domingo, 28 de enero de 2018

AS IDEAS DAS FAMILIAS PARA IBI




Dende o cole o profe pideu a colaboración das familias para buscar novos centros de interese para traballar cos nenos e nenas na aula. O obxectivo é crear pequenos mundos para que Ibi os percorra mentres nos á vez que programamos os seus movementos, aprendemos cousas novas.

Estas son as ideas das familias. Iremos incorporando as imaxes a medida que as propostas cheguen á aula.


GALIZA


O CRECEMENTO DAS PRANTAS

PAISES DO MUNDO

AS EMOCIÓNS

O UNIVERSO

ARBORES E FROITAS

A METAMOROFOSIS DAS BOLBORETAS

CARS

PALABRAS EN GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS E MONUMENTOS DO MUNDO

...

domingo, 7 de enero de 2018

ROBÓTICA ENTRETIDA

ROBÓTICA ENTRETIDA



Comezamos novo trimeste con novas actividades. Desta volta imos a iniciarnos na robótica e na programación.

Para este fin imos contar coa axuda dun novo compañeiro de clase, un rato moi espelido co que realizaremos un sin fin de xogos e actividades que semanalmente poderedes ir coñecendo.

SEMANA DO LUNS 8 AO VENRES 12 DE XANEIRO DO 2018


ASAMBLEA

Antes de nada... que nos trouxo o Apalpador??




1-Rexistro de nomes e apelidos individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata o nome do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

5-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

6.Tarea sobre calendario do mes de xaneiro.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS.
"Marioneta robótica"

Elaboramos unha marioneta na que representaremos un robot. Empregaremos folios, cartulinas, cores, depresores e pegamento.



ACTIVIDADE 2 - RECANTO DAS MATES.
"O rato robótico quere un queixo"

Sobre unha superficie na que se traza unha cuadrícula un rato robótico disponse a zamparse un queixo. Colorea de vermello todos os recadros polos que avanza o rato, e de negro todos polos que non pasa. Fai o reconto, cantos recadros vermellos hai? Cantos recadros negros hai?
No reverso do folio indica con número as cantidades achadas e indica de que cor hai máis pegando un gomet ao lado do número.



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS.
"A palabra robot"

Escribimos nun folio a palabra  R O B O T. Descubrimos que está composta por 5 letras. Pensamos unha palabra nova a partir de cada unha das letras que compoñen R O B O T. Por exemplo...
R (RICARDO) (OLLO) (BOLBORETA) O (OSO) (TAZA).
Escribimos e debuxamos cada unha desas palabras.



ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"Xogo e aprendo co rato robótico"

Montamos diferentes laberintos para o noso robot. Exercitamos a nosa capacidade de programar para acadar que o rato coma o seu desexado queixo.

_________________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 15 AO VENRES 19 DE XANEIRO DO 2018

ASAMBLEA

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.
3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

5-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

6-Tarea sobre calendario do mes de xaneiro.

7-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS.
"Puzzle robótico"

No recanto dos artistas os nenos e nenas realizarán un puzzle coas súas propias mans. Os cativos elaborarán o seu propio puzzle para despois intentar compoñelo.

 

ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS
 "Robot e formas xeométricas"

Actividade impresa na que os nenos/as deben recoñecer as diferentes formas xeométricas que compoñen un robot. Ademáis deben contabilizar cantas formas xeométricas hai e de cal delas hai máis.

ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"Ibi aprende a ler"

Ibi está aprendendo a ler. Sobre a súa cabeza coloca un sombreiro cunha  consoante e percorre o pais da vogais. Cada vez que o rato pasa por unha vogal os nenos/as pronunciarán as diferentes sílabas. Primeiro será Ibi o que decida por donde pasar, e logo serán os cativos/as os que decidan que sílaba queren ler.




ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"Code Karts"

Empregaremos unha tablet para descubrir unha aplicación na que teremos que programar un coche de carreiras para acadar que este cruce a liña de meta. Code Karts emprega un sistema de codificación moi parecido ao do rato Ibi, pero con este iniciámonos á súa vez no manexo autónomo da tablet.



#Descargade a aplicación na vosa casa utilizando a ferramenta PLAYSTORE e introducindo o nome da aplicación CODE KARTS, é totalmente gratuíta.


_________________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 22 AO VENRES 26 DE XANEIRO DO 2018

ASAMBLEA

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

5-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

6-Tarea sobre calendario do mes de xaneiro.

7-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

8.Actividade grupal: "Ensinamos a ler a IBI"
O encargado escolle 3 sombreiros (vocais) para Ibi. Ibi percorrerá o mapa das vogais e silabearemos.



ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS.
"Robot con depresores"

Imos realizar unha actividade na que os cativos/as manexarán depresores para configurar un robot, contribuíndo á súa vez á configuración do esquema corporal. Os nenos/as deberán representar o esquema corporal dun robot en plano. Posteriormente tentarán realizalo en 2-D, empregando plastilina para unir as súas articulacións.






ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS
 "Un coche que conta e suma"

Nesta actividade os nenos e nenas manexarán un coche teledirixido. Contaremos con un mando co que poder dirixir os movementos do coche (adiante-atrás) (esquerda-dereita). Para a actividade contaremos ademáis con vasos con diferentes cantidades de bolas. Os rapaces/zas deben facer un reconto do número de bolas que hai no vaso que lles corresponda analizar, e dirixir o coche ata o número correspondente a través dun circuito marcado.


4





ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"Ibi busca letras"

Nesta actividade presentaránselles ós nenos diferentes tarxetas nas que poderán atopar unha imaxe e unha palabra. Por exemplo unha imaxe  na que apareza a palabra ARBOL. Os nenos deberán programar a Ibi para que percorra o mundo das letras na búsqueda das letras necesarias para compoñer a palabra ARBOL. Os nenos/a contarán ademáis cunha folla de rexistro na que deberán anotar as palabras e debuxar.





ACTIVIDADE 4 - RECANTO DO "FAINO TI SÓ"
"Xogos educativos na tablet"



*Si o desexades, descargade a app nos vosos dispositivos. Introdice no Playstore as palabras "juegos infantiles educativos", descargaa e a xogar e aprender.






_________________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 29 DE XANEIRO AO VENRES 2 DE FEBREIRO DO 2018

IBI COÑECE GALICIA



(COMEZAMOS A TRABALLAR A PARTIR DAS IDEAS DAS FAMILIAS... 
MOITAS GRAZAS!!!)

ASAMBLEA

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

5-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

6-Tarea sobre calendario do mes de xaneiro-febreiro.

7-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

8.Actividade grupal: "Ibi de viaxe por Galiza."Coa nosa axuda Ibi desprazarase por algúns dos lugares máis representativos das nosa comunidade. Tamén terá a oportunidade de coñecer a nosa gastronomía, a nosa cultura e moitos dos nosos monumentos



ACTIVIDADE 1- RECANTO DOS ARTISTAS
"Os Peliqueiros"

Achégase o entroido, por este motivo imos adicar parte do noso tempo a coñecer a figura do Peliqueiro. O Peliqueiro procede de Laza en Ourense, imos coñecer as principais características das súas máscaras e sobre todo, imos facer a nosa propia máscara de Peliqueiro.




ACITIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS
"Chove e volta chover"

Gracias a Ibi xa sabemos que o puzzle de Galiza ten 4 pezas, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Nos últimos días Ibi estivo recollendo a auga da choiva que caeu nestes 4 lugares. Esta auga está recollida en 4 recipientes. Imos ter que analizar a cantidade de choiva que hai en cada vaso, achar a cantidade total de auga que hai, e identificar en que lugar de Galiza choveu máis.



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"4 fermosos lugares de Galiza"

No recanto das letras imos adicar parte do noso tempo a coñecer o puzzle de Galiza. Ibi debe desprazarse sobre o mapa ata chegar á provincia indicada polo profe. Na parte traseira do mapa imos estampar utilizando os sellos os nomes das 4 provincias galegas.


ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"A muralla de Lugo"

Con rolos de papel hixiénico e cartulina imos facer unha pequena maqueta da muralla romana de Lugo. Durante o desenvolvemento da actividade imos aprender para que se fixo no seu momento esta construcción tan fermosa.





_________________________________________________________________________________
 
#NA SEMANA DO 5 AO 9 DE FEBREIRO FAREMOS UN PEQUENO PARÉNTESES NO PROXECTO DA ROBÓTICA, PARA ADICAR O NOSO TEMPO A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO ENTROIDO. ESTA ENTRADA SERÁ ACTUALIZADA Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE ENTROIDO.

_________________________________________________________________________________


SEMANA DO LUNS 26 DE FEBREIRO AO VENRES 2 DE MARZO DO 2018

IBI SEGUE COÑECENDO GALIZA 

 

D.S.S trouxo á aula unha proposta para que xunto con IBI coñecésemos diferentes monumentos do patrimonio galego: a muralla de Lugo, a Torre de Hércules, o Castro de Baroña, o faro de Fisterra e a catedral de Santiago de Compostela. En semanas anteriores xa tivemos a oportunidade de traballar a muralla de Lugo, e na semana que nos ocupa descubriremos a Torre de Hércules e o faro de Fisterra.




ASAMBLEA

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

5-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

6-Tarea sobre calendario do mes de febreiro.

7-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

8.Actividade grupal: "Ibi de viaxe por Galiza.: Ibi continúa a súa viaxe por Galicia, desta volta visitará o faro de Fisterra, a Torre de Hércules, o Castro de Baroña e a catedral de Santiago.


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS
"Torre de Hércules"

Imos facer a nosa propia Torre de Hércules empregando pinzas e depresores. Coordinación, precisión, nocións espaciais, habilidade... moitas cousas serán precisas para que poidamos rematar a nosa torre a tempo... conseguirémolo??





ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS
 "O mar é un labirinto"

Debemos axudar ao barco a atopar o camiño que o leve ata o faro de Fisterra. Traza o percorrido con lapis. Posteriormente cubreo con gomets. Finalmente rexistraremos o número de gomets empregado para percorrer o camiño e compararémolo cos empregados polos nosos compañeiros de recanto. Quen empregou máis? Quen menos?



 Unha vez rematado o labirinto, axudaremos a Ibi a desprazarse dende a muralla de Lugo, onde se atopa ata a Torre de Hércules e o faro de Fisterra, programando o seu desprazamento, e rexistrando o nùmero de casillas que debe avanzar para chegar ao seu novo destino.



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"O faro de Fisterra"
Debuxamos o faro de Fisterra e escribimos o seu nome. Analizamos as suas principais características, cor forma, número de portas e xanelas, altura...




ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"Lightbot"

Neste recanto imos empregar a tablet para seguir aprendendo. O profe descargou unha aplicación chamada "Lightbot". Debemos programar os movementos do robot para axudalo a desprazarse e acadar os seus obxectivos. Como si do faro de Fisterra se tratase, este robot tamén ten luz. Situada na súa cabez debemos iluminala cada vez que cheguemos ao final do percorrido.










# se desexades descarbar o xogo na vosa tablet ou no voso teléfono, introducide no "playstore" a palabra "lightbot junior"

_________________________________________________________________________________


SEMANA DO LUNS 5 AO VENRES 9 DE MARZO DO 2018

IBI DESCUBRE AS PRANTAS

 

C.R.D e a súa familia crearon sobre unha cartulina verde un novo mundo para Ibi. O noso rato robótico vai a descubrir como medran as prantas.


ASAMBLEA

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Facemos as nosas primeiras sumas: Xogamos a sumar as mans, os embigos, as narices, os pés, os ollos, as bocas... dos nenos e das nenas da nosa clase.

5- Ibi aprende a ler: silabeamos e lemos as nosas primeiras palabras de 1 e 2 sílabas coa axuda do noso rato.

6-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

7-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

8-Tarea sobre calendario do mes de Marzo.

9-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

10. Prantamos as nosas propias prantas. Empregamos lentellas, vasos de plástico, algodón e unha regadeira.


Asi traballamos nos recantos...

ACTIVIDADE 1: RECANTO DOS ARTISTAS


No recanto dos artistas imos empregar o noso tempo para compoñer un "macaco" ao que se  coidamos con moito agarimo, acabaralle medrando o pelo. Imos empregar unha media, serrín, alpiste, uns ollos e un pouco de goma eva. Durante os días posteriores á realización da actividade adicarémonos ao coidado do "macaco", regandoo periódicamente ata que vexamos os resultados.


ACTIVIDADE 2: RECANTO DOS NÚMEROS

Imos desprazar a Ibi polo pequeno munda da xerminación que trouxa á clase C.R.D gracias á colaboración da súa familia. Coa nosa axuda Ibi aprenderá os pasos esenciais para o cultivo das prantas, dende o momento en que plantamos a semilla, ata o xerminación do brote e o crecemento final da pranta. Termos que poñer a proba todos os nosos coñecementos de robótica acadados ata o momento, para que os movementos de Ibi sexan os correctos.



ACTIVIDADE 3: RECANTO DAS LETRAS
É hora de plasmar os nosos coñecementos sobre o cultivo das prantas.Imos realizar unha secuencia na que deberemos escribir as palabras SEMILLA, BROTE e PRANTA e ordealas temporalmente outorgándolles os números 1, 2 e 3. As palabras e os números irán acompañados de debuxos que reflexen o proceso que debemos seguir para cultivar correctamente unha pranta.



ACTIVIDADE 4: RECANTO DO "FAINO TI SÓ"


Nesta ocasión imos realizar un experimento con flores e auga. Durante esta semana unha das cousas que estamos aprendendo e que as prantas aliméntanse de sales minerais pero sobre todo de auga. Imos experimentar como as flores recollen a auga que as rodea empregando uns claveles, uns vasos, auga e colorante de diversas cores. Cada neno/a deberá ademáis deseñar unha etiqueta para a súa flor, na que se indique o seu nome e a cor empregada para o experimento.

Primeiros resultados en tan só unha horas!!! A flor vólvese azul!!!

...Mais resultados positivos do noso experimento...



_________________________________________________________________________________

SEMANA DO LUNS 12 AO VENRES 16 DE MARZO DO 2018

IBI COÑECE AS ÁRBORES FROITEIRAS




A semana pasada experimentamos sobre o crecemento das prantas e familiarizámonos con conceptos novos para nós como semilla, brote ou pranta.
Nesta nova semana de cole imos achegarnos ao descubrimento das árbores e as froitas, e coma sempre farémolo do rabo do noso rato robótico Ibi. Esta idea foi aportada por I.P.L e a sua familia. Moitas gracias!!!


ASAMBLEA

#Comezamos a mañá regando as nosa prantación de fabas e lentellas, asi como tamén os nosos "macacos" feitos a semana pasada con serrín e alpiste.

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Facemos as nosas primeiras sumas: Xogamos a sumar as mans, os embigos, as narices, os pés, os ollos, as bocas... dos nenos e das nenas da nosa clase.

5- Ibi aprende a ler: silabeamos e lemos as nosas primeiras palabras de 1 e 2 sílabas coa axuda do noso rato.

6-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

7-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

8-Tarea sobre calendario do mes de Marzo.

9-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

10-Ibi coñece as árbores froiteiras e as súas froitas. Debemos axudalo a desprazarse por este novo mundo.



ACTIVIDADE 1: RECANTO DOS ARTISTAS
"Con froita podo facer unha obra de arte para que ti a poidas ver"

Os nenos e nenas debemos escoller un dos dous modelos presentes no blog para elaborar un rico prato para as nosas merendas da tarde. Como podedes ver, estas pequenas obras de arte están compostas de froitas, conseguiremos que cheguen á casa sen ninguún desperfecto??  





ACTIVIDADE 2: RECANTO DOS NÚMEROS
"Zume de laranxa"

O profe déixanos a cada un dos nenos do recanto uns cartóns cunha suma simple. Teremos que razoar e darlle unha solución a este problema, pois precisamos saber cantas laranxas temos que empregar para elaborar o zume de laranxa. A cada un de nós o profe déixanos unha suma diferente. Para poder resolver esta operación pegaremos a cartulina sobre un folio e faremos o razoamento necesario plasmandoo sobre o papel. Unha vez obtida a cantidade de laranxas que debemos utilizar, colleremos da cesta a que nos corresponda e elaboraremos o zume empegando o exprimidor. Depositaremos o zume nunha xerra con medida para analizar canta cantidade de zume fixemos. Finalmente depositaremos o zume nun vaso e disfrutaremos do seu sabor.






ACTIVIDADE 3: RECANTO DAS LETRAS
"Nomes de froitas"

Coa nosa axuda Ibi desprazarase polo mundo das árbores froiteiras. Alí descubrirá diferentes froitas. Nós teremos que ir rexistrando o nome das distintas froitas que Ibi coñece seguindo a orde na que este realiza o percorrido.




ACTIVIDADE 5: RECANTO DOS EXPERIMENTOS
"flotan as laranxas?"

Imos a realizar un experimento no que imos comprobar que diferencia existe entre a flotabilidade das laranxas con monda e sen monda. Que descubriremos?




SEMANA DO LUNS 19 AO VENRES 23 DE MARZO DO 2018

A METAMORFOSIS DAS BOLBORETAS


C.S.M elaborou xunto coa súa familia un novo mundo para Ibi. Trátase do ciclo vital das bolboretas. 






ASAMBLEA

#Comezamos a mañá regando as nosa prantación de fabas e lentellas, asi como tamén os nosos "macacos" feitos a semana pasada con serrín e alpiste.

1-Rexistro de nomes e apelidos de forma individual.

2-Nomeamento do "encargado" do día. O cal terá que empregar o noso rato robótico para designar a súa tarea. O rato deberá desprazarse polo camiño para chegar ata a foto do neno/a encargado.

3-Reconto dos nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa. Empregaremos o rato robótico para que este avance tantas casillas como nenos hai na aula cada día.

4-Facemos as nosas primeiras sumas: Xogamos a sumar as mans, os embigos, as narices, os pés, os ollos, as bocas... dos nenos e das nenas da nosa clase.

5- Ibi aprende a ler: silabeamos e lemos as nosas primeiras palabras de 1 e 2 sílabas coa axuda do noso rato.

6-Organización do panel do paso do tempo: dia (letra e número), mes, ano, estación e climatoloxía.

7-Escritura do día (letra e número), mes, ano e nome de encargado/a.

8-Tarea sobre calendario do mes de Marzo.

9-Ubicación de grupos nos diferentes recantos.

10-O encargado programará a Ibi para que este realice o camiño correcto para describir a secuencia que explica a metamorfosis dunha bolboreta.

11-Empregamos a pizarra máxica para ver un video no que podemos observar a metamorfosis da bolboreta.




ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS
"O ciclo vital da bolboreta"

Imos describir o ciclo vital da bolboreta facendo unha pequena recreación do mesmo utilizando pasta de diferentes formas.





ACTIVIDADE 2- RECANTO DOS NÚMEROS
"Ibi e o gusano"
Os nenos e nenas manexarán unha serie de tarxestas nas que se mostrarán diferentes números e operacións. A misión é desprazar a Ibi por enrriba da silueta dun gusano numerado. Para poder executar os movementos con Ibi, os nenos/as deberán realizar previamente sinxelas operacións.



ACTIVIDADE 3 - RECANTO DAS LETRAS
"O ciclo vital das bolboretas, secuenciamos e escribimos"

Recortamos, secuenciamos, pegamos e escribimos para poder comprender como se desenvolve o ciclo vital dunha bolboreta.




ACTIVIDADE 4 - RECANTO "FAINO TI SÓ"
"Ovo saltarín"

Levamos a cabo un experimento no que convertiremos ovos (presentes no ciclo vital dunha bolboreta) nunha pelota saltarina. Precisaremos ademáis de un ovo, vinagre e un vaso. Rexistraremos os recursos empregados escribindo e debuxando, para que quede constancia do noso experimento.