jueves, 23 de agosto de 2018

UN NOVO COLE

O Rato e a Lura máis aventureiros do mundo mundial chegan a partir do 12 de setembro a un novo cole. Este nom está moi lonxe do cole onde durante os 2 últimos anos viviron Rato e Lura, está no lugar de Caamaño no concello de Porto do Son.
Alí van a coñecer a 12 novos nenos e nenas... Como serán? Que nos ensinarán? Poderán rato e lura ensinarlles algo que eles e elas non coñezan?
Xa falta pouco para unha nova aventura de rato e lura.
Polo momento os nosos dous amigos xa estiveron preparando a súa nova casa... Alí crearon un espacio estructurado en recantos...

O RECANTO DE "AQUELAR", onde os pequenos poderán construír e destruír, compoñer e descompoñer, facer e desfacer... En resumo, poderán aquelar e desaquelar.

O RECANTO DE "COS DEDOS DUNHA MAN", onde os pequerrechos e pequerrechas poderán utilizar os dedos dunha man, os da outra e ata os dos pés para contar, descontar, agrupar, clasificar, emparellar...

O RECANTO DE "LINGUA DE TRAPO", onde está situada unha pequena biblioteca de aula con material para xogar coas letras, as palabras, os sellos... E con todo elo achegarnos ao mundo da lectura e a escritura dun xeito moi divertido.

O RECANTO DE "PEQUENOS ARTISTAS", no que os nenos e nenas poderán crear diferentes obras de expresión artística a través da témpera, q acuarela, o barro, a plastilina..

O RECANTO DE "FOLERPA", espazo adicado a realización de asambleas e de actividades relacionadas co mundo da robótica e a programación, onde vive Folerpa, unha pequena abella robótica coa que os pequenos e pequenas de seguro se van divertir.

O espazo onde se sitúan estes recantos non é o unico do cole. Rato e lura descubriron outros 3 lugares nos que poder tramar novas aventuras.
Nun deles, na planta baixa, estará situada a biblioteca do cole, esta terá por nome "O REMANSO". Compartindo este mesmo espazo estará situada tamen o RECANTO DIXITAL, con ordenadores e outros recursos informáticos.

Na planta de arriba o novo cole de Rato e Lura conta tamen con un ximnasio e cun salón de actos para levar a cabo diferentes actividades relacionadas coa psicomotricidade e a expresion corporal entre outras...

No patio do novo cole Rato e Lura puideron ver uns cantos columpios e algunhas zonas para poder poñer un pequeno horto... Canto lles queda por traballar a estes pequenos e pequenas de Caamaño!!