miércoles, 30 de diciembre de 2020

A MIÑA FAMILIA E MÁIS EU

 
A MIÑA FAMILIA E MÁIS EU


Adicamos unha entrada para facer un pequeno resumo do que foi o noso proxecto sobre A FAMILIA levado a cabo durante o primeiro trimestre.


Imos aló...


Comezamos por coñecernos a nós mesmos. Foi o momento de analizarnos, recoñecemos o esquema corporal, identificamos as nosas principais características e levamos a cabo diferentes actividades onde cada unha das partes do noso coropo foi protagonista...

Comezamos por medirnos e para iso precisamos axudarnos uns aos outros. Sobre o chan e empregando un xiz fomos trazando liñas ao longo do noso corpo que posteriormente medimos empregando diferentes elementos, pinzas, rotuladores...

Estampamos as nosas mans para facer logo o reconto do número de dedos que temos en total. Empregamos sellos de números para completar a actividade e establecer a serie numérica do 1 ao 10.

Sobre as nosas mans apareceron escritos diferentes números. Dun tarro de avelás fomos recollendo tantos froitos secos coma o número indicaba. Levamos a cabo unha suma sinxela coa que determinar cal era o total de avelás que tivemos que coller.

Representamos o esquema corporal empregando paus de madeira.

Identificamos gráficamente as diferentes partes da cara e fomos incorporando novo vocabulario relacionado co esquema corporal.

Identificamos diferentes tipos de vivenda centrándonos en aquelas nas que nós viviamos. 

Seguimos adquirindo novo vocabulario, desta volta, relacionado coas partes da casa dende o exterior.

Traballamos tamén as partes interiores da casa e o su mobiliario. Fomos colocando a diferentes personaxes nas distintas dependencias da casa seguindo as consignas indicadas.

Construimos con bloques de madeira as nosas propias casas.

E tivemos a oportunidade tamén de debuxar e ensinarlle aos nosos compañeiros e compañeiras como eran as nosas casa.

Empregamos depresores para construír unha casa e posteriormente escribir no seu interior os nomes dos nosos familiares.

Analizando as nosas familias démonos conta de que o tempo pasa e que nós aínda sendo nenos e nenas, chegaremos a ser avós e avoas.

Non todas as familias son iguais á nosa, hai moitas e moi diferentes. É por este motivo que levantamos cadanseu edificio composto por un total de catro vivendas. En cada unha delas residía unha familia diferente.


Non son todas as que son, pero si son todas as que están, falamos das actividades levadas a cabo dentro deste proxecto. Agardamos que canto menos vos fagades unha idea de todo o que fomos traballando na escola arredor deste centro de interese.