Nesta entrada iremos publicando todas aquelas actividades realizadas na nosa escola que teñan que ver cos valores desenvoltos dentro do Plan Proxecta+: Paisaxe e sustentabilidade.
Nas primeiras semanas do curso atopámonos desenvolvendo o proxecto OS NOSOS MONTES, onde entre outras cousas, poñemos en valor a nosa contorna e o medio natural próximo á nosa escola.
Unha das actividades realizadas dentro deste proxecto foi unha saída ao monte para analizar e atopar as árbores máis características da nosa zona, a través do análise e estudo das súas follas e froitos.
Coñecemos de primeira man cal é a orixe dos lumes que cada verán queiman os nosos montes. Descubrimos cales son os principais medios cos que contamos para sofocar ditos incendios e cales son as ferramentas que se empregan e os procesos que se levan a cabo.
As saídas realizadas á contorna permítennos obter elementos naturais os cales son empregados posteriormente como recursos educativos.
As saídas á contorna permítennos ademáis identificar diferentes elementos propios do noso patrimonio.
Así como observar a paisaxe e analizar os elementos presentes na natureza.
Dentro desta proxecto poñemos tamén en valor a labor desenvolta por diferentes profesionais que se encargan do coidado dos nosos montes.
Viaxamos ata A Pobra do Caramiñal para coñecer de cerca o traballo dos gardabosques. Tivemos a oportunidade de ver por dentro un dos seus camións e un coche patrulla.
Manexamos as mangueiras coas que se sofocan os incendios.
Vimos como se manexa un dron e agasalláronnos cunha imaxe tan espectacular coma esta.
Seguimos acumulando actividades e experiencias dentro deste proxecto.
Levamos a cabo a prantacion de diferentes especies de árbores, todas elas autóctonas.
Poñemos en marcha o noso horto coa prantación de patacas, chícharos, xirasois e prantas aromáticas.
Creamos hoteis para insectos que espallamps polo noso patio.
Desfrutamos da nosa contorma coa realización de actividades no exterior coas que aprendemos a valorar e a respectar a nosa paisaxe. Lemos un conto.
Continuará...
No hay comentarios:
Publicar un comentario