lunes, 16 de marzo de 2020

O COLE NA CASA 2




O COLE NA CASA 2


MARTES 17 DE MARZO DO 2020



___________________

COLLE UN PAPEL E ESCRIBE OS SEUS NOMES. DESPOIS DEBUXA E COLOREA.







___________________

UN CONTO PARA HOXE...





Unha maneira diferente de explicarlle aos nenos e nenas de Caamaño que nos está pasando.


___________________

UN XOGO INTERACTIVO





___________________

UNHA MANUALIDADE

PAPIROFLEXIA SINXELA: A CARA DUN CAN


PAPIROFLEXIA SINXELA 2: A CARA DUN GATO



___________________

¿QUE NÚMEROS FALTAN EN CADA FILA?





___________________

UNHAS ADIVIÑAS


CUANDO LLUEVE Y SALE EL SOL,
TODOS LOS COLORES TENGO YO.

(¿SABES O QUE E? DEBUXAO!!!
arco da vella


DE RALLAS ES MI PIJAMA,
PERO NUNCA ME METO EN LA CAMA.

(SABES O QUE É? DEBUXAO!!!
cebra

O COLE NA CASA






O COLE NA CASA

LUNS 16 DE MARZO DO 2020

____________________

O TEMPO


DEBUXA O TEMPO QUE FAI HOXE, ELIXE AS PALABRAS CORRECTAS E ESCRIBEAS NO TEU DEBUXO.

SOL


NUBES


CHOIVA


SOL E NUBES



                                                               ____________________

OS DADOS


DEBUXA ESTES DOUS DADOS E ESCRIBE AO SEU LADO O NÚMERO QUE LLE CORRESPONDE. ¿CANTOS PUNTOS HAI EN TOTAL? SUMA!!!



                                                              ____________________

O CONTO DE HOXE...



ESCOITA E CANTA A CANCIÓN DO CONTO...


1. RECORDA O NOME DE TODOS OS OFICIOS QUE APARECEN NO CONTO.

2. CITA O NOME DUNHA FERRAMENTA OU UTENSILIO NECESARIO PARA LEVAR A CABO CADA UN DESES TRABALLOS.

3. ¿QUE CHE GUSTARÍA SER A TI DE MAIOR? CONTAO NA CASA.

________________

UNHA MANUALIDADE...



FAI UN COCHE DE RALLY CUN TUBO DE CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO. CANDO O REMATES PONLLE O NÚMERO QUE QUEIRAS E O TEU NOME, PARA QUE TODO O MUNDO SEPA QUEN É O CONDUCTOR DO COCHE.

_________________

XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA



_________________________________________________________________________________


PASADEO BEN!!!


sábado, 4 de enero de 2020

SOMOS O QUE COMEMOS

SOMOS O QUE COMEMOS


A segunda parte do primeiro trimestre adicámola a coñecer os alimentos. Falamos de alimentación saudable, pero tamén nos permitimos algún que outro capricho.

O primeiro dentro do noso proxecto foi crear un espacio na aula para todos os contos relacionados cos alimentos que puidemos atopar na biblioteca.

Traballamos algúns dos títulos desta improvisada biblioteca. A MELLOR SOPA DO MUNDO foi un dos contos que empregamos. Escoitamos moi atentamente a lectura identificando e escribindo o nome dos alimentos que ían aparecendo.


Decidimos empregar como recursos de aprendizade diferentes alimentos, algúns exemplos deixámolos de seguido:


Abelás e noces entre outros foron parte dos recursos empregados para traballar entre outras cousas a lóxica-matemática.


Todos estes froitos e froitas servíronnos para identificar letras e palabras e asociar número con cantidade. Abelás, noces, castañas, laranxas, plátanos, uvas...




Descubrimos a pirámide dos alimentos e o seu significado. Elaboramos a nosa propia pirámide facendo un gran mural nunha das paredes da nosa aula.



Empregamos as galletas como recurso educativo. Con elas escribimos, contamos e construímos.


As visitas foron un punto clave do noso proxecto. Tres foron as que se levaron a cabo.


Nesta primeira visita recibimos a Rosa que veu para contarnos a súa experiencia como froiteira. Coñecemos e probamos froitas de todas as cores e sabores.




A segunda das visitas foi a de Carmen. Charcuteira de profesión. Carmen veu para contarnos moitas cousas do seu traballo, e a presentarnos moitos dos produtos que vende a diario, a súa orixe e o xeito en que se elaboran.


A última das visitas foi a de Nieves. Nieves é pescadeira e tróuxonos diferentes especies de peixe e marisco.



Non todo ían ser visitas, por ese motivo programamos unha saída. Previamente elaboramos a lista da compra para despois saír ao super de Caamaño a comprar todos os produtos que necesitabamos para elaborar unha rica ensalada.


E abofé que elaboramos cadansúa ensalada.





Achegábase o día da recepción ao Apalpador na nosa aldea. Por ese motivo decidimos investigar sobre a súa alimentación. Puidemos facernos co froiteiro da casa do Apalpador e rexistrar o nome e a cantidade de cada froita que había nel.


En breve comeza un terceiro trimestre no que o primeiro centro de interese que nos atoparemos será... o mundo dos Rallys, moito por aprender.










domingo, 3 de noviembre de 2019

CAAMAÑO XURÁXICO

CAAMAÑO XURÁXICO



Novo curso e primeiro proxecto, desta volta centrámonos no estudo dos dinosauros.
Coma noutras ocasións, organizamos a aula en diferentes recantos de traballo, cada un deles relacionado con distintos ámbitos do desenvolvemento ou capacidades/habilidades. Ao longo da semana todos os nenos pasan por todos o recantos, e levan a cabo as diferentes actividades propostas. As actividades desenvoltas foron as citadas a continuación:


"Dino-globo"

Cun pouco de cartulina e un globo compoñemos o noso propio dinosauro.

"A enciclopedia dos dinosauros"

Comezamos a compoñer a nosa propia enciclopedia sobre dinosauros. Imos coñecendo diferentes dinosauros e numerandoos segundo a orde nos que os descubrimos. Coñecemos os seus nomes, por que medio se desprazaban (terra, auga ou aire), cal era o seu alimento favorito, cal era o seu tamaño...

"Puzzle do Estegosauro" 

Un dos dinosauros que coñecemos é o Estegosaurio. Levamos a cabo un puzzle que nós mesmos recortamos, ordeamos e pegamos. É importante atender á secuencia numérica, pois as pezas están numeradas do 1 ao 10.

"Experimento con ovos"

Unha das cousas que acabamos de aprender é que os dinosauros nacían dos ovos. Por esta razón escollemos os ovos como recurso de aprendizaxe, con eles levamos a cabo un experimento onde estes se convertirán (se todo sae ben), en pelotas saltarinas. Facémolo sumerxindo os ovos en vinagre nun vaso. Rexistramos o nome de todos os elementos empregados para poder levar a cabo o experimento.

"Pisada de dinosauro" 

Un gran dinosauro visitou a escola de Caamaño a pasada noite, ou polo menos iso sospeitamos, pois apareceu unha gran pisada... de dinosauro. Cun metro medímola e despois representamola sobre un papel, cuñantificando o seu tamaño de diferentes maneiras.


"Completa o Estegosauro"

Ao noso estegosauro caéronlle as súas púas. Añadimos o número de púas indicado no noso Estegosauro.



"Cancións de dinosauros"

A través das cancións coñecemos unha infinidade de cousas sobre a vida e morte dos dinosauros, asi como curiosidades das diferentes especies que iamos coñecendo. Aquí vos deixamos os hits que soaron nos meses de setembro e outubro na nosa escola.






"O Diplodocus"

Somo uns auténticos artistas. A nosa gran habilidade no terreo da expresión plástica permitiunos elaborar o noso propio Diplodocus a partir dun tubo de cartón de papel hixiénico.

"As partes do corpo dun dinosauro"
Coñecemos as diferentes partes do corpo dun dinosauro. Identificamos as letras que compón cada palabra e escribímolas.


"Formas xeométricas varias = Dinosauro"

O mestre deulle a cada neno/a unha serie de formas xeométricas de papel, coas que estes/as tiñan que tentar compoñer un Dinosauro. As propostas que saíron foron infinitas...


"Medimos un T-Rex"

Aprendemos para que serve unha regla ou unha cinta métrica. Descubrimos para que serve esa palabra tan rara... "centímetros". Empregamos a regla para medir as diferentes partes do corpo dun T-Rex de xoguete, rexistrando os datos obtidos.

" Dinopinza"
Papel e unha pinza son recursos máis que suficientes para crear un T-Rex do máis temible.



"Titorial para debuxar un dinosauro".

Descubrimos que é un "titorial" e como atopalo empregando un ordenador. Seguimos as consignas realizadas nun titorial de debuxo, e cada un de nós debuxa o seu propio dinosauro.

"Secuencia vital"

Ordeamos e secuenciamos os diferentes momentos da vida dun dinosauro, dende o seu nacemento a partir dun ovo, ata a súa morte e a súa transformación nun fósil.
Este proxexto descubriunos unha chea de dinosauros que non coñeciamos, coñecemos e comprendemos conceptos como, ovíparos, vivíparos, carnívoros...
Lemos, escribimos, investigamos, rexistramos... E sobre todo, divertímonos.