CAAMAÑO XURÁXICO
Novo curso e primeiro proxecto, desta volta centrámonos no estudo dos dinosauros.
Coma noutras ocasións, organizamos a aula en diferentes recantos de traballo, cada un deles relacionado con distintos ámbitos do desenvolvemento ou capacidades/habilidades. Ao longo da semana todos os nenos pasan por todos o recantos, e levan a cabo as diferentes actividades propostas. As actividades desenvoltas foron as citadas a continuación:
"Dino-globo"
Cun pouco de cartulina e un globo compoñemos o noso propio dinosauro."A enciclopedia dos dinosauros"
Comezamos a compoñer a nosa propia enciclopedia sobre dinosauros. Imos coñecendo diferentes dinosauros e numerandoos segundo a orde nos que os descubrimos. Coñecemos os seus nomes, por que medio se desprazaban (terra, auga ou aire), cal era o seu alimento favorito, cal era o seu tamaño..."Puzzle do Estegosauro"
Un dos dinosauros que coñecemos é o Estegosaurio. Levamos a cabo un puzzle que nós mesmos recortamos, ordeamos e pegamos. É importante atender á secuencia numérica, pois as pezas están numeradas do 1 ao 10."Experimento con ovos"
Unha das cousas que acabamos de aprender é que os dinosauros nacían dos ovos. Por esta razón escollemos os ovos como recurso de aprendizaxe, con eles levamos a cabo un experimento onde estes se convertirán (se todo sae ben), en pelotas saltarinas. Facémolo sumerxindo os ovos en vinagre nun vaso. Rexistramos o nome de todos os elementos empregados para poder levar a cabo o experimento."Pisada de dinosauro"
Un gran dinosauro visitou a escola de Caamaño a pasada noite, ou polo menos iso sospeitamos, pois apareceu unha gran pisada... de dinosauro. Cun metro medímola e despois representamola sobre un papel, cuñantificando o seu tamaño de diferentes maneiras."Completa o Estegosauro"
Ao noso estegosauro caéronlle as súas púas. Añadimos o número de púas indicado no noso Estegosauro."Cancións de dinosauros"
A través das cancións coñecemos unha infinidade de cousas sobre a vida e morte dos dinosauros, asi como curiosidades das diferentes especies que iamos coñecendo. Aquí vos deixamos os hits que soaron nos meses de setembro e outubro na nosa escola."O Diplodocus"
Somo uns auténticos artistas. A nosa gran habilidade no terreo da expresión plástica permitiunos elaborar o noso propio Diplodocus a partir dun tubo de cartón de papel hixiénico.
"As partes do corpo dun dinosauro"
Coñecemos as diferentes partes do corpo dun dinosauro. Identificamos as letras que compón cada palabra e escribímolas.
"Formas xeométricas varias = Dinosauro"
O mestre deulle a cada neno/a unha serie de formas xeométricas de papel, coas que estes/as tiñan que tentar compoñer un Dinosauro. As propostas que saíron foron infinitas...
"Medimos un T-Rex"
Aprendemos para que serve unha regla ou unha cinta métrica. Descubrimos para que serve esa palabra tan rara... "centímetros". Empregamos a regla para medir as diferentes partes do corpo dun T-Rex de xoguete, rexistrando os datos obtidos.
" Dinopinza"
Papel e unha pinza son recursos máis que suficientes para crear un T-Rex do máis temible.
"Titorial para debuxar un dinosauro".
Descubrimos que é un "titorial" e como atopalo empregando un ordenador. Seguimos as consignas realizadas nun titorial de debuxo, e cada un de nós debuxa o seu propio dinosauro.
"Secuencia vital"
Ordeamos e secuenciamos os diferentes momentos da vida dun dinosauro, dende o seu nacemento a partir dun ovo, ata a súa morte e a súa transformación nun fósil.
Este proxexto descubriunos unha chea de dinosauros que non coñeciamos, coñecemos e comprendemos conceptos como, ovíparos, vivíparos, carnívoros...
Lemos, escribimos, investigamos, rexistramos... E sobre todo, divertímonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario