jueves, 10 de noviembre de 2022

PLAN PROXECTA+: NÓS TAMÉN CREAMOS


 
Nesta entrada iremos incorporando información das nosas vivencias dentro do proxecto NÓS TAMEN CREAMOS. 

Comezamos facendo referencia ao primeiro día adicado a esta proposta na que o profesorado da escola recibiu a formación necesaria para dar comezo a esta iniciativa. 

No día de hoxe a organización achegounos os títulos de diferentes contos. Estes títulos pasarán a formar parte da nosa biblioteca. 


Entre todos eles debemos escoller un e reproducilo a través dunha curta empregando a técnica do StopMotion. 

Comezamos! 

O primeiro que fixemos foi organizar unha bolsa cos títulos destacados liñas arriba. Esta rotou polas casa co fin de escollera o título máis desexado polos nenos e nenas de Caamaño. O título elixido foi...

O CASCABEL DA GATA!

En primeiro lugar formamos un equipo de traballo integrado por Mestres e alumnos.

Creamos as persoaxes.

De seguido creamos o escenario onde se desenvolverán as tramas do conto.

Xa avisamos dende o comezo que o argumento do conto sufrirá "lixeiras" modificacións e non seremos polo tanto fieis a historia narrada na obra de OQO.

Facemos diferentes probas de iluminación coas que ambientar as distintas escenas.

Continuará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario