sábado, 4 de enero de 2020

SOMOS O QUE COMEMOS

SOMOS O QUE COMEMOS


A segunda parte do primeiro trimestre adicámola a coñecer os alimentos. Falamos de alimentación saudable, pero tamén nos permitimos algún que outro capricho.

O primeiro dentro do noso proxecto foi crear un espacio na aula para todos os contos relacionados cos alimentos que puidemos atopar na biblioteca.

Traballamos algúns dos títulos desta improvisada biblioteca. A MELLOR SOPA DO MUNDO foi un dos contos que empregamos. Escoitamos moi atentamente a lectura identificando e escribindo o nome dos alimentos que ían aparecendo.


Decidimos empregar como recursos de aprendizade diferentes alimentos, algúns exemplos deixámolos de seguido:


Abelás e noces entre outros foron parte dos recursos empregados para traballar entre outras cousas a lóxica-matemática.


Todos estes froitos e froitas servíronnos para identificar letras e palabras e asociar número con cantidade. Abelás, noces, castañas, laranxas, plátanos, uvas...




Descubrimos a pirámide dos alimentos e o seu significado. Elaboramos a nosa propia pirámide facendo un gran mural nunha das paredes da nosa aula.



Empregamos as galletas como recurso educativo. Con elas escribimos, contamos e construímos.


As visitas foron un punto clave do noso proxecto. Tres foron as que se levaron a cabo.


Nesta primeira visita recibimos a Rosa que veu para contarnos a súa experiencia como froiteira. Coñecemos e probamos froitas de todas as cores e sabores.




A segunda das visitas foi a de Carmen. Charcuteira de profesión. Carmen veu para contarnos moitas cousas do seu traballo, e a presentarnos moitos dos produtos que vende a diario, a súa orixe e o xeito en que se elaboran.


A última das visitas foi a de Nieves. Nieves é pescadeira e tróuxonos diferentes especies de peixe e marisco.



Non todo ían ser visitas, por ese motivo programamos unha saída. Previamente elaboramos a lista da compra para despois saír ao super de Caamaño a comprar todos os produtos que necesitabamos para elaborar unha rica ensalada.


E abofé que elaboramos cadansúa ensalada.





Achegábase o día da recepción ao Apalpador na nosa aldea. Por ese motivo decidimos investigar sobre a súa alimentación. Puidemos facernos co froiteiro da casa do Apalpador e rexistrar o nome e a cantidade de cada froita que había nel.


En breve comeza un terceiro trimestre no que o primeiro centro de interese que nos atoparemos será... o mundo dos Rallys, moito por aprender.