martes, 5 de junio de 2018

EXPLORAMOS CANTABRIA

Imos coñecer CANTABRIA!!!


No último dos taboleiros que as familias crearon para Cristi e para Ibi, os nosos robots tiveran a oportunidade de coñecer dous museos e as súas obras de arte. Estes museos eran moi diferentes, pero ambos igual de interesantes e extraordinarios, Altamira e O Prado.

A semana pasada, un dos nenos da aula, R.V.J, tróxonos un conto sobre o descubrimento de Altlamira, e por iso decidimos traballar toda semana contidos relacionados con esta cova e o seu achádego.

 

SEMANA DO LUNS 28 DE MAIO AO VENRES 1 DE XUÑO

 

O DESCUBRIMENTO DE ALTAMIRA!!! 


Actividada 1 - Recando dos artistas

"Bisontes"

Imos pintar bisontes como antaño fixeron os homes e mulleres de Altamira. No pasado, as persoas que pintaron Altamira, fixérono representando sobre as paredes e teitos da cova diferentes motivos, entre eles os animais. Os animais que máis adoitaban pintar, eran aqueles que cazaban, este era o caso dos bisontes.


Actividade 2 - Recanto dos números

"Cristi e os cervos"

Cristi buscará sobre o taboleiro diferentes cartulinas nas que se representan siluetas de cervo. Por turnos os nenos e nenas deben programar o robot e ir recollendo ditos cartóns, facendo o reconto de cervos que acada cada un ao final do xogo.

Actividade 3 - Recanto das letras

"Como se descubreu a cova de Altamira???"

O profe vainos contar o conto que trouxo á clase R.V.J e no que se narra a historia do descubrimento da cova de Altamira. Están implicados un tal Marcelino e a súa filla María, tamén Modesto e máis o seu can, e un coello que finalmente ten a culpa de todo...
Escoitamos o conto e representamos os diferentes persoaxes a través dun debuxo, identificando a cada un deles e escribindo o seu nome.



Actividade 4 - Recanto dos experimentos 

Mestura as cores

Imos facer un experimento coas cores. Mezclaremos témperas de distitans cores co fin de observar cal é o resultado, que cores se obteñen con cada mezcla?


__________________________________________________________________________________


... e non deixamos cantabria...


Na semana que nos ocupa, e no que queda de curso imos quedarnos nos arredores de Altamira, e imos coñecer diferentes lugares de Cantabria. Esta semana coñeceremos Cabárceno.

SEMANA DO LUNS 4 AO VENRES 8 DE XUÑO

COÑECEMOS CABÁRCENO!!!


#Plano de Cabárceno, aportación de B.S.F
#Guis: Aguia de Cabárceno, aportación de M.A.S.B

Antes de comezar... familias, deixámosvos un par de videos de Susa Herrera que adicou douS dos seus traballos musicais aos animais de Cabárceno.

 



(Plantexamos tan só dúas actividadeS pola falta de días e a realización doutras actividades paralelas)


ACTIVIDADE 1 - RECANTO "FAINO TI SÓ" / RECANTO DOS NÚMEROS.

Cabárceno no mapa

Situamos Cabárceno no mapa da Península Ibérica. En primeiro lugar sinalamos sobre o mapa cunha chincheta onde nos situamos nós, e posteriormente colocamos outra sobre Cantabria. Atamos un fío dunha chincheta a outra e medimos cunha regla o sua lonxitude, anotamos o resultado.
Recordando contidos anteriores situamos o Museo do Prado sobre o mapa, buscamos Madrid. Poñemos de novo outra chincheta e unimos cun fío. Medimos a lonxitude do fío e anotamos o resultado. Comparamos a lonxitude de ambos fíos e plantexámonos que lugar está máis preto e que lugar está máis lonxe.

#Finalmente e como podemos ver, non foi Madrid senón Andalucía o outro lugar que traballamos no mapa. O motivo é que espertou máis curiosidade coñecer o lugar de procedencia dunha das nenas da aula.

ACTIVIDADE 2 - RECANTO DAS LETRAS / RECANTO DOS ARTISTAS

Que animais viven en Cabárceno???

Utilizamos o ordenador e o rato para buscar información sobre Cabárceno. Descubrimos que animais podemos atopar dentro do parque, escollemos 4. Debuxámolos e escribimos o seu nome.

#Utilizamos "youtube" como recurso no que atopar un video breve sobre Cabárceno.


_________________________________________________________________________________


... e continuamos en  cantabria...

B.S.F tróuxonos unha postal de Santander (Cantabria), na que podemos ver a foto dun gran Palacio. Decidimos investigar sobre este misterioso palacio, o Palacio da Magdalena.


SEMANA DO LUNS 11 AO VENRES 15 DE XUÑO

O PALACIO DA MAGDALENA


ACTIVIDADE 1 - RECANTO DOS ARTISTAS / RECANTO DAS LETRAS

"Pintamos o Palacio da Magdalena"




Pintamos un cadro do Palacio da Magdalena e compoñemos o seu nome con pegatinas.




ACTIVIDADE 2 - RECANTO DOS NÚMEROS / RECANTO DOS EXPERIMENTOS

"Salvamos aos principes das garras do Troll e o susto da pantasma"




Cuns cantos cubos de madeira, un roliños de cartón de papel hixiénico, uns folios e moita imaxinación, creamos na aula un pequeno castelo para Cristi. No castelo viven uns príncipes aterrados por un Troll e unha pantasma. Cristi terá que recoller a chave e adentrarse no castelo para salvar aos príncipes. Todo elo coa nosa axuda, xa que teremos que ser nós os que programemos os movementos do robot.


No hay comentarios:

Publicar un comentario