os homes e mulleres galegas e doutros lugares utilizaban estes zapatos para ir por exemplo á horta apañar os grelos.


1. SELECCIONA DAS SEGUINTES LETRAS TODAS AS QUE CHE FAGAN FALTA PARA ESCRIBIR A PALABRA ZOCAS. LOGO ESCRIBE A PALABRA ZOCAS:


A       B          D         I          U         Z         K          C          T           L             M              S           O


Xa cas ZOCAS postas na hora podías apañar...


2. CITA O NOME DOS SEGUINTES ALIMENTOS







 As zocas estaban e están feitas con MADEIRA...


3. DI O NOME DE DIFERENTES COUSAS QUE TAMÉN ESTÉN FEITAS CON MADEIRA
(PODES ESCRIBIR SE QUERES O NOME DE TODAS AS COUSAS QUE DIGAS)


Os meus zapatos e os dos maiores.



4.COLLE UN ZAPATO TEU E DOUS DE DOUS MAIORES DIFERENTES E COMPROBA CAL É O GRANDE, CAL É MEDIANO E CAL É O PEQUENO. 


5.UTILIZA UN METRO PARA MEDIR OS TRES ZAPATOS E ANOTA NUN PAPEL A MEDIDA DE CADA UN.


ELENA FERRO


Esta é ELENA FERRO. Elena é unha artista que fai zocas moi modernas de todas as cores.





Estas son algunhas das súas ZOCAS.


6. DESEÑA E DEBUXA AS TÚAS PROPIAS ZOCAS. LOGO ENVÍALLE A RATO E LURA UNHA FOTO DO TEU DESEÑO. RATO E LURA FARANLLE CHEGAR A TÚA PROPOSTA A ELENA FERRO, QUEN SABE, IGUAL SE INSPIRA NA TÚA CREACIÓN PARA FACER AS SÚAS PRÓXIMAS ZOCAS.

________________________________

MÉRCORES 22 DE ABRIL DO 2020

O QUEIXO DE ARZÚA


Este é un QUEIXO de ARZÚA.


1.ESCRIBE A PALABRA QUEIXO E IDENTIFICA TODAS AS SÚAS LETRAS.

2. ¿DE QUE TEN FORMA ESTE QUEIXO? DEBUXAO.


Este é o mapa de GALICIA (que xa o coñeces), e pintada de vermello está ARZÚA. 


3. COLOCA O TEU DEDO SOBRE ARZÚA. DILLE A UN MAIOR QUE COLOQUE O SEU DEDO SOBRE PORTO DO SON, E LEVA O TEU DEDO DENDE ARZÚA ATA PORTO DO SON.




Como xa sabes en ARZÚA fan moi bos QUEIXOS. De seguro que algunha loncha tes na neveira...


4. COLLE 3 LONCHAS DE QUEIXO DA TÚA NEVEIRA. CORTA CADA LONCHA EN 4 PARTES. AGORA SUMA, ¿CANTOS ANACOS DE QUEIXO TES EN TOTAL?

Recorda manexar o coitelo en compañía dun adulto.

Se non tes queixo podes empregar pavo ou algo similar, e a falta de recursos deste tipo podes facer esta mesma actividade cuns folios e unhas tesoiras.




Moitos lugares do mundo adoitan ter un ESCUDO e unha bandeira. Este que ves aquí é o ESCUDO de ARZÚA.

5. DI O NOME DALGUNHA DAS COUSAS QUE PODES VER NO ESCUDO DE ARZÚA.
(coroa, estrela, cunchas...)


Este é o ESCUDO de PORTO DO SON. 


6. DI O NOME DALGUNHA DAS COUSAS QUE PODES VER NO ESCUDO DE PORTO DO SON
(mar, porto, barco, igrexa..)


7. ESCRIBE E DEBUXA TODAS AS PALABRAS QUE DIGAS SOBRE O ESCUDO DE PORTO DO SON. 
(Se dixo a palabra MAR, escribirá mar e debuxará o mar...)

________________________________

MARTES 21 DE ABRIL DO 2020

Para comezar este novo día adicado ao noso proxecto de Galicia, é necesario que os nenos e nenas tenten ler a palabra...


M  I  Ñ O


Hoxe imos falar do Río Miño, o río máis importante de Galicia. 


O río Miño nace nas montañas e desemboca no mar. 


1. PON O TEU DEDO NO LUGAR NO QUE COMEZA O RÍO E ARRASTRAO RÍO ABAIXO SEGUINDO O SEU CAMIÑO ATA O MAR.


2.CREA O TEU PROPIO RÍO IMAXINARIO. COLLE UN ROLLO DE PAPEL HIXIÉNICO E FAI UN CAMIÑO DENDE A TÚA HABITACIÓN ATA A COCIÑA DA TÚA CASA. LOGO CONTA O NÚMERO DE PASOS QUE TES QUE DAR PARA AVANZAR POR ESTE RÍO E ANOTAO NUN PAPEL.



O río MIÑO nace no Pedregal de Irimia, un lugar cheo de grandes PEDRAS.


3. BUSCA PEDRAS NA TÚA HORTA OU XARDÍN E COMPÓN PRIMEIRO O TEU NOME E LOGO O DO RÍO MIÑO.


4. AGORA PINTA E DECORA ALGUNHAS DAS PEDRAS UTILIZANDO PINTURA E PINCEL.


Se non atopas pedras, se non consigues as suficientes ou se non tes horta nen xardín, podes facer esta mesma actividade con galletas.



5. DEBUXA O TEU PROPIO RÍO


6. ¿QUE LLE PASA A ESTE RÍO? CONVERSA COS MAIORES. 


________________________________

LUNS 20 DE ABRIL DO 2020

RECORDANDO CONTIDOS


ESTES RAPACES E RAPAZAS ESTÁN BAILANDO UNHA MUIÑEIRA
1. ¿RECORDAS ONDE SE EMPEZOU A BAILAR A MUIÑEIRA E DEBIDO A QUE?




MIRA UN ANAQUIÑO DESTE VIDEO NO QUE UN GRUPO
 TRADICIONAL GALEGO ESTÁ TOCANDO
2. ¿RECOÑECES ALGÚN DOS INSTRUMENTOS QUE ESTÁN TOCANDO? DI O SEU NOME





OBSERVA ESTA FOTO
3. ¿SABES QUE LUGAR É ESTE?¿PARA QUE SERVE?

4. ¿COÑECES ALGÚN OUTRO FARO? FALA COS MAIORES E QUE CHE ENSINEN UNHA FOTO DALGÚN FARO QUE ESTÉ PRETO DA TÚA CASA... SEGURO QUE SABEN ONDE ATOPALA.



5. ESCRIBE AS SEGUINTES PALABRAS. IDENTIFICA AS LETRAS QUE COMPOÑEN CADA UNHA. LEE.


G A I T A

G A L I C I A

M U R A L L A

L U G O



6. OBSERVA TODOS ESTES INGREDIENTES E CITA (COA AXUDA DOS MAIORES) OS SEUS NOMES.
           LÉVEDO   ACEITE   FARIÑA    OVOS  

          SAL   AZUCRE    VINAGRE    NATA 
             
                        LEITE   MANTEIGA                                                                                                     

7. PENSA E RECORDA CALES DESTES INGREDIENTES UTILIZASTES PARA FACER AS FILLOAS. ¿CANTOS EMPREGASTES? ESCRIBE OS NÚMEROS (POR EXEMPLO SI EMPREGASTES 3: 1, 2, 3).

________________________________

VENRES 17 DE ABRIL DO 2020

RECEITAS

F I L L O A S


HAI QUEN SÓ AS TOMA NO ENTROIDO, PERO A RATO E LURA 
GÚSTANLLE TODO O ANO


1. ESCRIBE NUN PAPEL OS INGREDIENTES NECESARIOS PARA FACER UNHAS FILLOAS.

OVOS

SAL

FARIÑA

LEITE

AUGA


2. CANDO TEÑAS A LISTA DE INGREDIENTES REMATADA DEBES ATOPALOS NA COCIÑA DA CASA. LOGO, COA AXUDA DUN ADULTO OBSERVA O VIDEO E ELABORA AS TÚAS PROPIAS FILLOAS.




PENSA...





3. ESTA FAMILIA ESTÁ COMENDO, ¿CANTA XENTE HAI NA MESA?





SEGUE PENSANDO...

4. AS FILLOAS SON REDONDAS, TEÑEN FORMA DE CÍRCULO. ¿QUE OUTRAS COUSAS DO DEBUXO TEÑEN TAMÉN FORMA DE CÍRCULO?


5. DI O NOME DAS COUSAS QUE TEÑAN FORMA DE CADRADO.


6. DI O NOME DAS COUSAS QUE TEÑAN FORMA DE TRIÁNGULO




CREA...

7. ATRÉVETE A FACER ISTO CON UNHA DAS TÚAS FILLOAS. RECORDA QUE SI NON TES ALGÚN DOS INGREDIENTES DEBES PENSAR NOUTRO QUE POIDA OCUPAR O SEU LUGAR. TAMÉN PODES INVENTAR A TÚA PROPIA CREACIÓN. (PRECISARÁ A AXUDA DUN ADULTO PARA CORTAR A FROITA).





                                                    ________________________________

XOVES 16 DE ABRIL DO 2020

MONUMENTOS E LUGARES


IMOS DE VIAXE


1. ¿Coñeces estes lugares? Deixa que os maiores che conten que lugares son, onde se atopan e unha curiosidade sobre cada un deles.


A CORUÑA - TORRE DE HÉRCULES
É un faro que guía aos barcos polo mar.



 LUGO - MURALLA ROMANA
Son uns grandes muros que se fixeron para protexer unha cidade dos ladróns.




OURENSE - PONTE DO MILENIO
É unha ponte que pasa por enrriba dun río que se chama Miño.



PONTEVEDRA - PRAZA DA LEÑA

É unha praza onde fai moito tempo podías comprar madeira e piñas para encender o lume na casa.



2. ¿Estiveches algunha vez nalgún deste lugares? Fala cos maiores e si foi así, que che conten cando.



3.Este é o    M A P A    de   GALICIA. Como xa sabes o mapa de Galicia é un puzzle que está formado por  4   pezas. Dille aos maiores que che axuden a colocar o teu dedo sobre o mapa para situar os lugares que acabamos de coñecer.



4. Dobla dous folios pola metade e recorta pola linea que quedará marcada no centro. Conseguirás 4 anacos de papel. Pinta cada unha desas tiras cunha das cores do mapa de Galicia, e escribe os nomes correspondentes.


ROSA - A CORUÑA

GRIS - LUGO

VERDE - OURENSE

AZUL - PONTEVEDRA




CONSTRÚE

5. Crea a túa propia TORRE DE HÉRCULES utilizando palillos e plastilina.


ABRE BEN OS OLLOS...

6. ¿Canta xente ves paseando pola MURALLA DE LUGO?


7. ¿Canta xente ves paseando pola PRAZA DA LEÑA DE PONTEVEDRA?

8. ¿En cal dos dous lugares hai máis xente paseando? Di cal. Logo rexistra as túas conclusións. Debuxa o lugar e o número de persoas que ves paseando (Só no que ves máis).

_____________________

MÉRCORES 15 DE ABRIL DO 2020

A PANDEIRETA



¿SABES QUE ESTÁ TOCANDO ESTÁ MOZA?

1. DEBUXA E ESCRIBE O SEU NOME


P A N D E I R E T A


Esta é unha PANDEIRETA galega. Cada par de pratiños metálicos forman as FERREÑAS, que é a parte do instrumento que o fai soar. 

F E R R E Ñ A S


2. ¿Cantas ferreñas ves nesta pandeireta? Conta, escribe o número nunha folliña en branco e logo sitúa ao seu lado o mesmo número de pinzas da roupa.



3. Fíxate ben neste video. Nel verás a unhas cantas mozas tocando un instrumento. Abre as orellas e os ollos.


-¿Que instrumento tocan?

- ¿Cantas mozas están tocando?

-¿Que había detrás das mozas?



Non hai que ser maior nin moza para saber tocar a pandeireta, fíxate ben, eles son nenos e tamén saben tocala. Só tes que ter ganas de aprender.

OS FILLOS DE PEPA A LOBA


4. Mira "un minutiño" deste video.



-¿Onde están sentados estes rapaces?


¿Sabes como se chama? Escribeo.


¿Cantos destes hai na túa casa? Explora a túa casa para saber cantos hai.

¿CON QUE TOCAMOS UNHA PANDEIRETA?

Fíxate ben nestes debuxos


5. Cita o nome de todas as partes do corpo que podes ver destacadas neste debuxo.

6. Cales destas partes do corpo cres que debes utilizar para tocar unha pandeireta? Pensa ben...

7.Seguro que na casa tes algunha pegatina... Utiliza a un adulto de modelo e marca sobre o seu corpo todas aquelas partes que necesitaría para tocar unha pandeireta.


________________________________

MARTES 14 DE ABRIL DO 2020



A MUIÑEIRA


1. Aprende os pasos básicos da muiñeira de forma sinxela da man de "Uxía Lambona e a Banda Molona"



Din que a MUIÑEIRA se comezou a bailar ao pé dos ...
¿Sabes o que é?


A este lugar levábase a moer o...

¿Sabes o que é?


Mentras as mulleres agardaban a que o MILLO estivera listo comezaron a bailar ao lado deste lugar.


2. Debuxa o teu propio muíño e escribe a palabra MUIÑO.


Para tocar unha MUIÑEIRA precisamos tocar algúns instrumentos musicais...

3. Di o nome de cada un destes instrumentos.

G A I T A

P A N D E I R E T A

T A M B O R I L


4. Só un destes instrumentos se toca soprando, ¿sabes cal é?


5. Escribe o nome dos 3 instrumentos e di que instrumento TEN MÁIS letras e que instrumento TEN MENOS letras.


6. Crea o teu propio TAMBORIL






No hay comentarios:

Publicar un comentario