lunes, 23 de marzo de 2020

O COLE NA CASA 5




O COLE NA CASA 5
MARTES 24 DE MARZO DO 2020



______________

UN CONTO

CHIBOS CHIBÓNS





______________

LÓXICA-MATEMÁTICA

¿Cantos rapaces/zas hai aqui?


 ¿Cantos rapaces/zas hai aqui?

¿Onde hai mais? ¿arriba ou abaixo?


______________

UN OBRADOIRO DE COCIÑA

PASTEL DE COLACAO
No microondas e en tan só 5 minutos...




______________

UNHA MANUALIDADE

Unha bolboreta con papel de cociña, un pincel e algo de pintura. Humedece ben o pincel antes de aplicar a pintura e observa como unha única gota se extende polo papel.




______________

UN POUCO DE EXERCICIO NA CASA

Prepara a actividade con papel hixiénico e cinta de carrocero para non dañar a pintura das paredes. Recorda que a preparación da actividade tamén supón unha aprendizaxe. Os nenos e nenas tamén teñen que participar nesta fase, na da preparación.




______________

¿QUERES ESCRIBIR?

Observa as fotos e escribe o seu nome nun papel.






domingo, 22 de marzo de 2020

O COLE NA CASA 4



O COLE NA CASA 4

LUNS 23 DE MARZO DO 2020

_________________

UN CONTO PARA HOXE...


DEBUXA TODOS OS ANIMAIS QUE SALEN NO CONTO E  
ESCRIBE O SEU NOME.

_________________

UNHA CANCIÓN...


¿SABÍAS QUE O VENRES 20 DE MARZO EMPEZOU A PRIMAVERA? SEGURO QUE NA CASA TES UN CALENDARIO. BUSCA O VENRES 20 DE MARZO E RODEAO CUN CÍRCULO. LOGO RODEA CUN CÍRCULO O DÍA DE HOXE, LUNS 23 DE MARZO.



_________________

UN XOGO DE OBSERVACIÓN E EXPRESIÓN ORAL.


CITA O NOME DE TODOS OS ELEMENTOS QUE APARECEN EN CADA RONDA DE XOGO E IDENTIFICA O INTRUSO.



_________________

ALGO DE EXPRESIÓN PLÁSTICA

UN PULPO!!!



_________________

LÓXICA-MATEMÁTICA

COLLE 10 PINZAS E ESCRÍBELLE UN NÚMERO A CADA UNHA, DO 1 AO 10. 
LOGO FAI DISTINTAS TIRAS DE PAPEL COA SERIE DO 1 AO 10 CREANDO DIFERENTES OCOS. XOGA A COLOCAR CADA PINZA NO SEU LUGAR.







miércoles, 18 de marzo de 2020

UNHA CURTA PARA O 19 DE MARZO... NON A PERDAS... VALE A PENA




PAI E FILLO (ALIKE)

¿Canto pode abrirlle os ollos un fillo a un pai? Canto pode cambiar un pai por un fillo?
¿Que queremos para os nosos nenos e nenas? Outra maneira de facer as cousas é posible.





martes, 17 de marzo de 2020

O COLE NA CASA 3




O COLE NA CASA 3

MÉRCORES 18 DE MARZO DO 2020


_____________

UN POUCO DE CONVERSA


Fala na casa... comenta unha cousa que che faga feliz e outra que che faga enfadar. ¿E os demáis? ¿Que os pon felices? ¿Que os pon tristes? Pregunta.


_____________

UN CONTO PARA HOXE

O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA



_____________

ALGO DE LÓXICA-MATEMÁTICA










EXPERIMENTO MATEMÁTICO



Busca 3 zapatos diferentes na túa casa. Colocaos no chan do máis grande ao máis pequeno. Agora mideos colocando pinzas da roupa ao seu lado. ¿Cal mide máis?¿cal mide menos? Rexistra os teus descubrimentos con lápiz e papel

_____________

¿QUERES ESCRIBIR?

Colle un papel, escribe, debuxa e colorea





_____________

ALGO DE EXPRESIÓN PLÁSTICA

Crea o teu propio dominó con cartón, colores ou pegatinas.



_____________

UNHA CANCIÓN

Eu teño alguén no meu corazón




Escribe o nome de todas as persoas que teñas ti no teu corazón!!!

lunes, 16 de marzo de 2020

O COLE NA CASA 2




O COLE NA CASA 2


MARTES 17 DE MARZO DO 2020



___________________

COLLE UN PAPEL E ESCRIBE OS SEUS NOMES. DESPOIS DEBUXA E COLOREA.







___________________

UN CONTO PARA HOXE...





Unha maneira diferente de explicarlle aos nenos e nenas de Caamaño que nos está pasando.


___________________

UN XOGO INTERACTIVO





___________________

UNHA MANUALIDADE

PAPIROFLEXIA SINXELA: A CARA DUN CAN


PAPIROFLEXIA SINXELA 2: A CARA DUN GATO



___________________

¿QUE NÚMEROS FALTAN EN CADA FILA?





___________________

UNHAS ADIVIÑAS


CUANDO LLUEVE Y SALE EL SOL,
TODOS LOS COLORES TENGO YO.

(¿SABES O QUE E? DEBUXAO!!!
arco da vella


DE RALLAS ES MI PIJAMA,
PERO NUNCA ME METO EN LA CAMA.

(SABES O QUE É? DEBUXAO!!!
cebra

O COLE NA CASA






O COLE NA CASA

LUNS 16 DE MARZO DO 2020

____________________

O TEMPO


DEBUXA O TEMPO QUE FAI HOXE, ELIXE AS PALABRAS CORRECTAS E ESCRIBEAS NO TEU DEBUXO.

SOL


NUBES


CHOIVA


SOL E NUBES



                                                               ____________________

OS DADOS


DEBUXA ESTES DOUS DADOS E ESCRIBE AO SEU LADO O NÚMERO QUE LLE CORRESPONDE. ¿CANTOS PUNTOS HAI EN TOTAL? SUMA!!!



                                                              ____________________

O CONTO DE HOXE...



ESCOITA E CANTA A CANCIÓN DO CONTO...


1. RECORDA O NOME DE TODOS OS OFICIOS QUE APARECEN NO CONTO.

2. CITA O NOME DUNHA FERRAMENTA OU UTENSILIO NECESARIO PARA LEVAR A CABO CADA UN DESES TRABALLOS.

3. ¿QUE CHE GUSTARÍA SER A TI DE MAIOR? CONTAO NA CASA.

________________

UNHA MANUALIDADE...



FAI UN COCHE DE RALLY CUN TUBO DE CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO. CANDO O REMATES PONLLE O NÚMERO QUE QUEIRAS E O TEU NOME, PARA QUE TODO O MUNDO SEPA QUEN É O CONDUCTOR DO COCHE.

_________________

XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA



_________________________________________________________________________________


PASADEO BEN!!!


sábado, 4 de enero de 2020

SOMOS O QUE COMEMOS

SOMOS O QUE COMEMOS


A segunda parte do primeiro trimestre adicámola a coñecer os alimentos. Falamos de alimentación saudable, pero tamén nos permitimos algún que outro capricho.

O primeiro dentro do noso proxecto foi crear un espacio na aula para todos os contos relacionados cos alimentos que puidemos atopar na biblioteca.

Traballamos algúns dos títulos desta improvisada biblioteca. A MELLOR SOPA DO MUNDO foi un dos contos que empregamos. Escoitamos moi atentamente a lectura identificando e escribindo o nome dos alimentos que ían aparecendo.


Decidimos empregar como recursos de aprendizade diferentes alimentos, algúns exemplos deixámolos de seguido:


Abelás e noces entre outros foron parte dos recursos empregados para traballar entre outras cousas a lóxica-matemática.


Todos estes froitos e froitas servíronnos para identificar letras e palabras e asociar número con cantidade. Abelás, noces, castañas, laranxas, plátanos, uvas...




Descubrimos a pirámide dos alimentos e o seu significado. Elaboramos a nosa propia pirámide facendo un gran mural nunha das paredes da nosa aula.



Empregamos as galletas como recurso educativo. Con elas escribimos, contamos e construímos.


As visitas foron un punto clave do noso proxecto. Tres foron as que se levaron a cabo.


Nesta primeira visita recibimos a Rosa que veu para contarnos a súa experiencia como froiteira. Coñecemos e probamos froitas de todas as cores e sabores.




A segunda das visitas foi a de Carmen. Charcuteira de profesión. Carmen veu para contarnos moitas cousas do seu traballo, e a presentarnos moitos dos produtos que vende a diario, a súa orixe e o xeito en que se elaboran.


A última das visitas foi a de Nieves. Nieves é pescadeira e tróuxonos diferentes especies de peixe e marisco.



Non todo ían ser visitas, por ese motivo programamos unha saída. Previamente elaboramos a lista da compra para despois saír ao super de Caamaño a comprar todos os produtos que necesitabamos para elaborar unha rica ensalada.


E abofé que elaboramos cadansúa ensalada.





Achegábase o día da recepción ao Apalpador na nosa aldea. Por ese motivo decidimos investigar sobre a súa alimentación. Puidemos facernos co froiteiro da casa do Apalpador e rexistrar o nome e a cantidade de cada froita que había nel.


En breve comeza un terceiro trimestre no que o primeiro centro de interese que nos atoparemos será... o mundo dos Rallys, moito por aprender.