jueves, 10 de noviembre de 2022

PLAN PROXECTA+: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE


Nesta entrada iremos publicando todas aquelas actividades realizadas na nosa escola que teñan que ver cos valores desenvoltos dentro do Plan Proxecta+: Paisaxe e sustentabilidade.

Nas primeiras semanas do curso atopámonos desenvolvendo o proxecto OS NOSOS MONTES, onde entre outras cousas, poñemos en valor a nosa contorna e o medio natural próximo á nosa escola. 

Unha das actividades realizadas dentro deste proxecto foi unha saída ao monte para analizar e atopar as árbores máis características da nosa zona, a través do análise e estudo das súas follas e froitos.




Coñecemos de primeira man cal é a orixe dos lumes que cada verán queiman os nosos montes. Descubrimos cales son os principais medios cos que contamos para sofocar ditos incendios e cales son as ferramentas que se empregan e os procesos que se levan a cabo.





As saídas realizadas á contorna permítennos obter elementos naturais os cales son empregados posteriormente como recursos educativos. 

As saídas á contorna permítennos ademáis identificar diferentes elementos propios do noso patrimonio. 

Así como observar a paisaxe e analizar os elementos presentes na natureza. 

Dentro desta proxecto poñemos tamén en valor a labor desenvolta por diferentes profesionais que se encargan do coidado dos nosos montes. 

Viaxamos ata A Pobra do Caramiñal para coñecer de cerca o traballo dos gardabosques. Tivemos a oportunidade de ver por dentro un dos seus camións e un coche patrulla. 

Manexamos as mangueiras coas que se sofocan os incendios. 

Vimos como se manexa un dron e agasalláronnos cunha imaxe tan espectacular coma esta. 

Seguimos acumulando actividades e experiencias dentro deste proxecto.

Levamos a cabo a prantacion de diferentes especies de árbores, todas elas autóctonas.

Poñemos en marcha o noso horto coa prantación de patacas, chícharos, xirasois e prantas aromáticas. 

Creamos hoteis para insectos que espallamps polo noso patio. 

Desfrutamos da nosa contorma coa realización de actividades no exterior coas que aprendemos a valorar e a respectar a nosa paisaxe. Lemos un conto.

Continuará...

PLAN PROXECTA+: NÓS TAMÉN CREAMOS


 
Nesta entrada iremos incorporando información das nosas vivencias dentro do proxecto NÓS TAMEN CREAMOS. 

Comezamos facendo referencia ao primeiro día adicado a esta proposta na que o profesorado da escola recibiu a formación necesaria para dar comezo a esta iniciativa. 

No día de hoxe a organización achegounos os títulos de diferentes contos. Estes títulos pasarán a formar parte da nosa biblioteca. 


Entre todos eles debemos escoller un e reproducilo a través dunha curta empregando a técnica do StopMotion. 

Comezamos! 

O primeiro que fixemos foi organizar unha bolsa cos títulos destacados liñas arriba. Esta rotou polas casa co fin de escollera o título máis desexado polos nenos e nenas de Caamaño. O título elixido foi...

O CASCABEL DA GATA!

En primeiro lugar formamos un equipo de traballo integrado por Mestres e alumnos.

Creamos as persoaxes.

De seguido creamos o escenario onde se desenvolverán as tramas do conto.

Xa avisamos dende o comezo que o argumento do conto sufrirá "lixeiras" modificacións e non seremos polo tanto fieis a historia narrada na obra de OQO.

Facemos diferentes probas de iluminación coas que ambientar as distintas escenas.

Continuará.

lunes, 31 de octubre de 2022

SAMAIN 2022



SAMAÍN 2022




Como xa é tradición na nosa escola ao igual que en moitos outros centros de Galicia, durante os últimos días do mes de outubro levamos a cabo a celebración do SAMAÍN.

Pero expoñamos en primeiro lugar que é o SAMAÍN:

O Samaín deriva de la palabra gaélica samhain (literalmente: “fin del verano”) y designa la fiesta celta que conmemora el cambio de estación (del verano al invierno), celebrando con él tanto el final de la cosecha como el último día del año conforme al calendario celta, lo cual tenía lugar la noche del 31 de octubre o “a noite dos calacús” (la noche de las calabazas).

Durante la noche del 31 de octubre al 1 de noviembre se hacía una celebración muy especial que, de hecho, constituía la fiesta celta más importante, lo cual tuvo gran importancia en la Europa pagana anterior al cristianismo.

En el comienzo del Año Nuevo celta se conmemoraba el tránsito de la luz (verano) a la oscuridad (invierno): un momento mágico en el que, por una sola noche, quedaban abiertas las puertas del más allá, lo cual era aprovechado por las almas de los difuntos para visitar el mundo de los vivos. Es esa procesión de espíritus la que daría origen a leyendas típicamente gallegas como la de la Santa Compaña.


Un dos momentos máis esperados destes días foi a visita á escola realizada pola bruxa Catuxa e mailo esqueleto Anacleto. Durante esta visita levaron a cabo un conxuro coa axudas dos nenos e nenas da escola cun truco de maxia final do máis sorprendente.


Levamos a cabo diversos obradoiros, un deles como non podía ser doutra maneira foi adicado ás cabazas. Mans á obra para deixar ben limpo o interior das nosas cabazas para depositar posteriormente unha vela no seu interior e iluminar a entrada da escola.



Outro dos obradoiros realizados foi a composición duns monstruos do máis divertidos. Para a súa composición empregamos recursos tan cotiás na nosa aula como os folios de colores, o pegamento e as tesoiras. Non fixo falla nada máis para levar a cabo esta composición tan terrorífíca.


O traballo por recanto tamén estivo presente durante os días que o SAMAÍN foi o protagonista na nosa escola. No recanto adicado á lóxica-matemática desenvolvemos diferentes actividades relacionadas co reconto e numeración de cucarachas.

Sen dúbida un dos momentos máis disfrutados polos nenos e nenas foi a festa de SAMAÍN, onde puidemos degustar un terrorífico menú composto entre outras cousas por sangue de vampiro, gusanos, dedos de ogro, pantasmas, cabazas...


En dita festa deixamos espacio ademáis para un photocall onde as familias puideron fotografarse e levarse un terrorífico recordo para as súas casas.

Non están todas pero si algunhas das actividades realizadas durante a última semana na EEI Caamaño.

Por último dixamos a listaxe de contos traballados na nosa biblioteca co medo nexo de unión entre todos eles. Estes son:

A MEIGA CHUCHONA

A CASA DA MIÑA AVOA


CARABUÑAS

A BRUXA REGAÑADENTES



O PAPÓN