UN PINCEL CON CATRO PELOS
Durante a segunda parte do primeiro trimestre convertímonos por unhas semanas en auténticos artistas. Baixo o título, "Un pincel con catro pelos", levamos a cabo unha serie de actividades que tiveron como nexo común a expresión plástica.
Nas primeiras actividades puxemos o foco na correcta utilización do pincel e as pinturas. Deste xeito levamos a cabo diferentes obradoiros nos que nos familiarizamos co hábito de limpeza do pincel, utilización das témperas, elección e recollida do material empregado...
Experimentar coas cores resultou do máis divertido. Adicamos parte do noso tempo á realización dun obradoiro no que experimentamos coa mistura de diferentes cores. Fomos rexistrando todos os nosos achádegos.
As formas xeométricas tiveron un grande protagonismo dentro do noso proxecto. Desenvolvemos distintas actividades nas que xogamos a descubrir e coñecer as diferentes formas, o cadrado, o círculo, o triángulo e o rectángulo. Para traballar as formas aplicamos diversas técnicas e materiais, por ese motivo traballamos con acuarela, rotuladores, ceras brandas...
Parte fundamental do noso proxecto foi descubrir a figura de Joan Miró.
A través dunha biografía adaptada á nosa idade puidemos descubrir a grandes rasgos quen foi este emblemático artista.
Adentrámonos a coñecer a obra de Joan Miró a través da reproducción dalgunha das súas obras máis recoñecibles.
Da obra de Joan Miró chamounos a atención as súas chamativas cores e os debuxos sinxelos que nós mesmos podíamos chegar a trazar. Un dos cadros que representamos foi o de "O home correndo".
Na nosa biblioteca descubrimos un conto que levaba por título, "O cadro máis bonito do mundo", un conto do que Joan Miró e as súas cores eran protagonistas.
Experimentar coas cores, aplicar diferentes técnicas, empregar distintos materiais, descubrir a Joan Miró, recrear cadros... As semanas que adicamos a este proxecto foron do máis enriquecedoras.
Un gran trabajo de nuestros pequeños, enhorabuena campeones
ResponderEliminarUn gran trabajo de nuestros pequeños, enhorabuena campeones
ResponderEliminar