lunes, 2 de abril de 2018

ROBÓTICA ENTRETIDA (SEGUNDA PARTE)



ROBÓTICA ENTRETIDA (SEGUNDA PARTE)

Comezamos o terceiro trimestre do curso dando paso á segunda parte do noso proxecto de robótica. Nesta primeira semana de clase, adicarémonos a recordar o contido traballado con anterioridade, para reubicar aos nenos no punto no que quedamos, situalos, e comezar posteriormente a introducir novos contidos



SEMANA DO MARTES 3 AO VENRES 7 DE ABRIL

ASAMBLEA
1.Benvida e repaso aos acontecementos máis interesantes que pasaron nas nosas vidas ao longo dos últimos 10 días.

2.A desapariciónd e Ibi: Ibi non está, para poder atopalo necesitaremos buscalo polo cole. Durante o noso percorrido debemos ir lendo diferentes palabras que nos guiarán por todo o centro ata poder atopalo.

3.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"Pintamos con Spidy"
Empregamos a Spidy para facer unha obra de expresión artística. Completamos o debuxo creado por Spidy de xeito libre. Ademíáis incluímos na obra o noso nome con apelidos e a data de realización da pintura.



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Robot numérico"
Debemos completar a panza do robot cos números que faltan e sen repetir ningún. Facemos unha especie de Sudoku adaptado á nosa idade.




ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

"De viaxe por Galiza"
Visitamos diferentes recantos de Galicia montados sobre o noso coche teledirixido. Debemos escoller que monumento queremos visitar, dirixir o noso coche ata ese lugar, e posteriormente rexistrar o nome do monumento visitado no noso libro de viaxes.

#Esta actividade foi modificada dado que nos atopamos con problemas técnicos no noso coche teledirixido, polo que tivemos que poñerlle un pouquiño de imaxinación. O que fixemos foi empregar unha palliña e unha pequena pelota de algodón, a misión era desprazar a pelolta de algodón soprando coa palliña ata o lugar que desexabamos visitar.






ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ"

"Aprendemos coa tablet"
Empregamos a Tablet para voltar a xogar e aprender con algúnha das aplicacións descargadas durante o desenvolvemento do proxecto no segundo trimestre. Con elas iniciámonos na programación, e traballamos contidos relacionados coa espacio-temporalidade e a lóxica-matemática.





_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________


A VÍA LÁCTEA

#Imos traballar co mundo creado para Ibi por V.W e a súa familia.

EXPLICACIÓN: OS PLANETAS

CANCIÓN PLANETAS
ESTRELAS

SOL

A TERRA

LÚA


SEMANA DO MARTES 10 AO VENRES 14 DE ABRIL


ASAMBLEA
1.Benvida, repaso ao feito por cada un durante o resto de fin de semana. Si algún tivo a oportunidade de ver os videos relacionados cos contidos que traballaremos esta semana tamén falaremos sobre o asunto.

2.Visualización do video que nos fala dos planetas.

3.Canción dos planetas.

4.Creamos un ceo nocturno no teito da aula empregando as nosas linternas.



5.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

Realizaremos unha actividade de expresión plástica empregando plastilina e pinchos de madeira. Faremos unha represetación do sistema solar, ubicando a cada planeta no seu lugar segundo a súa posición respecto ao sol.



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

Actividade impresa de lóxica-matemática na que os nenos/as realizarán diferentes operacións matemáticas, a través do conteo de distitntos elementos referentes ao universo.


ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

Coa axuda de Spidy trazaremos a forma circular do planeta terra, que posteriormente nós mesmos colorearemos identificando as zonas de terra e auga. Á súa vez comporemos con pegatinas as palabras PLANETA TERRA.


ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"

Crearemos un universo dentro dun bote de cristal. Precisaremos algodón, colorante, brillantina, estreliñas e auga.




_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 16 AO VENRES 20 DE ABRIL

AS EMOCIÓNS


#Esta semana traballaremos as emocións, gracias ao mundo que J.V.C creou para Ibi xunto coa súa familia.

... o primeiro familias... aqui tedes os recursos que imos utilizar para traballar durante esta semana, por si vos queredes facer con eles si asi o considerades.

"O MONSTRUO DE CORES". ANNA LLENAS. VELBER
"EMOCIONARIO". CRISTINA NÚÑEZ E RAFAEL ROMERO. PALABRAS ALADAS



"CUANDO ESTOY ENFADADO". TRACE MORONEY. SM


"MADRECHILLONA". JUTTA BAUER. LOGUEZ

ASAMBLEA.

1.Repaso a todo o acontecido durante o fin de semana.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.
#Aquí podemos ver a M.M.L distrubuíndo aos seus compañeiros polos diferentes recantos. Debe escoller o cartón correspondente ao día da semana no que nos atopamos, e identificar e ler os nomes de todos os compañeiros da aula:



3. Ibi percorre o mundo das emocións, e xunto a cada paso que da descubrimos cales son as principais emocións que existen.


4."Contos Proxectados na PDI


 "O monstro de cores" (Luns 16) 

"Asi es mi corazón" (Martes 17)


"Cuando estoy enfadado" (Mércores 18)

"Madrechillona" (Xoves 19)

#Así traballamos todos á vez, cada grupo no seu recanto realiza unha actividade diferente:


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS.
O espello das emocións. Imos decorar un espello coas diferentes emocións representadas por distintas cores. Deste xeito poderemos prácticar diante do espello as caras asociadas a diferentes emocións, e poderemos vernos nel a diario... como nos sentimos??



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS.
Montamos as vías polas que Ibi debe desprazarse. Nalgunhas das casiñas atopamos escritas palabras relacionadas coas emocións, NOXO, MEDO, SORPRESA...
Os nenos/as deben programar a Ibi para que se desprace ata a casiña que corresponda, segundo identifiquen as palabras expostas nunhas tarxetas. Cada neno/a colle unha tarxeta, le a palabra, identifica a emoción e desprazan a Ibi ata dita emoción.




ACTIVIDADE 3- RECANTO DAS LETRAS.
Escollemos unha das emocións recopiladas no conto "O monstro de cores". Debuxamos e coloreamos o bote segundo a cor que corresponda. Escribimos a palabra que identifica dita emoción. Pensamos unha situación que nos faga sentir a emoción elixida, e debuxámola.





ACTIVIDADE 4 - RECANTO DOS EXPERIMENTOS.
No centro da mesa atopamos un plato cun monte de fabas. Os nenos/as deben coller 6 fabas cada un e pintalas con pincel e témpera das cores representativas do conto "O monstro de cores". Cada cor está asociada a unha emocións. Estas fabas serán introducidas nun saquiño e crearemos unha etiqueta que indique o seu significado.



_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 23 AO VENRES 27 DE ABRIL

PAÍSES DO MUNDO


Esta semana imos traballar con dúas cartulinas que crearon para IBI, KSM e MML coa axuda das súas familias. Ambas cartulinas foron elaboradas atendendo a diferentes países do mundo asociados a monumentos ou accidentes xeográficos.
Coñeceremos... XAPÓN, VENEZUELA, EXIPTO e RUSIA.

ASAMBLEA.

1.Conversa: que fixemos no día de onte? que merendamos? Que ceamos? que almorzamos?

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Ibi busca a foto do encargado.
-Ibi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


.Observamos o planeta terra e situamos/recordamos a localización  dos diferentes países no globo terráqueo. Recordamos que aprendemos sobre cada país na clase anterior.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

O noso traballo parte das palabras: XAPÓN, TOKIO, FUJI e KASA
Analizamos as letras presentes nas diferentes palabras, identificamos e lemos as súas sílabas. Descubrimos o nome do país protagonista deste recanto. Coñecemos a capital de Xapón, Tokio. Descubrimos un dos lugares máis famosos de Xapón, o monte Fuji. Facemos un obradoiro para a realización dun Kasa, un sombreiro tradicional xaponés.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

O país protagonista deste recanto vai ser Rusia.
No recanto atopamos as palabras, RUSIA, MOSCOVA, PLAZA ROJA e MATRIOSHKA.
 Ao igual que no recanto dos artistas, iniciámonos na lectura recoñecendo letras e sílabas, asi como identificando as palabras.
Coñecemos Moscova, a capital de Rusia, e un dos seus lugares máis famosos, a Plaza Roja, algo así como a Praza Maior da Pobra, pero eso si... un pouco máis grande e cun gran palacio ao fondo.
De Rusia veñen unhas bonecas para nós xa coñecidas, pois o curso pasado tivemos a oportunidade de coñecer POLONIA, da man da cegoña LANSKA, e dende alá xa nos chegara unha Matrioshka, pois é esta unha boneca moi popular nos países desta rexión europea.
Coa Matrioshka levamos a cabo unha actividade coa que traballamos a lóxica-matemática: numeración, nocións de tamaño e cantidade, conceptos espaciais...


ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

 Neste recanto imos descubrir Exipto. Atopamos 4 palabras, EXIPTO, O CAIRO, KEOPS e PIRÁMIDE (Esta última non será descuberta ata o final da actividade).
Coñecemos que O Cario é a cidade máis importante de Exipto. O profe cóntanos que fai moitos, moitos, moitos anos en Exipto había un rei pero ao que non chamaban rei, senón "faraón" ao que lle fixeron un agasallo moi especial. Este faraón chamábase Keops. Para descubrir de que agasallo se trataba os nenos teñen que escribir a palabra KEOPS no recanto do ordenador no buscador de google e atopar imaxes relacionadas coa palabra, descubrindo finalmente que o agasallo que lle fixeron a KEOPS foi unha gran PIRÁMIDE.
Imprimimos unha foto da pirámide de Keops, recortamos e pegamos. Xusto baixo a pirámide debuxamos e coloreamos un triángulo, forma asociada á pirámide. Para rematar, escribirmos as plabras PIRÁMIDE e KEOPS.



ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ" 

No último recanto imos coñecer Venezuela. Traballamos en base a 4 palabras: VENEZUELA, CARACAS, CATARATA e SALTO DO ANXO.
O profe cóntanos que Caracas é a capital de Venezuela, e que neste país hai un lugar moi importante e coñecido, trátase dunha catarata. Introducimos o nome da catarata, "SALTO DEL ANGEL" na aplicación de Youtube do teléfono do profe, identificando letras e identificando os espacios necesarios para escribir o nome deste lugar. Vemos un video sobre o Salto del Ángel.
A continuación levamos a cabo un experimento. Imos facer a nosa propia catarata. Precisamos unha botella de auga baleira, un punzón e unha cubeta. Temos que picar a botella en diferentes lugares. Posteriormente enchemos a botella de auga empregando xerras e un enbudo. Comprobamos o efecto producido ao saír a auga polos buratos, creamos un salto de auga como o das cataratas de verdade.


...

Nos recantos tamen temos que levar a cabo diferentes tarefas diarias. Son actividades propias de cada recanto que todos/as realizamos de forma autonoma.




_______________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________

MÉRCORES 2 E XOVES 3 DE MAIO

PAÍSES DO MUNDO II


Como xa sabedes, a semana pasada un papá dos nenos da aula estivo de viaxe en Bélxica, e de alá, tróuxonos algúns agasallos, entre eles, unhas postais.
Utilizaremos estas postais para coñecer Bruxelas, a capital belga, e algúns dos seus lugares máis recoñecibles como:

ATOMIUM

ARCO DO PALACIO DO CINCUENTENARIO

MANNEKEN PIS

GRAN PLAZA

ASAMBLEA

1.Conversa.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Cristi busca o nome do encargado.
-Cristi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


3.Observamos o planeta terra e situamos/recordamos a bélxica sobre o mapa.

4.Cristi viaxa por Bruxelas visitando algún dos seus lugares máis característicos. Faino coa nosa axuda, xa que somos nós os que programamos os seus movementos.


Asi traballamos...



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS // RECANTO DAS LETRAS

Construimos o noso propio arco empregando pezas de dominó. Representamos o Arco do Palacio do Cincuentenario de Bruxelas sobre un folio en branco. Escribimos a palabra Arco.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS // RECANTO DOS EXPERIMENTOS

Utilizamos un dos xogos de construcción da nosa aula para realizar a nosa propia reproducción do Atomium de Bruxelas. Debuxamos o Atomium e escribimos o seu nome.






SEMANA DO LUNS 7 AO VENRES 11 DE MAIO


"CARS"


Pois si, aínda que pareza mentira esta semana tivemos como centro de interese na nosa clase a película "Cars". Esta innovadora aportación partiu de R.V.J e a súa familia, os cales empregaron unha cartulina amarela para crear un novo mundo para IBI e CRISTI, no que aparecían as diferentes persoaxes da película, Mate, Taco, Sally...



Coma sempre, iamos a traballar por recantos, en cada un deles, unha actividade diferente, pero sempre utilizando como punto de partida unha asamblea, onde recordamos o realizado ata o momento, valoramos o aprendido, organizamos o traballo e repartimos tarefas.






ASAMBLEA

1.Conversa.

2.Tarefas do encargado (inclúen):
-Cristi busca o nome do encargado.
-Cristi conta cantos somos.
-A suma simple do encargado.
-Calendario.
-Estado do tempo.
-Distribución por recantos.


3.Descubrimos as persoaxes da película "Cars", gracias a Cristi. Programamos a nosa abella robótica para que visite aos diferentes protagonistas do filme.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"Coche de carreiras de cartón"

Imos realizar un obradoiro de expresión plástica no que os nenos/as traballarán na elaboración dun coche de carreiras. Para a realización deste obradoiro imos precisar roliños de cartón de papel hixiénico, pinceis, témpera, tesoiras, punzóns, almohadiñas, ceras de cores e pegamento.
O primeiro é o primeiro, precisamos reunir todo este material, pois é parte da actividade que os nenos e nenas sexan cada vez máis autónomos e saiban organizarse en equipo para comezar a traballar, asi como cooperar tamén na recollida de todo o empregado. Un vez reunimos o material necesario, pintamos, recortamos, picamos, pegamos...



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Memory: sinais de tráfico"

Que mellor idea que relacionar a película "Cars" coas señais de tráfico. Imos coñecer a través dun memory, diferentes sinais de tráfico que nos resulten interesantes dende o punto de vista dun peón, ou de cara á convivencia. Os nenos/as traballarán no chan, por turnos daranlle a volta a dúas tarxetas tentando atopar as parellas e identificando o significado das diferentes sinais de tráfico. O traballo non remata aqui, xogarán dúas rondas, e deberán anotar as tarxetas acadadas en cada unha delas, para posteriormente de forma individual achar o resultado desta suma simple. Cantos puntos conseguiches??
Coa realización desta actividade os nenos/as coñecerán diferentes sinais de tráfico como, "Prohibido xogar ao balón na praza", "Parada de autobús", "Paso de peóns", "Zona de aparcamento para persoas con movilidade reducida", "Emprega as papeleiras"...



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS

IBI coñece a película "Cars"

No recanto das letras imos a traballar con IBI. O primeiro é que todo o grupo colabore para montar a estructura pola que IBI debe desprazarse. En segundo lugar, os nenos e nenas daranlle un nome e un número a cada unha das diferentes casiñas que conforman as vías de IBI. Para isto deben escribir os nomes das persoaxes de "Cars" que máis lles gusten, elixir unha casiña e facer o reconto para saber que número outorgarlle a cada unha delas.
Un vez teñamos organizado o circuito, os nenos/as xogarán a programar e desprazar a IBI polo percorrido, visitando ás diferentes persoaxes da película "Cars", achegándonos así á lecto-escritura, recoñecendo os seus nomes.



ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ"


CRISTI de paseo polo mundo "Cars"

CRISTI será programada polo nenos para percorrer o mundo de "Cars", e coñecer así ás diferentes persoaxes.  Os nenos e nenas deberán ir anotando os nomes das persoaxes que van visitando para ao remate da actividade explicar cal foi o percorrido realizado por CRISTI, traballando así nocíóns básicas de espacio-tempo, e secuenciando o percorrido realizado pola abella robótica.



SEMANA DO LUNS 21 AO VENRES 25 DE MAIO


"ALTAMIRA E O MUSEO DO PRADO"

Despois de moitos días con actividades paralelas ao desenvolvemento desta proposta didáctica, voltamos a retomar o noso traballo de aula. Atrás quedaron dúas semanas onde tivemos a oportunidade de participar nas xornadas da orientación, e na celebración das Letras Galegas 2018, contos, cancións, festas, visitas ao teatro... foron moitas as actividades realizadas.

Pero é hora de voltar ao traballo que día a día levamos a cabo na aula, e desta volta, imos utilizar a última das cartulinas creadas polos nenos/as de clase. B.F.S, creou un mundo para CRISTI no que esta poderá coñecer diferentes lugares da xeografía española.

Como dentro deste novo mundo atopamos moitos centros de interese, decidimos seleccionar dous, cos que traballar durante toda a semana. Os centros de interese van a ser a COVA DE ALTAMIRA e o MUSEO DE PRADO.





ASAMBLEA

Asamblea:

1.Conversa

2.Actividades con CRISTI:

-Escribo o meu nome con apelidos e programo a CRISTI para que o atope.
-Escribo o meu número de encargado, atopo o anterior e o posterior. Programo a CRISTI para que se desprace polo taboleiro de forma que pase polo 3 números.
-Escribo a data.
-Debuxo o tempo.
-Conto cantos somos e cantos faltan.
 -Distribución por recantos.

3.Observamos unha imaxe na que podemos ver unha muller pintando as paredes dunha cova. Coñecemos dúas obras expostas no museo do Prado, "A galiña cega" de Goya e "As Meninas" de Velázquez.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS

"A cova de Altamira"

Creamos na nosa aula unha gran cova, unha réplica da cova de Altamira. Pouco a pouco e por grupos ao longo da semana iremos decorando o  seu interior tal e como facían os homes e mulleres que fixeron as súas representacións en Altamira. Ao igual que no pasado, pintamos círculos, caracolas, mans, animais...










ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS

"Dous cadros do Museo do Prado"

Observamos dúas obras do Museo do Prado, as citadas no apartado de "Asamblea", unha de Goya e outra de Velázquez. A nosa misión e identificar cantas persoas se representan en cada un dos cadros, e determinar dentro de que obra hai máis persoas. Ademáis debemos establecer cantas persoas se representan en ambos cadros en total.






ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS.

"CRISTI recolle as letras"

Temos que programar a CRISTI para que se desprace polo seu taboleiro co fin de que vaia recollendo as letras da palabra ALTAMIRA que se atopan espalladas polas diferentes casiñas. A medida que imos recollendo letras imos compoñendo a palabra. Unha vez composta, escribimos e debuxamos a cova de Altamira.




ACTIVIDADE 4 - RECANTO DOS EXPERIMENTOS.

"Sellos de cartón"

Imos crear os nosos propios sellos cos que levar a cabo obras de arte como as que podemos ver tanto na cova de Altamira como no Museo do Prado. Empregamos o cartón do papel hixiénico para recortalo cunha tesoira e darlle diferentes formas. Imos crear o sello para unha estrela e outro para os raios do sol.









jueves, 8 de marzo de 2018

CONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER


Hoxe 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. Por este motivo queremos recomendarvos unha serie de contos enfocados á Educación Infantil que tratan esta temática, o papel da muller na nosa sociedade.



MARUXA
OQO
Eva Mejuto

Maruxa narra a historia dunha avoa que quere facer de comer e non ten con que... O marido ten fame e o seu único desexo e que a comida esté lista para sentar á mesa. Maruxa porá todo da súa parte para que Pepiño se involucre nas tarefas do fogar e contribúa a facer a comida.


LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
ALGAR
Llan Brenman

E por se muller todas teñen que ser sofisticadas, tenrras, doces, sentimentais e choromiqueiras? Axuda a esta princesa a descubrir que non todos temos que ser como o resto do mundo nos quere facer.







ONCE DAMAS ATREVIDAS
KALANDRAKA
Oli Helle Thomassen

Once damas atrevidas e aventureiras percorren o mundo facendo mostra do seu caracter independiente e con ganas de comerse o mundo. O problema é que polo camiño terán algún que outro percance...


MAMÁ
KALANDRAKA
Mariana Ruiz Johnson

Este conto podemos recomendalo tamén como agasallo do día da nai. Nel recóllense todas cantas cousas unha nai pode ser para os seus fillos.






ROSA CARAMELO
KALANDRAKA
Adela Turín e Nella Bosnia

Na mesma liña que "Las princesas también se tiran pedos", este conto tamén pretende ensinarno que non debemos ser como queren que sexamos, se non como desexamos ser.

No mundo dos elefantes viven felices os robustos elefantes grises e as delicadas e fermosas elefantas rosas, pero non... non todos son felices... hai unha elefanta que non quere ser rosa, gústalle ser gris... sairase coa súa, conseguirá que a comprendan?
Desfrutade da lectura!!!

viernes, 16 de febrero de 2018

RECURSOS PARA TRABALLAR A ROBÓTICA NAS AULAS DE INFANTIL




Nesta nova entrada iremos introducindo progresivamente diferentes recursos e materiais cos que podemos traballar nas aulas de educación infantil, co fin de iniciar aos nenos no mundo da robótica e da programación.

Estes recuros irán incorporándose a medida que sexan empregados na nosa aula e teñamos unha mínima experiencia na súa manipulación e uso. Con todo, tamén faremos referencia a outros recursos dos que teñamos coñecemento, a pesares de non estalos utilizando actualmente na aula.


BEEBOT

Este pequeno robot é un fantástico exemplo de como traballar cos nenos empregando unha metodoloxía significativa e funcional a través do xogo. Os nenos/as familiarízanse con diferentes nocións espaciais como adiante, atrás, esquerda, dereita, cerca, lonxe... Traballan ademáis conceptos núméricos, o reconto, a suma, a resta... e permítenos
tamén manexar o robot a través de diferentes centros de interese, polo que beebot será o medio que nos permita seguir avanzando no noso coñecemento.
O prezo de beebot ronda os 75 euros. 
 
_____________________________________________________________________
ROBOT RATO DE EUREKAKIDS

Coas mesmas posibilidades que o Beebot e a un prezo máis económico atopamos este pequeno rato robótico. Por un prezo aproximado duns 55 euros podemos facernos con un.
Este rato robótico ven acompañado de entre outros recursos, dunha serie de tarxetas coas que podemos programar de forma visual o percorrido que posteriormente realizará o rato.

_____________________________________________________________________
BLUEBOT

Podemos considerar a Bluebot como a versión 2.0 do Beebot. O aspecto do pequeno robot cambia. A súa carcasa transparente permítelles aos nenos/as observar o interior do bicho e recoñecer asi as súas placas e circuítos.
Bluebot permite a programación do robot de forma remota. Temos á nosa disposición unha App compatible con Ipad, Android, Mac ou Windouws. Esta aplicación permítenos que os movementos do robot poidan ser programados a distancia utilizando un teléfono ou unha tablet por exemplo.
Bluebot ademáis de con esta aplicación conta cun "Lector táctil" que nos permite colocar unha serie de tarxetas que guían os movementos do robot e que este executará de forma automática unha vez rematada a secuencia. Este recurso leva un paso máis aló a utilización das tarxetas de secuencia.
O prezo do Bluebot ronda os 100 euros (lector táctil non incluído)



_____________________________________________________________________
PROBOT

Probot é un robot artista que nos leva un paso máis aló que Beebot e Bluebot. Quizais este robot sexa máis orientado cara a Educación Primaria, polo que ter iniciado aos nenos na robótica en E. Infantil a través dos dous robots anteriores sería o ideal.
Con Probot podemos debuxar e facer diferentes formas xeométricas poñendo no seu  centro un lápiz ou rotulador, no lugar indicado para este fin.
Este robot ademáis de con frechas conta cun teclado numérico que nos permite variar os centímetros que o robot se despraza en cada un dos seus movementos, ou os graos que xira en cada un dos xiros que realiza.
O prezo do Probot ronda os 135 euros.




_____________________________________________________________________
INO-BOT
Ino-bot é a evolución natural de Bluebot e Probot. Con el tamén podemos debuxar, pois contén un departamento para colocar un lápiz ou un rotulador.
Ao igual que Bluebot, Ino-Bot permítenos traballar con el a través de control remoto dende unha tablet ou teléfono por exemplo. Pero a novidade está en que o programa a utilizar é "Scratch", polo que antes de manexar o robot deberemos iniciarnos neste tipo e programación.
O prezo do InO-Bot é de 160 euros aproximadamente.


#Pi2go é a evolución natural de Ino-Bot, pero dada a súa complexidade de cara á súa introducción na E.Infantil non o recolleremos dentro desta entrada.

_____________________________________________________________________
SCRATCH
Podemos definir SCRATCH como unha linguaxe de programación visual. Serve para crear de forma sinxela (por iso podemos orientalo cara a E.Infantil-E.Primaria) animacións, xogos e interaccións.
Poñamos como exemplo que na aula queremos desenvolver un proxecto sobre as illas e ocórresenos crear un protagonista para o proxecto, un pirata. Scratch ofrécenos a posibilidade de coller a figura dun pirata e darlle vida. Que se mova, que nos fale, que nos leve a diferentes lugares. Esto permítenos que o pirata sexa o que nos vaia presentando os diferentes centros de interese, e guiando o desenvolvemento do proxecto.
Dentro da aplicación de Scratch ademáis de diferentes obxectos, animais... contamos con diferentes accións. Estas accións deben ser combinadas formando un puzzle que describirá as actividades a realizar polo protagonista escollido.


Déixovos un pequeno tutorial sobre como iniciarnos no uso deste sistema de programación visual.


_____________________________________________________________________
CODE KARTS (APP)

Esta aplicación é xenial para utilizar nas aulas de infantil. Combinado co manexo do Beebot este pode ser un recurso que complemente dito traballo.
O funcionamento é o mesmo, con movementos básicos seguindo flechas, co fin de que os coches cheguen á meta.
Esta App é gratuíta.

_____________________________________________________________________
LIGHTBOT (APP)
Esta aplicación permítenos manexar un robot cos movementos clásicoS xa vistos co beebot ou con Code Karts (adiante, atrás, esquerda, dereita), pero añadindo 2 maís, o salto e o acendido de bombilla. Polo tanto os nenos e nenas xogan e aprenden pero agora empregando 6 accións en vez de 4. O fin é que o robot pase ou chegue a todas as casiñas de cor azul, e que en cada un delas acenda a luz que leva na cabeza.
App gratuíta.


viernes, 2 de febrero de 2018

UNHA SEMANA DE CIRCO





UNHA SEMANA DE CIRCO

Na semana do 5 ao 9 de febreiro imos facer un pequeno paréntesis no múndo da "Robótica entretida", para contextualizar a festa de entroido que o venres 9 levaremos a cabo no noso cole.
A temática baixo a cal nos difrazaremos este ano para celebrar o entroido vai ser o "Circo vintage", o circo de antaño chegará ao noso cole.
Por este motivo durante toda a samena levaremos a cabo diferentes actividades que nos permitan achegarnos ao mundo do circo clásico e darlle sentido ao noso disfraz. 


ACITIVIDADE 1- RECANTO DOS ARTISTAS
"Pelos de paiaso"
Imos facer unha manualidade onde os nenos/as empregarán palliñas de cores para decorar unha cabezaa de paiaso. Coas palliñas farán o pelo e unha paxariña de cores.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS
"Completa o paiaso"
Os nenos e nenas terán que contar ata 20 para poder ordear de forma progresiva os número e unir os diferentes puntos que lles permitan debuxar un paiaso.




ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"Poesía"
No recanto das letras imos ter a oportunidade de coñecer unha breve poesía sobre o circo. Entre outras tareas os nenos/as terán que atopar a palabra CIRCO entre as diferentes palabras que compoñen os versos rimados. Coa lectura do profe descubrimos que nesta poesía hai outras moitas palabras que tamén coñecemos, escribimos a que máis nos gusta e debuxamos.




ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"Ibi vai ao circo"
Ibi ten moitas ganas de ir ao circo, pero o pobre non sabe o camiño. Debermos axudalo e programalo e de seguro que así ao final poderá atopar o lugar no que se atopa a carpa do circo.